por: abc
Aínda que as
veces podamos Satánizar unha sustancia, a realidade é que somos nós (e nosa
rede de relacións) os que xeralmente as programamos para que sexan de tal ou
certa forma. As drogas, como a tecnoloxía, son ferramentas que poden o mesmo
ser usadas para ver a deus ou ver o diaño (ambos son trazos mentais no
espello). Coas drogas ou sen drogas, non o dubides, de todas maneiras estás nun
viaxe. […] Un mal viaxe?
Todo este país, todo este mundo está nun mal viaxe, amigo. Pero arrestaríante
por meterte unha pastilla... Charles Bukowski
O cannabis é a droga ilegal máis
consumida no mundo. A qué criterios atende a súa ilegalización? Quén prohibiu
esta droga a nivel mundial?
Tal vez empeces a entender porqué a marihuana é ilegal, cáles
son intereses detrás desta medida, e porqué intentan persuadir (sen éxito) a
idea de que consumir cannabis é malo. Probablemente sexas un dos milleiros de
persoas que seguimos preguntándonos o porqué da prohibición da marihuana. Máis
aló do ridículo que resulta, obxectivamente falando, cós gobernos auto-acorden
o poder de prohibir a nosa interacción cunha planta, o certo é se nos remitimos
ós efectos da planta na saúde física e social, a interrogante volvese aínda
máis notable.
Por qué é ilegal consumir marihuana si estudos confirman
cos efectos son menos nocivos para o organismo cós do consumo de tabaco, e as
consecuencias sociais son notablemente menos negativas cás do consumo de
alcohol? Por qué se prohibe o cultivo desta planta si esta comprobado que
aporta múltiples beneficios dende
medicinal, ata a elaboración de produtos imprescindibles como papel,
roupa, ou incluso elementos necesarios para a construción e a gastronomía?
Repasemos algúns datos históricos que poñen en
evidencia o valor que conferían as sociedades a esta planta denantes da súa
prohibición. A maioría destes datos, corresponden a EE. UU. xa que foi o
principal promotor da prohibición a nivel mundial, pódense comprobar en fontes
tan lexitimas como a Enciclopedia Británica, a cal foi impresa en papel de
cáñamo durante 150 anos.
A marihuana a principios do século XX era consumida en EE.
UU. maioritariamente por minorías étnicas. Existían dúas rutas de entrada:
unha, a través do embate de mexicanos que chegou o suroeste do país en busca de
traballo e fumaban marihuana para relaxarse tras dunha dura xornada de traballo
no campo; a outra polo porto de Nova Orleans, traída desde os países caribeños
e consumida principalmente por músicos negros de jazz.
Conspiración da elite
Á elite branca estadounidense no lle gustaba este tipo de
xente. Un exemplo foi William Randolph Hearst (que coñeceredes pola película Ciudadano
Kane), propietario de emisoras de radio, a maior cadea de periódicos de EE. UU.
e axencia propia de noticias. A súa prensa estaba dedicada o sensacionalismo, amais
da, ideoloxía de corte da ultradereita deu cobertura á propaganda nazi mediante
os seus medios de comunicación foi recibido por Hitler no 1934. Tamén era
propietario da principal empresa madereira do país e latifundista en
Chihuahua (México).
Dende os medios de comunicación de Hearst e os de El Paso
(Texas) empezáronse a difundir unha serie de mentiras como que fumar marihuana
convertía ós mexicanos en asasinos. A presión nos medios de comunicación levou
a que se aprobara a Ordenanza de El Paso
en 1914 prohibindo a venda e posesión de marihuana. Lei chea de tinturas
racistas o ser utilizada para controlar ós mexicanos. Cinco anos despois
prohibiuse o cannabis en todo o estado. En 1915 fixéronse as primeiras leis
estatais que prohibían tamén o cannabis en California e Utah.
Na outra beira, a poderosa familia DuPont,
propietaria da máis importante industria petroquímica de EE UU, tiña as
patentes dos tecidos sintéticos como o nylon 6.6 ou o rayón e estaban a piques de
comercializalos nos anos ‘30. Amais, a empresa dos DuPont encargábase de converter
a madeira da compañía de Hearst en pasta de celulosa para papel. Pierre S. DuPont
tamén se fixo cargo da compañía General Motors, competidora de Ford, que
estaban investigando a creación de combustibles e aceites derivados da biomasa
do cáñamo, o que suporía un gran competidor do petróleo e a ruína para as
empresas petroleiras como a Gulf Oil, cuxo propietario fundador era William L.
