Redacción
https://codigocero.com/
A plataforma de préstamo de libros e revistas en formato electrónico GaliciaLe incorpora agora un catálogo audiovisual á súa oferta cunha proposta de 77 filmes, entre os que se poden atopar documentais, películas de animación e longametraxes de ficción. Comeza, deste xeito, unha nova etapa deste servizo bibliotecario da Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coa AMTEGA, que tamén conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do catálogo eBiblio.
Desde que o programa GaliciaLe se puxo en marcha, en outrubro de 2014, o número de usuarios incrementouse cada ano ata os 3.236 cos que pechou 2017. O número de préstamos para ese mesmo ano foi de 16.937. Actualmente, o número de títulos da plataforma é de 1.768, dos que 1.609 son libros electrónicos, 77 corresponden a filmes, 31 son revistas, 50 son audiolibros e hai tamén un libro interactivo.

O catálogo audiovisual
Entre as películas que pasan a estar dispoñibles na plataforma GaliciaLe atópase un amplo abano de posibilidades, desde De profundis a Sicixia ou A Esmorga, pasando por Mimosas, Todos vós sodes capitáns, Un bosque de música, A cicatriz branca, O club da calceta ou De bares, ata obras como Celso Emilio Ferreiro. O poeta da vida ou Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas.
A nova andaina de GaliciaLe foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, coincidindo co Día do Libro. No acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, a directora da AMTEGA sinalou que «hai catro anos falabamos de GaliciaLe como unha peza máis da estratexia da Memoria Dixital de Galicia para universalizar o acceso á nosa cultura na rede e naquel momento avanzabamos un novo sistema de xestión de bibliotecas». Mar Pereira destacou que hoxe «ese sistema é unha realidade á que se están sumando as bibliotecas públicas municipais e axencias de lectura e que permite que os usuarios accedan cun carné único a todos os servizos das bibliotecas públicas integradas e á plataforma GaliciaLe».Mentres, Anxo Lorenzo afirmou que «GaliciaLe pretende facer accesible a cultura en calquera momento e lugar e complementar, deste xeito, a oferta de obras en formato físico das bibliotecas públicas galegas». Para o secretario xeral, os datos presentados «confirman que este é un servizo que se está a consolidar entre os usuarios das bibliotecas, tanto polo número de préstamos como polo de persoas que fan uso del». Finalmente, sinalou que GaliciaLe é «un proxecto vivo, que vai adaptándose ás necesidades do público, ao incorporar aos libros electrónicos outros formatos como as películas e as revistas».
Na rolda de prensa tamén interviron a xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Uxía Caride; e o vogal da Asociación Galega de Editoras Xulio Amigo. Tamén asistiron á rolda de prensa a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal; e a directora da Área de Modernización das Administracións Públicas, María José García Sexto.

Preto dun cento de títulos de libros electrónicos en galego
Nos últimos seis meses tamén se incorporaron á colección de GaliciaLe un total de 95 títulos de libros electrónicos en galego, como Rosa tántrica, de Luz Pozo Garza; A burra Ramona, de Paula Carballeira; Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz; As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez; Illa soidade, de An Alfaya; Denébola a Roxa, de Héctor Cajaraville; ou Fume, de Antón Fortes.
A Consellería de Cultura e Educación adquiriulles as obras do catálogo galego a nove editoriais galegas (Alvarellos Editora, Baía Edicións, Ediciones del Viento, Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Laiovento, Netbiblo e OQO editora), que se completan con obras cedidas mediante convenio polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Nas vindeiras semanas a oferta completarase con outros 44 títulos de títulos electrónicos e tamén revistas en galego.
A estas editoriais engádense agora, coa incorporación do catálogo audiovisual, 24 produtoras galegas: Abano, Agallas, Arraianos, Adivina Producciones, Amanita, Alicia Veira Ramos, Ces Media, Cinebinario, Ficción Producciones, Film Arante, Frida Films, Madeleine Producciones, Marcos Nine Búa, Matriuska, Miolos Filmes, Nós Produtora Galega, Noveolas Producciones, Numax, Pórtico, Portocabo, Vaca Films, Vía Láctea, Xamalú Filmes e mais Zeitun Films.

Vídeo promocional de GaliciaLe no que participan a actriz María Mera, o catedrático de Física Jorge Mira, o escritor e editor Francisco Castro, o booktouber Sebas García Mouret e a cantante de Mamá Cabra, Gloria Roel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario