mércores, 28 de marzo de 2012

De folgas e esquiroles...



Etimoloxía

O alcume L'Esquirol ('esquío’ en catalán) adxudicáselle o pobo catalán de Santa María de Corcó pola pousada homónima que tiña este animal engaiolado como mascota no vestíbulo cara o século XIX.
Algúns naturais deste pobo, rodeado de fábricas téxtiles dos pobos veciños, ofrecéronse a traballar en lugar dos folguistas en 1902, 1908 e 1917, dando orixe a este alcume despectivo para os rachafolgas.


Servizos mínimos

Considerase tamén esquirol quen traballa para poñer en funcionamento os servizos mínimos prescritos pola lei. Esta persoa actúa de acordo co acordado pola autoridade laboral e os patróns, xa que case nunca patróns e sindicatos convócantes das folgas acordan servizos mínimos cos que estean de acordo as dúas partes.



O que vai a traballar un día de folga pensando que exerce a liberdade e seu dereito o traballo ERROR!: Traballar un día de folga supón, consciente ou inconscientemente, neutralizar a arma máis poderosa que temos os traballadores/ras para facernos oír: A FOLGA.

Un esquirol non é desprezable por ser "libre", é desprezable e será desprezado por ser un traidor ós seus propios intereses e ós dos seus compañeiros. Un esquirol non está facendo gran cousa por sí mesmo, pero sí está facendo moito contra os demais traballadores apoiando a quen nos rouba nosos dereitos máis elementais. Quen se empeña en facer ver ós esquiroles como persoas que exercen a liberdade e o dereito o traballo é un cínico que non quere ver a presión económica ou as ameazas, directas ou veladas coas que os empresarios nos coaccionan para que renunciemos ó noso dereito constitucional -duramente conquistado-  A FOLGA. É paradoxal que quen utiliza de forma interesada o "dereito o traballo" para xustificar ós esquiroles, soe esquecerse facilmente de aqueles a quen ese dereito se lles nega permanentemente, os parados, ou os que o seremos como consecuencia dunha REFORMA LABORAL que facilita o despido.

Argumento esquirol 1: "No hago huelga porque no me lo puedo permitir". A reforma laboral suporá con toda seguridade unha rebaixa xeneralizada dos salarios. Non podes permitirte deixar de ganar o soldo dun día e sí que che baixen o soldo permanentemente ou que te despidan gratis. Curioso…

Argumento esquirol 2: "La huelga no servirá para nada". Todas as melloras dos traballadores conquistáronse historicamente a través da loita. Ninguén nos regalou nada. O que está demostrado que non sirve de nada é non facer nada. A preguntas de si unha folga dun día será suficiente, a resposta é non. É só o principio, pero é un paso moi importante. Se nos impoñen a reforma laboral más dura desta "democracia" e non respondemos as sucesivas serán aínda máis demoledoras. Pódese e debese tombar esta reforma laboral.

Argumento esquirol 3: "La huelga no soluciona nada". A folga non é unha solución, é o instrumento de presión máis poderoso que hoxe por hoxe os traballadores temos o noso alcance. Por iso quen non se adhire a unha folga prexudica gravemente o conxunto dos traballadores.


Argumento esquirol 4: "No estoy de acuerdo con los sindicatos mayoritarios, por eso no hago huelga". A convocatoria de folga téñense sumado decenas de sindicatos minoritarios de diversos sectores e de distintas ideoloxías, partidos políticos tan dispares como IU, Esquerra, Compromis, Amaiur, PSOE, BNG… etc e organizacións sociais de todo tipo como 15M, Democracia Real Ya, Juventud Sin Futuro... etc que non comparten a verticalidade dos sindicatos maioritarios e son críticos coa súa labor dos últimos anos. Sen embargo o apoio á folga é xeneralizado. A folga é de toda a sociedade, do 99%, non dos sindicatos.

Argumento esquirol 5: "Hay libertad, cada uno puede hacer lo que quiera. Además si hago huelga me descuentan xx euros, y no me lo puedo permitir". Non hai liberdade porque te están coaccionando con unha penalización económica. A liberdade é outra cousa, non verte obrigado a ceder a os chantaxes do goberno e empresarios a cambio do soldo dun día.


Argumento esquirol 6: "Hay libertad, cada uno puede hacer lo que quiera. En mi empresa si haces huelga te miran mal y si luego hay que despedir a alguien seguro me despedirán a mí en vez de a otro". Non hai liberdade porque estante coaccionando co despido. A liberdade é outra cousa, non verte obrigado a ceder ós chantaxes de goberno e empresarios renunciando o teu dereito constitucional á folga.

Argumento esquirol 7: "La huelga tiene que ser indefinida, si no yo no la hago". Supoñemos que estas persoas cando os seus fillos deron o primeiro paso en vez de alegrase, animalos e poñerlles calzado adecuado recrimináronlles non ser capaces de correr os cen metros lisos nas olimpíadas e berráronlles que para dar tres pasos pola habitación e logo caerse mellor que nin o intentaran.

Argumento esquirol 8: "Los piquetes presionan a la gente, obligándola a que haga huelga. Los trabajadores son libres a ir a trabajar un día de huelga." Si a liberdade realmente tivera tantos defensores iríanos bastante mellor do que nos vai. Na maioría dos casos quen mantén esa postura oculta ou defende a coacción de moitas empresas sobre os traballadores que queren exercer seu dereito constitucional á folga e aceptan que estes se vexan obrigados a someterse a ela acudindo os seus postos de traballo por medo a perder os seus empregos ou o salario dun día. Os piquetes historicamente impedían cós empresarios contrataran persoal para cubrir los postos dos folguistas e na actualidade tratan de garantir o dereito a folga de aqueles que por presións das empresas non poden exercelo. Os piquetes informativos apelan á responsabilidade dos traballadores, informan dos motivos da folga e das consecuencias negativas que ten acudir ese día os seus postos de traballo. Os piquetes informativos están recoñecidos legalmente: teñen e poden exercer seu dereito a informar os días de folga.

Argumento esquirol 9: "Con las huelgas no se consigue nada. Pero en caso de que se consiga algo, no renunciaré a ello." As xornadas de 8 horas diarias ou 48 semanais, a prestación por desemprego, as horas extraordinarias, o salario mínimo, o convenio colectivo, as vacacións pagadas, a indemnización por despido ou calquera doutros moitos dereitos cós traballadores non coñecían fai só 150 anos non se conseguiron a base de exercer a "libertad para ir a trabajar" un día de folga. Pese a elo non se ten noticia de que ningún esquirol renunciase a eles. Si se consigue facer co goberno rectifique e non aplicar esta reforma laboral que a todos nos afecta e prexudica os esquiroles non terán feito nada por conseguilo pero beneficiaranse do esforzo colectivo. Para eles isto debe de ter moita lóxica, para tódolos demais carece dela e non lles fai parecer persoas dignas nin coherentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario