domingo, 11 de marzo de 2012

El Pasatiempo. Un capricho de indianos

por: abc
Betanceiros, non sei que facedes que non coidades esa marabilla. Está que da pena velo.

Todos coñecemos xardíns públicos, é imposible atopar pobo, vila ou cidade que non dispoña dalgún. Todos coñecemos xardíns privados, de infinitos tamaños, formas e dimensións. Pero xardíns privados pensados para o uso e beneficio público son bastante mais raros, e os que serven para sufragar institucións de beneficencia, aínda menos.


Obra dos irmáns García Naveira, especialmente de Xoán M. García Naveira, (indianos ricos) o ‘Parque del Pasatiempo’ as aforas de Betanzos (A Coruña), é un curioso exemplo do intento de esconxurar con obras benéficas as dificultades no acceso aos servizos sanitarios, educativos e culturais na terra natal. Por separado estes emigrantes retornados da Arxentina sufragaron a creación das Escolas Municipais, un Sanatorio, a Casa do Pobo, un refuxio para nenos e entre os dous mantiveron o padroado Benéfico-Docente que constaba dun asilo e dunha escola. Pero o Pasatempo é a obra que colocou esteticamente a vila medieval no século XX aínda que caera na fachenda "kitsch" xa perdoada pola historia. A definición que mellor lle acae é a de parque enciclopédico con fins didácticos, achegada por outro fillo da emigración arxentina (Luís Seoane).

Situado ás aforas de Betanzos, dos 90.000 m² con que contaba orixinalmente o xardín e o Pasatempo propiamente dito, hoxe apenas se conserva unha décima parte, trala longa ruína da posguerra civil que propiciou o espolio e deterioro de moitas pezas. Comezou a execución no ano 1893 nun momento dominado pola estética modernista de fin de século pretende refinamento, exquisitez e reflexa dalgunha maneira as esencias que se atribuían á burguesía da época, un comportamento aristocrático e unha alta sensibilidade, todo nunha época de forte recesión económica que só abría as portas a máis emigración. O pago das entradas ía destinado ó asilo, e tiña especialmente abertas as portas ós escolares.

Estruturado en varios niveles, o museo o ar libre anticipouse por décadas a futura explosión de parques temáticos interactivos. É un parque moi especial, un parque diferente: conten grutas, pasadizos subterráneos, estanques, murais policromados que reproducen medios de transporte como un aeroplano, un dirixible ou un funicular, mapas, elementos da mitoloxía, animais exóticos, como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león e un xardín botánico. Era un museo lúdico, de coñecementos variados mediante a representación das novidades tecnolóxicas do momento e dun mundo que coas posibilidades das viaxes comezaba a facerse pequeno. Pero o parque non só era un lugar de espallamento, parte da zoa temática foi concibida como material didáctico que completaba as ensinanzas que se impartían nas veciñas Escolas García Naveira.

Mentres a I Guerra Mundial estouraba en Europa, mentres Galiza padecía unha fame atroz que empurraba máis e máis carne ós barcos da emigración, os irmáns Naveira mantiñan a 200 homes amasando sonos en cemento, librándoos da emigración e construíndo símbolos aparentemente didácticos do progreso. Impresionante. Destes anhelos nace a obra de arte decadente, en forma de xardín, pode que difícil de entender dende os gustos actuais. Xoán M. García Naveira, dotado dunha alta capacidade de emoción e un espírito receptivo e sensible, tentou transmitir e recrear as súas experiencias deseñando un xardín reflexo da alma.


A lista do que aínda podemos ver na sección coñecida popularmente como as covas fala por si mesma da súa miscelánea reprodución en cemento, un material absolutamente novo daquela. Comezamos polo que máis chama a atención que é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro. Seguimos polos murais policromados onde se reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da canle de Suéz, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops no testemuño dunha viaxe por Exipto, o mural España monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, homenaxe a Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león... E no nivel superior, cunhas espléndidas vistas, situábase o xardín botánico con especies dos cinco continentes.


Cando morreu Xoán M. García Naveira os herdeiros parcelaron a finca e vendérona, logo anos despois chegou a estrada... Xente que coñeceu o Xardín do Pasatempo, ou Parque Enciclopédico, ou Parque da Razón, ou a Horta de Don Xoán, o lecer e recreo de moitas xeracións de fillos/as de betanceiros, patio de presos de posguerra, escenario de amores furtivos, cada recuncho do Pasatempo garda seus segredos e cada persoa ten a súa historia no Pasatempo, cando a estrada de Betanzos a Mesón do Bento aínda non o cortara, eles sempre o recordan como un lugar precioso e integrado nos mellores recordos da infancia. Entonces1910-1914, máis que parque temático era un lugar, onde a xente en xeral podíase instruír "ver" o descoñecido (camelos, aeroplanos, pirámides, etc.) Non era un parque público, tíñase que pagar para entrar (aínda que os veciños de Betanzos era raro que pagasen) e alí pasábanse unha tarde entre xogos, entrando e saíndo das grutas, contemplando os nenúfares do estanque, os leóns de mármore que estaban na entrada e hoxe encóntranse no Santuario de Covadonga.

