sábado, 7 de abril de 2012

Fragas do Eume, SUMA e SIGUE

por: abc

Na chamémoslle carreira política de Alberto Núñez Feijoo hai unha focha pavorosa, unha foto... Aquela na que dotado dunha mangueiriña de xardín e 'zapatos castellanos' púxose a regar unha zona afectada por un incendio forestal en Armenteira, era no verán do 2006.

Aquel ano os incendios cebáronse con Galiza. Os galegos rexeitaron e suspenderon a labor dos políticos relacionados coa xestión da loita contra as lapas. Zapatero e o Conselleiro de Medio Rural Suárez Canal non se libraron. Núñez Feijoo, resultou peor valorado cós rivais, aínda que non tiña competencias. Marcouno unha foto, a foto que sintetiza a costume da política galega: para facer oposición e sacar rédito político, ben valen os incendios e os 'fillosdeputa' dos incendiarios.

Xa no 2009 instalado Feijoo en San Caetano, a tortilla mudou de cara. E as acusacións de falla de medios, de non facer prevención, de non responder ante a ameaza das lapas, de esixir a depuración de responsabilidades mudaron do emisor o destinatario. Pero ano tras ano, a calamidade dos incendios é unha constante. O lume ano tras ano arrasa os montes galegos, e un ano máis, acode a cita… Brigadas e dispositivos de extinción pelexan para reducir unha ameaza incansable, que na maioría das veces responde a accións voluntarias do home...

É tamén un feito cós executivos autonómicos de quenda agochen información a medios e cidadáns. Antes do 2005, baixo o ‘fraguismo’, o monte galego non ardía para os medios públicos de información. Na segunda metade do mandato do bipartito tampouco fluíu con naturalidade a información. Co Goberno de Feijoo non só non temos información senón que do erario publico pagamos para que fagan publicidade, do ben có facemos e os bos medios que temos, con menos cartos Ja,ja,ja…


En Galicia, os incendios sempre foron un arma da dialéctica entre grupos políticos. No hai mellor ocasión para poñer fin a este absurdo: as tres forzas parlamentarias PP, PSOE e BNG deben facer consenso independentemente de quen goberne, un pacto de loita contra o lume que faga da prevención e da extinción eficaz dos incendios unha política "de estado galego" por riba das diferenzas políticas. Este pacto debe incluír un mínimo de efectivos e os recursos necesarios para garantir unha auténtica prevención e rápida extinción dos incendios, así como políticas de recuperación do entorno queimado, protección, desenrolo e sostenibilidade do rural, salvagardando a natureza galega. Logo da traxedia, as Fragas do Eume (Parque Natural dende  30 de xullo de 1997), o bosque atlántico mellor conservado de Europa, que tardarán anos en recuperarse deste fatal impacto, se é que se pode recuperar un hábitat… e a Xunta xamais repoboou áreas significativas con especies autóctonas. Pouco máis pode queimarse que teña máis valor simbólico/ecolóxico/económico có último bosque atlántico.

Este pacto que se solicita pode que xa existira: Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia aprobada pola maioría do parlamento galego no seu momento, e outras asociadas a esta que expuñan, creo eu, as causas dos incendios forestais de Galiza, e lexislaban medidas correctoras e de carácter construtivo, para o desenvolvemento dunha política forestal galega sustentábel e protectora do medio ambiente.

Esta Lei foi derrogada parcialmente e as súas normas de boas prácticas e usos forestais rebaixadas polo goberno Feijoo…

Para o Ex-conselleiro Juárez, que diminuíu a franxa de protección de 100 a 50 m. das vivendas, e dixo "…que o rural galego non tiña futuro", aceptou o recorte en gastos en prevención de incendios e afirmou dando a entender, "…có propio persoal de extinción puña lume aos montes galegos..."nas información ós medios de comunicación, a Consellería de Medio Rural divide as catástrofes por municipios —repartindo as hectáreas abrasadas— se o lume afecta a menos de 20 ha non conta, silencio! se non dicimos nada non existe!. Pero concedeu 540.000 € a catro periódicos en plena campaña antiincendios 2011, ano no que en catro meses as lapas en Galiza arrasaron máis de 2.600 ha fronte as 700 da campaña 2010, case catro veces máis, sendo Ourense a máis afectada, cun 91% do arrasado... Este ano segundo a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta, da que é titular Rosa Quintana (a quen, nin se ve, nin se escoita, que asumiu Medio Rural a finais de decembro trala crises de Goberno), revelan que dende xaneiro ata medíaos  de marzo os fogos dispáranse: arderon 5.303 ha en 1.587 fogos, unha cifra que supera en máis de 200 a media dos que viñan rexistrándose na última década nesta época do ano. Destes, a Consellería considera intencionados 1.129 segundo consta en documentación interna. O análises parten da primeira estimación cós axentes forestais e as cuadrillas fan sobre o térreno cando acoden a sufocar os incendios.