Mellon, sobriño neto de Andrew W. Mellon, Secretario do Tesouro dos EE UU
(1921-1932) o banqueiro (Mellon National Bank), un dos principais clientes era a
familia DuPont.
Andrew W. Mellon, aproveitando seu cargo e influencias
políticas creou en 1930 o cargo de Comisario da Oficina Federal de Narcóticos,
dependente do Departamento do Tesouro; en el colocou o marido da súa sobriña,
Harry J. Anslinger. A misión era conseguir có cannabis se ilegalizase e se
considerase o mesmo nivel cá cocaína ou a heroína e así quitalo do mercado. Os
tecidos, combustibles, plásticos e o papel feitos a partir do cáñamo serían unha
competencia importante para os intereses empresariais de Hearst, a familia
DuPont, e a familia Mellon (entre outros). Así, Anslinger comezou unha campaña
gobernamental de desprestixio da marihuana por medio de mentiras difundidas pola
televisión e os xornais de Hearst.
A prohibición
A presión da elite e dos grupos de ultradereita que eles
financiaban conduzo a có 12 de agosto do 1937, sen debate público nin
investigacións científicas previas e cun discurso de Anslinger cargado de
prexuízos clasistas, de elite e racistas, o congreso norteamericano aprobara a Marihuana Tax Act, prohibindo o consumo, posesión e
comercio de cannabis a nivel federal. Aínda cá American Medical Association, que asistiu á aprobación desta lei,
mostrara escepticismo sobre as informacións e opúxose á ilegalización dunha
sustancia usada en terapia naquel entonces.
Por outra banda, Fiorello LaGuardia, alcalde de Nova York
(1934- 1945), rexeitou á prohibición e
dubidou ante as afirmacións do Goberno, encargando un estudio a 31 científicos
imparciais. En 1944, tras seis anos de investigación médica, sociolóxica,
psicolóxica e farmacolóxica, concluíron que fumar marihuana non conducía a un
comportamento violento ou antisocial, nin causaba desexos sexuais
incontrolados, nin alteraba a estrutura básica da personalidade... Anslinger usou
a súa influencia coa prensa (Hearst) para desacreditar e ocultar este estudio, Facer
publicidade das actuacións policiais contra a droga e continuar a campaña de
desinformación. Amais impedir outras investigacións restrinxindo o subministro
de marihuana.
As autoridades consideraban ós consumidores de drogas
como una ameaza que debía estar tralas rexas. Amais, aproveitando a Guerra Fría
o Goberno inventou unha conspiración: os países comunistas trataban de drogar
ós estadounidenses. Desta forma, a presión de Anslinger conduzo a que se
aprobara en 1951 a Ley Boggs que
endurecía gravemente as penas por posesión de cannabis. Pouco despois, a
influenza de Anslinger levou á aprobación da Lei de Control de Narcóticos de 1956. Era a lei federal de EE UU máis
dura de tódalas promulgadas nesta materia, poñendo o cannabis na mesma
categoría cá heroína.
En 1958 faise público un estudio que realizaron a American Medical Association e a American Bar Association. Nel considerábase
contraproducente a política de drogas levada a cabo polo Goberno e facíase
fincapé en investigar curas para a adicción en vez de castigar como medio de
prevención e cura. A resposta de Anslinger foi acusar ós investigadores de complicidade
cos traficantes, irresponsabilidade e antipatriotismo. EE UU continuou
censurando estudos contrarios ós seus criterios.
O derradeiro paso que lle faltaba dar a EE UU para
controlar as drogas era convencer á ONU de que patrocinase uns acordos internacionais
en referencia ós estupefacientes, para que cada país os perseguira como facían
eles. Desta forma, Anslinger foi en 1961 ás Nacións Unidas e valeuse da
influencia de EE UU para que os países unificaran os seus diferentes acordos
sobre drogas nun tratado único e inflexible ilegalizando o cannabis en todo o
mundo. O resultado foi a Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes.
Qué intereses seguen existindo para evitar que se
legalice o cannabis? Teríamos que virar a mirada os EE UU, as súas empresas téxtiles,
madereiras e de hidrocarburos, cunha especial atención ás empresas multinacionais
farmacéuticas que posúen as patentes dos derivados do cannabis e relación cos
membros dos gobernos do país.
- Tódolos libros de texto, en USA, estaban impresos en
papel de cáñamo ata 1830.
- Os primeiros mapas, biblias, e incluso a constitución
estadounidense foron impresos en papel de cáñamo.
- Nalgúns estados era obrigatorio o cultivo de cannabis
nos séculos XVI e XVII debido ós enormes beneficios da planta como materia
prima.
- O cáñamo foi fundamental para a navegación durante séculos
xa có 90% das cordas que se utilizaban eran elaboradas con este material.
- Previo á introdución do algodón no 1820, o 80% da roupa
e telas en xeral eran elaboradas a partir da planta.
- Os primeiros rexistros de cultivo de cáñamo datan fai 5000
anos na antiga China.
- A maioría das obras de Rembrandt, Van Gogh, Monet, e
moios outros, pintáronse sobre lenzos feitos de cáñamo.
Se tódolos libros fosen impresos en cáñamo implicaría non
ter que talar máis árbores. Esta confirmado unha hectárea cultivada con cáñamo
produce catro veces máis papel cá mesma plantada con árbores, o proceso de
extracción require de entre 4 e 7 veces menor esforzo en maquinaria o cal
tradúcese en menor contaminación.
- Algunhas das pinturas e vernices de boa calidade eran
elaborados a partir da semente do cannabis ata 1930.
Henry Ford, fundador da armadora de coches do mesmo nome,
construíu seu primeiro modelo utilizando cáñamo como principal materia prima e
estaba deseñado para usar combustible xerado a partir desta planta.
Criminalización
O analizar a historia pódese percibir como un xesto
bastante raro, incluso esquizofrénico, o cambio de posición estadounidense fronte
á marihuana. Subitamente EE. UU. pasou de vivir un romance idílico co cannabis,
a promover enerxicamente a súa prohibición, castigo, e Satánización. Sen dubida
existe un eslavón perdido que non aparece na historia oficial e ten que ver coa
presión das corporacións (esas abstractas e todopoderosas entidades que aínda
hoxe controlan boa parte do planeta e que a principios do século XX comezaban a
consolidarse como unha forza máis influinte có propio goberno).
Corporacións fronte a Cannabis
Como podemos ver o cannabis é una planta flexible, polivalente,
e con diversas calidades. A partir dela pódense facer dende combustibles e
aceites comestibles, ata roupa e todo tipo de telas, pasando por cordas e, por suposto,
papel. Sen embargo, precisamente estas bondades da planta eran as que máis
incomodaban ás Corporacións que estaban arrebatando furiosamente mercados como o
do abastecemento de papel industrial, o algodón, e os hidrocarburos. O parecer,
nun principio foron principalmente as Corporacións as que se afanaron por
completo para promover a prohibición: DuPont e a Hearst Company (propiedade de
William Randolph Hearst, lembras, o da película Citizen Kane).
O banqueiro Andrew Mellon, o tesoureiro do goberno do
presidente Hoover, un dos principais investidor de DuPont, actualmente unha das
maiores corporacións do mundo e que en en 1920 a 1940 estaba consolidándose no
negocio dos petroquímicos e ós polímeros. Para ambas ramas do mercado o
cannabis resultaba unha seria ameaza xa que desta planta podían derivarse tanto
fibras naturais que reducirían o consumo do nylon, produto clave de DuPont nestes
anos, como do combustible vexetal que ameazaba a aposta polos hidrocarburos. DuPont
tíñao claro anular a presenza do cáñamo. Sendo Secretario do Tesouro Mellon influíu
para có seu sobriño Harry J. Anslinger fose nomeado o primeiro comisionado do Federal Bureau of Narcotics. E a pesares
de có consello en contra do cannabis xa levaba dúas décadas o certo é que non
foi ata que chegou Anslinger cando o FBN emprendeu a verdadeira guerra.
Outra industria gravemente ameazada pola presenza do
cáñamo era a papeleira. A Hearst Company controlaba boa parte da produción de
papel e incluso principal provedor de papel da hoxe multinacional Kimberly
Clark. Hearst, desapiadado home de negocios non tardou en darse conta, como
DuPont, da necesidade de eliminar o cáñamo do mercado e xunto outros empresarios
coaccionaron, a través do FBN para que se criminalizara por completo o cultivo.
