domingo, 1 de abril de 2012

O salario dun día pola dignidade dunha vida.

por: abc

Foi a folga un éxito ou un fracaso. Pode que ningunha das dúas cousas.

Frustración porque non vai conseguir có Goberno cambie nin unha coma na Reforma laboral, como xa dixera o SR. de Guindos. Unha coma pode que sexa unha parte pequenísima dun todo. Pero pode ser como un grao no cu na política de Rajoy.
Foi un éxito porque demostra que en tres meses (100 días) este Goberno desperdiciou a súa autoridade, derrotado polos dous fracasos electorais de Andalucía e Asturias e deixa aberta a expectativa de loita. A folga do xoves miraba de esguello o proxecto de presupostos có Goberno presentaba onte. A resposta evidenciou có Executivo sigue autista ante o crecente descontento social e demostra outra vez que está en contra dos traballadores e en complicidade cos poderosos, volvendo a chocar co discurso mantido polo PP ata seu desembarco na Moncloa.


Piquete informativo de El Corte Inglés

Quedou claro có terrorismo patronal e dos piquetes mediáticos (de afinidade conservadora e neoliberal) son moito menos civilizados cós piquetes tradicionais. De aí o éxito da folga da realidade muda fronte o despregue verbal e policial do Goberno.

Quedou claro que millóns de cidadáns consideran cós 113 € de media que perden coa folga, aínda feríndolles as economías, merecen máis a pena e son superiores á chulería política do SR. de Guindos e Cia.

Quedou claro que, aínda cá folga non fora un éxito aceptable, foi o momento idóneo, porque Cándo, senón, é o momento para unha folga, nunca?
Pero teñen a forza. A forza bruta, policial e xudicialmente exenta de responsabilidades, como demostra a experiencia pasada e recente.

Quedou claro que, pese o medo da represalia, a metade da poboación está en contra desta democracia abusiva que adopta o SR. Rajoy.

Quedou claro có primeiro e máis nocivo efecto da súa Reforma laboral é a capacidade de despido fulminante, comezando diste xeito a morte do dereito de folga…

E sobre todo quedou claro que, amén dos tempos de inquedanza que veñen por culpa deste Goberno insensible, ditatorial e arriscado, os débiles, abstencionistas incluídos, e as conciencias sacudidas de quen sentiu nostalxia evidente de folga, os que non puideron ou non se atreveron a facela, saben cá mecha está prendida, eles non se renderon, e calquera día…, así que pasen catro anos, os votos volvéranse pedras. Este é o grande éxito da folga, xuntar e ordenar politicamente.

A industria parou, o transporte e a construción pararon, os servizos non, o pequeno comercio, a medias, pero con folga de consumidores. As manifestacións foron mobilizacións multitudinarias atropeladoras, en Galiza as mais grandes dende o ‘Prestige’.

Éxito ou fracaso?
Nas folgas xerais parece esíxese o xuízo absoluto, nin os resultados electorais nin a perda de dereitos pasan exame revalida… esta sociedade mide todo en competicións, e anda empeñada en gañar folgas como si de finais de fútbol se tratase… 


Seguramente entraremos nunha espiral na que se tentara tapar o éxito cun debate sobre a violencia, facendo có enfoque sexa en torno ás políticas de interior, e non en torno ás políticas laborais, sociais e económicas, imposible a medición de éxito ou fracaso... 
Meditemos: 
1. Dos trinta e cinco millóns de electores, Cántos estarían de acordo con esta Reforma laboral? 
2. Do mesmo número de electores, Cántos estarían dispostos a apoiar a folga se non existira a posíbel coacción de despido?


Ningún comentario:

Publicar un comentario