O novo Pasatempo, que ocupa o nivel inferior do cal apenas se puido recuperar nada, é un parque moderno que serve de espazo de lecer non exento totalmente de atractivos como o labirinto de tuias, o auditorio ao aire libre, e parque infantil... O proxecto de unilo mediante unha pasarela co centro da cidade quedou inconcluso e deberá ser abordado con novas fórmulas que escorrenten as silveiras do pasado.

En 1995 comezouse a restaurar o Parque do Pasatempo, abandonado dende 1933. Trala restauración do concello, aínda có esplendor de antano é imposible de igualar, volve a definirse como un espazo de ocio no que seus visitantes poden gozar da maxia e misterio que xa ofrecía aí cen anos. Coa restauración conseguiuse paliar xustamente o visible deterioro do que aínda se conservaba despois de anos de desidia, pero anulouse tamén parte do seu encanto, porque non hai nada máis crepuscular cá ruína e o abandono dun xardín decadente.
Os servizos que ofrece na actualidade son o Xardín enciclopédico (covas, estanque, murais, botánico, miradoiro), e Novo Pasatempo, auditorio o ar libre, estanque e paxareiras, reloxos de sol, bebedeiros, mesas, labirinto de tuias, pagode e zoa de Parque infantil.


Na década de 1920 ‘El Pasatiempo’ era citado en numerosas guías turísticas europeas como parada obrigada de viaxeiros e peregrinos do Camiño de Santiago, no tempo que foi feito, a maioría da xente non viaxaba, non lía, …nin tiña tele por suposto! era unha maneira de traer o mundo de fora ata alí. A partir de 1930 empeza seu deterioro que durará ata 1986 cando o Concello merca os térrenos.

Aínda que imposible igualar o que foi ai 100 años, queda o encanto dunha época, o esforzo dun home por axudar e ensinar todo o que aprendera nos seus múltiples viaxes.

Xa non hai indianos ou xente adiñeirada coa vocación social dos García Naveira, que volveron o seu Betanzos natal e frearon a emigración dando traballo para construír o Pasatempo, a casa que estaba na propia praza do Campo (e que o parecer a irmá quelles sobreviviu dispuxo no seu testamento que se demolese), o asilo, as escolas é o propio Pasatempo.

É unha magoa que non se teña coidado máis, estivo abandonado ata o ano 1988 no que a Escola Taller de Betanzos comezou a súa primeira etapa de restauración, seguido dunha segunda en 1995, moitas partes non puideron recuperarse, de feito unha estrada divídeo en dúas partes, comunícanse por unha ponte, fixo difícil respectar o deseño orixinal, polo que unicamente se recuperou a marxe ónde se atopaba: A Boca do Inferno, o Estanque do Retiro, o Xardín Enciclopédico e O Mirador Chinesco, reconstruíuse o León do carto nivel, e recuperáronse parcialmente os murais etc...

A parte das grutas é onde máis se nota o abandono, a estrutura que aguanta as mesmas esta quedando o descuberto, hai zoas onde non se pode pasar, outras están luxas... en fin... o que foi un invernadoiro de plantas doutros países agora ten a metade dos cristais rotos, esta abandonado, e as plantas que alí sobreviven tórcense por ter chegado o teito ou mesmamente rachan os cristais.


No último nivel encontrámonos o que no seu dia foi un pequeno centro de interpretación, conferencias e centro de exposicións para as excursións que ían o parque, colexios, etc, hoxe esta totalmente desfeito, cristais rotos etc.
O outro lado é totalmente de novo deseño, antes tamén había pechados outros animais mais grandes, como avestruces ou ñandús, mil especies de patos, bonitas fontes, estanques, pavos reais de varios cores, tartarugas nos canais que comunicaban os estanques, peixes de cores... era un sitio moi agradable onde pasalo día. Apenas se recuperou nada, hoxe é un parque novo que conta nas súas instalacións cun auditorio, o labirinto de tullas, xardín lúdico, parque infantil e parque botánico, destaca o "Tren do Pasatempo". Deberá ser abordado con novas fórmulas.

Como un parque desta magnitude pode atoparse actualmente neste estado de abandono e perdéndose... (?)  De que sirve o restaurar se logo non se mantén...(?)

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC), Xardín Histórico no 1981.

ARTÍGOS RELACIONADOS:
O Pasatempo de Betanzos: de Xardín da Razón a Xardín da Superstición 
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2719
(1) CABANO VÁZQUEZ I, PATO IGLESIAS ML, SOUSA JIMÉNEZ X: "El Pasatiempo. O capricho dun indiano". Sada, Edicións do Castro, 3ª ed. 1998, pag. 113.
(2) CRESPí RODRíGUEZ J, "Restauración del Pasatiempo", Anuario Brigantino 19, 1996, pg. 385-7.
(3) La ejecución, junto con la sentencia y la condena, el atroz sometimiento del pueblo, en GUTIÉRREZ ESCUDERO A, Túpac Amaru II, sol vencido: ¿El primer precursor de la emancipación?
(4) Según fotografía publicada en el artículo de SANDOVAL R, "El Pasatiempo. Bomarzo en Galicia",  El País Semanal, 20 de decembro 1987, p. 82- 90.
FOTOS:

Ningún comentario:

Publicar un comentario