Incluso Hearst, o lendario magnate dos medios impresos, puxo a disposición o exército
de xornais para promover unha campaña cultural en contra do cannabis e como
parte desta iniciativa adoptouse por primeira vez o nome de marihuana, unha palabra con fonética
recordable, breve, e precisa para designar a esta agora diabólica planta (por certo
un termo que ata entonces era soamente usado no argot popular de México).
Outro actor que desempeñou un papel fundamental neste
proceso foi a xa por aquel entonces consolidada industria do tabaco. Nesa época
a cultura americana xa adoptara integralmente o consumo de cotío de cigarros.
Sen embargo, as grandes tabaqueiras comprobaron có consumo de tabaco entre a
poboación que fumaba cannabis era menor que aqueles que só fumaban tabaco. Por
outro lado os fumadores desta planta xamais se someterían a un mercado industrial
xa que era relativamente fácil cultivala na casa e autoabastecer o consumo
persoal sen recorrer a unha marca industrial. Da mesma maneira, a sementeira do
tabaco era moito máis complexa e requiría dunha extensión de terra suficiente
para cultivarse e non só un par de macetas. Tomando en conta isto, e ante o pouco
futuro comercial que se percibía no sector do cannabis, as grandes tabaqueiras
non dubidaron en apoiar a cruzada en contra da marihuana.
Como remate non podemos deixar de mencionar á sempre escura
industria farmacéutica, coñecida como o Big Pharma, consciente das propiedades medicinais
cá marihuana ofrecía á poboación tamén a percibiu como ameaza na contra dos seus
intereses comerciais. Teñense confirmado múltiples beneficios médicos no
cannabis, entre eles o combate do glaucoma, axuda na prevención
do Alzheimer, redución na dor do síndrome pre menstrual nas mulleres, por
mencionar só algúns. Contra destes males o Big Pharma ten desenrolado
medicamentos sintéticos que en moitos casos teñen probado ser menos efectivos, ou
aló menos moito máis custosos que tratar con marihuana. De feito esta mesma
postura das farmacéuticas insinúa a un fenómeno actual coa campaña que busca
volver ilegal o uso de plantas medicinais en Europa como substitutivo dos
medicamentos.
Aínda que no foi comprobado, dise que Anslinger reuniuse
con algúns dos máis poderosos empresarios do momento, entre eles obviamente
representantes das tabaqueiras, DuPont o propio W.R. Hearst, para pactar unha
guerra frontal contra da marihuana e deseñar unha campaña mediática e imprimira
no imaxinario colectivo unha nova idea: a marihuana é unha planta nociva para a
saúde e a sociedade, o seu consumo, cultivo e distribución debe ser firmemente
descualificado, denunciado, e perseguido.
Logo instaurase unha das maiores cruzadas de manipulación
mediática na historia. Decenas de xornais empeñáronse en desatacar os
“horrores” da marihuana e a poboación asimilou que esta planta era responsable
directo de todo tipo de sucesos negativos, dende asasinatos e accidentes
automobilísticos, ata a perda de moral. O cine mainstream*
tamén se xuntou á campaña con Films como ‘Reefer
Madness’ (1936), ‘Marihuana: Assassin
of Youth’ (1935) and ‘Marihuana: The
Devil’s Weed’ (1936), todas elas promovendo a satánización da marihuana e,
aínda có facían dunha maneira que hoxe parécenos cómica ou caricaturesca, o certo
é que foi unha movida bastante eficiente para xerar unha percepción
profundamente negativa entre a poboación. Basicamente o discurso xiraba o redor
de conceptos bastante rudimentarios pero para a sociedade dese momento foron máis
que suficientes: “un narcótico violento”,
“efectos multi-destructivos”, “un enemigo público”, etc…
(*) 'mainstream' utilizase para describir os gustos que
son aceptados (maioritariamente) pola sociedade
Os nosos días
En pouco tempo a mobilización mediática en contra do
cannabis comeza a espallarse na poboación de otros países. E isto, sumado á
dominante influenza política de USA no escenario internacional, resultou que
eventualmente a gran maioría dos países foran adoptando medidas e discursos
similares. Co tempo a lexislación anti-marihuana foi sofisticándose e endurecéndose,
ata hoxe. Actualmente, si ben é xa practicamente imposible convencer a unha
persoa cos primitivos argumentos sobre os que orixinalmente se baseou a campaña
de desprestixio, o certo é có marco legal foi depurado para obstaculizar a
posibilidade de legalizala e tamén a propaganda foi “refinada” pero en ningún
momento cesou (basta recordar as pasadas votacións en California (Novembro 2010) onde contra todo prognóstico
non se chegou a legalizar).
Co tempo sumouse un novo personaxe ás sombrías axendas
detrás da criminalización: a enorme cantidade de diñeiro xerada a través do
narcotráfico. Sen ir tan lonxe como considerar teorías que afirman que detrás
deste mercado encontrase unha monumental rede de lavado de diñeiro orquestrada
a partires de institucións como a CIA o Vaticano, o certo é que nun sistema
completamente virado no mercado, e onde a conveniente ou nociva natureza dun
fenómeno social ou medioambiental mídese exclusivamente a partires de criterios
financeiros, resulta indiscutible có gran mercado de drogas arredor do mundo a
fin de contas non debe molestar ós principais promotores deste sistema:
gobernos, corporacións, e institucións relixiosas.
As radiografías históricas en torno á criminalización da
marihuana, como esta, pode non contribuían significativamente a redeseñar a posición legal
fronte a planta, pero aló menos si favorecen o equilibrio na percepción
cultural que fomos forxado a través do que nos ensinan na escola, nas cínicas e
hipócritas campañas anti-drogas. E en todo caso, cuestionarémonos cómo é
posible cá marihuana sexa ilegal, a pregunta xa non quedará sen resposta.
Xa somos maiores para ir pola rúa
comprando ‘maría’ ós camelos
Fai uns días, apareceu a noticia: Rasquera aposta pola
marihuana e iso fixo có mundo mire á marihuana de Rasquera. O resultado: centos
de periódicos fanse eco da noticia de que nun pobo, o Concello cederá uns térrenos
a unha asociación de consumidores de cannabis, que se procuran seu autoconsumo.
Dicir que este proxecto no é unha loucura; é froito do
coñecemento da realidade e o traballo serio dunha persoa nova, avogado, que co
seu ímpeto e forza, apoio ós que menos teñen, empeño en tirar para adiante un
proxecto LEGAL con cannabis move relacións, asesoría a asociacións, recursos,
escritos á fiscalía, contactos con empresas diversas, relacións con concellos e
o fin o proxecto de Rasquera. Chamase Martí Cánaves Llitrà e xunto a íl, un
grupo de persoas que o axudan y apoian.
A asociación Cannábica planea
unha gran plantación en Tarragona e queixase do acoso policial.
A Asociación Barcelonesa
Cannábica de Autoconsumo (ABCDA), no barrio marítimo da
Barceloneta, entidade cos máis de 5.000 socios en dous años de vida é clara:
“La policía está moi pesada, te sentes acosado”, explica Javi, orgulloso de ser
“uno de los primeiros socios”. Para este home de 31 anos, con estudios de
marketing e empresariais, pertencer a un club de fumadores solo conleva
vantaxes: “Xa son maior para ir pola rúa mercando ‘maría’ ós camelos. Acabas
canso e é perigoso. Con esta fórmula non
das de comer ós ‘narcos’ e sabes ca marihuana non terá infeccións nin estará
adulterada”, comenta. “Aquí veñen avogados, médicos e xente de todo tipo a
fumar. Somos persoas completamente normais, con parella, fillos e traballo
fixo, o ingreso permítese a partir dos 21 anos, porque é “cando o cerebro xa
está plenamente formado e non sofre danos” non só acoden por diversión. “Hai
xente que da á marihuana un uso terapéutico, ou que fuma antes de irse a durmir
porque os relaxa”, indica. Hai que normalizar
o consumo do cannabis, porque quén o queira vaino conseguir igual. Deste xeito é máis seguro, todo está
controlado. Unha vez comprei na rúa unha planta cun fungo que provoca
infección pulmonar…”, recorda. Por fortuna, di, decateime denantes de consumila.
La Asociación cultiva o cannabis en pequenas plantacións
e, despois, subminístraa os seus socios. A cada un correspóndelle unha cota.