Ata o de agora só temos falla de medios, de coordinación, de transparencia e propaganda… e van e din: "ningunha medida de prevención podía facer que se evitara este drama". A Consellería está a romper consensos sociais fraguados durante anos e enfrontarse coa práctica totalidade dos axentes que actúan, o cal está a producir unha crecente crispación, enfrontamento social e preocupación sobre formas, métodos e falla de transparencia na xestión dos fondos públicos, amen da información que debería chegar ós cidadáns.

Na Galiza do último século, o modelado do monte foi feito por grupos de interese, ante o beneplácito das administracións. O único que se ten limitado a Xunta nos derradeiros anos é a apagar o lume, sen atallar as causas. Non se pode facer peor: o aumento exponencial dos investimentos contra o lume crearon un verdadeiro negocio en torno ós incendios, un novo grupo de interese que vai ser difícil desactivar.

Temos que tomar en serio esta lacra que afecta regularmente e de forma implacable a unha comunidade que vive da imaxe e a promoción da súa terra. O mentir, ocultar, ou obviar a verdadeira situación facilita o camiño ós incendiarios e impide cá poboación tome conciencia do grave problema que, ano tras ano vive o monte galego, tratemos a ameaza como unha sociedade adulta e informada. Os incendios non se extinguen por falla de información. E si co tabaco, violencia de xénero, terrorismo e demais, a receita é información sobre o problema, publicidade sobre os pasos a dar, exhibición dos seus efectos… Argumentemos causas e efectos e deixémonos de pelexas partidistas absurdas aquí e agora? É un problema de vontade política.
A velas vir… Se cadra chove!!

Sobre os incendiarios o que debemos facer é cooperar coa investigación que aínda non está pechada nin se descarta ningunha hipótese.

Sí, pero os presupostos. No estado de mínimos que propoñen os mercados e o bloque Merkozy, dos que saen os nosos flamantes Presupuestos Generales del Estado, non dan lugar a dispositivos permanentes, ben preparados, capaces e coordinados, que poñan o acento na prevención. Agora todo se mide pola rendibilidade a corto prazo... Por certo: onde están os 100 millóns, procedentes do FEADER 2007-2013, para as zonas con protección ambiental e das que aínda non se gastou un só euro.

O paisaxe das fragas, ferido de morte, e ós cargos da Xunta, Goberno… todo se lle vai en sinalar a intencionalidade… E mentres toda Galiza mira cara o incendio do Eume, o desastre do Xurés pasa desapercibido...

Os altos cargos están satisfeitos porque o desastre é menor do previsto só arderon 370 ha (3700000 m²) nos que caben moitos trotes de cabalo, moitas pegadas de londras, xinetas, xabarís, corzos, raposos, coellos, lobos, esquíos, teixos… moitos voos de merlos, carrizos, mouchos, curuxas, picapeixes, paporrubios… moitos séculos de facerse unha árbore... (felgos, carballos, castiñeiros, pradairos, freixos, avelairas…) Os incendios forestais non se poden medir por hectáreas. Senón por vidas segadas en cada lapa, polos animais sen fogar, pola memoria de homes e mulleres que fixeron bosques, pobos e mosteiros, que se amaron neles ata que chegaron malos tempos e tiveron que deixalos…, …abandonaron, abandonámolos!

Pese a que aínda non se arrefriou o chan en algunhas zonas, no camiño que conduce o mosteiro de Caaveiro bulía cós visitantes; cinzas, helicópteros e turistas, os tres elementos máis destacados nas fragas do Eume que apenas acaban de espertar do incendio que levou por diante máis de 370 ha de "alto valor ecolóxico" …non quedan nin paxaros en vésperas de saír do niño, os que sobreviviron buscan desorientados as arbores onde agochaban fogar e familia, esta mañá todo sería un silencio de sepulcro de non ser polos berros dos nenos dos turistas avidos de morbo carrañoso, eu son pesimista, e ata o momento en que lle demos valor o noso monte, esta situación seguirá ano tras ano... agardo non sexa tarde para rectificar.

Máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario