martes, 24 de abril de 2012

Pagaremos se imos en ambulancia a quimio ou diálises


A reforma sanitaria que publica hoxe o Boletín Oficial del Estado (BOE) reflexa có copago comeza a implantarse a cousa vai en serio. Un dos cambios que máis chama a atención é cos pacientes que teñen que recibir sesións de quimioterapia ou diálise, se utilizan a ambulancia para desprazarse ós centros hospitalarios, terán que pagar parte dos gastos que se orixinen.

En realidade, pagará calquera paciente que necesite unha ambulancia e este considerado como un servizo non urxente.

O mesmo lles pasará ós que requiran dunha próteses tamén terán que costear unha parte do seu valor. E é que, segundo específica o novo Real Decreto, a partir de agora estes produtos ou actividades pasan a ser “servicios accesorios” suxeitos o copago.

Os recortes sanitarios cos que o Goberno de Mariano Rajoy pretende aforrar 7.000 millóns de euros deixan a porta aberta a cás medicinas máis baratas directamente queden fora da financiación pública e teñamos que pagalas integramente...

Tal e como publica o BOE, tamén a tarxeta sanitaria a inmigrantes caducará o próximo 30 de agosto. Amais, as comunidades autónomas deberán adaptarse o copago farmacéutico segundo a renda antes do 30 de xuño e tódolos cidadáns empezarán a pagar máis polos medicamentos a partir do próximo 1 de xullo.

A todo isto S.M. o rei tivo sorte a próteses de cadeira pagámoslla todos! E, o traslado desde Botswana a España! …algúns viven como Emperadores con tódolos gastos pagados de por vida dos nosos impostos, …ou paramos isto ou xa non vai a ter arranxo.

Recortar non é gobernar, iso faino calquera, gobernar é administrar... Son eu, ou escóitanse gargalladas de fondo?



Ningún comentario:

Publicar un comentario