Opera sen ánimo de lucro, pero move diñeiro. Proba é que están a piques de
inaugurar un novo local social, moito máis amplo, xunto á estación de Francia
de Barcelona. O convenio firmado entre a asociación e o Concello de Rasquera
(Tarragona) para cultivar cannabis en sete hectáreas de térreno. Pese ós ollos
dos poderes públicos (fiscalía, Avogacía do Estado, Generalitat, delegación do Goberno)
sexan opostos, sobre a iniciativa, defenden que é unha forma de
“incentivar a economía” e “crear emprego”. Mentres en Tarragona
cuestionase a legalidade do cultivo na Alpujarra falase dos beneficios dunha
planta milenaria que procede da mesma familia. Se o proxecto Rasquera sae
adiante, aboarán en dous anos 1,3 millóns polas plantacións.
“Con la
iglesia hemos topado, Sancho”. O párroco falou nunha homilía
de domingo e advertía que non quería que se convertese a zona no Medellin do
Delta do Ebro. Ben seguro, este bo home relixioso durante a misa levantaría a
copa (cáliz) de viño (droga legal) como e sen ningún reparo xa fixera en centos
de ocasións, alcohol si pero ‘herba’
non.
Tras enumerar os, a seu xuízo, efectos nocivos da
marihuana, o cura Dámaso Ruiz afirmou que “la
droga destruye a la persona en su cuerpo, su mente y su espíritu”, e
mostrouse desconfiado do posible uso terapéutico, o que considerou un “pretexto legal”. Elo lévao a condenar
que estes paraxes convértanse “en un
paraíso del tráfico y consumo”.
Cantos licores especiais se teñen feito e mimado ó longo
da historia polos distintos mosteiros? Cantas barricas de droga legal se teñen
feito dentro dos dominios da Igrexa? E agora, porque un Concello veciño
quere dar traballo os seus concidadáns amais de alixeirar as débedas do
consistorio, un ‘curiña mesquiño’
cree cá iniciativa pode crear un “Medellin
colombiano”.
Cavilaba eu cá nova Igrexa Católica, con iso do Concilio
Vaticano II, Cristiáns para o Socialismo etc…, os seus novos representantes,
eran xa doutro xeito, parece aínda quedan da vella escola, desa que agora pide
desculpas polo mal que outrora fixo ós rapaces e quere coidar ós de agora
prevíndoos da droga esa…, iso si, a copiña de viño no copón santificado (sangue
de Cristo) esa, que non se toque.
O Señor cura en cuestión animou á mobilización para deter
a iniciativa da plantación e pediu que se parase a impunidade sobre esa droga
elaborada, consumida e distribuída, logo sentenciou cá declaración é opinión era
persoal aínda que non difería do maxisterio da Igrexa.
O alcohol en forma de viño en cálices é común na Igrexa
Católica, por non dicir obrigado. Licores doces, anisetes e pastas con pouca
graduación feitos en mosteiros son típicos entre tódolos personaxes que rodean
o mundo relixioso e tamén ‘colocan’, pero deso non falamos, esta arraigado nos
seus roles.
Opinións construtivas si, pero con argumentos, as
opinións fáciles que se desmontan cos propios argumentos non nos serven a parte
da sociedade. As persoas que dirixen ese Concello, imaxinamos que tamén buscan
o mellor para o seu pobo e dende o seu punto de vista (traballo), tamén moi
digno.
En Holanda, dende fai
décadas toléranse os coffeeshops,
cafés nos que se pode comprar e consumir derivados do cannabis. A produción e
tráfico, sen embargo, non están regulados.
En Estados Unidos,o uso
terapéutico do cannabis ten normalizando seu consumo en algúns Estados e xerado
unha industria en torno a esta droga. Colorado e Washington dan un paso máis o
aprobar o uso lúdico.
En América Latina, varios ex xefes
de Estado e de goberno e intelectuais subscribiron manifestos proclamando o
fracaso das políticas represivas e urxindo a ensaiar fórmulas legalizadoras
para o cannabis.
En España o cultivo
para autoconsumo ábrese paso apoiado en varias sentencias. As asociacións de
consumidores tratan de aproveitar as fendas da lei, sobre todo no País Vasco e
Catalunya. A xustiza decidirá sobre o proxecto dun cultivo de sete hectáreas no
municipio de Rasquera (Tarragona).
Ningún comentario:
Publicar un comentario