por abc
Durante o Século XIV, Europa viuse asolada pola peste e a
fame. Estas calamidades non eran novas na Idade Media; para a poboación eran
signos de estancamento e rebelións populares, o cal traducíase en pesimismo e
desesperanza.
Os primeiros signos negativos apareceron arredor do ano
1315, co fracaso da produción agrícola, especialmente do trigo, debido os
longos invernos e os húmidos veraos.
Como consecuencia, a fame estendeuse por toda Europa
Occidental. Estes anos constituíron unha gran fenda na historia da civilización
europea, cuxo desenrolo foi atallado de golpe.
O temor ante a expansión
do virus do chorizeo,
melotrinco, traepacá, testaffo, que afecta a persoas
de todo tipo e condición, e cás autoridades sanitarias mundiais
rebautizaron baixo o complicado nome de ‘Hurtaraterin’,
esperta na poboación mecanismos recorrentes que teñen que ver co temor ante o
contaxio, e por tanto, ante a peste. A peste, de dedos negros pestilentes,
capaz de alcanzar a calquera. Peste borbónica (perdón bubónica) ou peste negra,
cólera morbus, a pandemia afecta a España, a influenza mesma que en outros
tempos afectou a outras monarquías e millóns de persoas, algunhas máis das que
morreron na Primeira Guerra Mundial.
"A
causa de una corrupción de su aliento, todos los que se hablaban mezclados unos
con otros se infectaban uno a otro. El cuerpo parecía entonces sacudido casi
entero y como dislocado por el dolor. De este dolor, de esta sacudida, de esta
corrupción del aliento nacía en la pierna o en el brazo una pústula de la forma
de una lenteja. Ésta impregnaba y penetraba tan completamente el cuerpo que se
veía acometido por violentos esputos de
sangre. Las expectoraciones duraban tres días continuos y se morían a pesar de
cualquier cuidado.”
O primeiro destes mecanismos de defensa é o rexeite visceral a os contaxiados, ou aos sospeitosos de contaxio, illamento preventivo de cidadáns, repatriados polos seus gobernos, coa suspensión dos voos dende algúns aeroportos. Medidas administrativas de prevención, trás das que se esconde o medo que unha vez activado, conduce a exaxeracións e atropelos.
En Europa, no seu propio territorio, os vehículos dos turistas nacionais chegados dende o Reino de España, onde se teñen localizado os brotes orixinais do virus, foron apedrados polos residentes locais, e repítense os casos nos que os empregados das gasolineiras néganse a encher os seus depósitos. Son os apestados, os que traen a morte consigo. Nada distinto á idade media.
Unha Realeza acurralada por culpa do xenro cobizoso. A piadosa Infanta Elena vai bicar os pes do Cristo de Medinaceli o primeiro venres de marzo. A outra, a princesiña Letizia, ultimamente a miúdo na tele, a derradeira unha cariñosa visita onde reprime bágoas ante un neno afectado dunha estraña enfermidade, nacer cos osos extremadamente brandiños. Detalles tan humanistas demostran só unha mazá podre en familia tan exemplar.
A Casa Real debería ir pensando en construír un "sanatorio" para tódolos apestados que foron e son... Recordemos os netos, que non son poucos, aínda teñen que medrar, aprender e aprender en escolas privadas relixiosas, universidades estadounidenses, ser nomeados conselleiros delegados ós 24, saír e coñecer xente en recepcións, festas, bailes e iates... O dito, Sanatorio Real xa!
Aínda que na coroa castelán non existen grandes crónicas acerca da peste,
como en Francia ou Inglaterra, si existen algunhas referencias acerca dela. Por
exemplo, na Crónica de Alfonso XI a Peste Negra é mencionada, porque dito rei
foi unha vítima da enfermidade:
Resulta interesante ver cómo, a pesar dos esforzos que fan por racionalizar
e establecer explicacións ante problemas desta envergadura, como a Peste Negra,
aínda se mantén o carácter supersticioso, onde o sobrenatural é xeralmente a
causa de todo aquilo que non é posible explicar por medio da razón.
“[Y] o
pasado mientes al estado de la tierra e veyendo como es pobre, e otrosi, la
mengua que oro en la mi tierra por la mortandad
que acaeció e ariendo piedad della, acordemos que se cogiese alcavala este
año para estos menesteres en todos mios regnos del pan e del vino e de la carne
tan solamente e non de otras cosas ningunas de las que cogian fusta aquí.”
Algúns, ante a desesperación, perderon a fe e caeron en prácticas
supersticiosas e heterodoxas, que raian no satanismo e a bruxería. Estas desviacións,
unidas o medo e o descontento entre a poboación, sementaron un tenso ambiente
de intolerancia e persecución.
Todo un esquema de histeria, individual e colectiva, aparecía xa no século
XIV en torno á maxia e á bruxería. Algúns pensadores crían có mellor modo de
librarse das asechanzas do diaño era poñerse da súa
parte e adoralo.
...o pobo, tentado polo mal exemplo de gobernantes e achegados, acaba participando dela, e converténdoa nunha cultura viva que se perpetúa.
Como na peste esta praga é propia dos roedores e pasa de rata en rata a través da rata infectada...
Así as cousas…
A desnutrición cebase en 500 millóns de nenos en todo o
mundo
O 80% dos nenos que non consumen alimentos básicos vive só en catro países, segundo o último estudio de Save the Children.
O 80% dos nenos que non consumen alimentos básicos vive só en catro países, segundo o último estudio de Save the Children.
Ningún comentario:
Publicar un comentario