Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por unha mala política urbanística segundo denuncia a socialista María Pierres.
http://www.galiciaconfidencial.com/
“A mala xestión urbanística que a Xunta aplicou e que permite deixar ao redor dunhas 50.000 unidades de vivendas sen rematar”. Foi a crítica que fixo a voceira de Urbanismo do PSdeG, María Pierres no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre a falla de medidas eficaces para o control e vixilancia das edificacións inacabadas en Galicia.
Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por este abandono e que non teñen capacidade para poder levar a cabo accións legais. Por iso, a responsable socialista instou á Xunta a dotar aos concellos de medios técnicos, económicos e administrativos para que poidan exercer o cumprimento da lei e tomar a iniciativa fronte á quebra das firmas propietarias. Sinalou que
A lei do solo do 2016, no seu artigo 135, recolle de que “o deber de edificar inclúe o deber dos propietarios de rematar as edificacións para cuza execución obtiveron a preceptiva licenza”. Esta norma, dixo, “habilita á Administración de forzar a terminación das obras mediante multas coercitivas pero que en ningún caso están a facerse efectivas”.
BURBULLA INMOBILIARIA
Neste sentido, Pierres apuntou que esta situación deriva da “suma da burbulla inmobiliaria e da concesión de licenzas urbanísticas sen unha planificación axeitada”. A mala praxe urbanística, advertiu, “afecta principalmente os veciños e veciñas dos municipios que teñen que convivir con estruturas que son foco de abandono, lixo e inseguridade urbana”.
Puxo como exemplo o caso dunha edificación na vila de Carral, onde as lousas de pizarra dunha fachada de máis de 200 metros lineais, estanse a desprender sen que o concello teña nin sequera ben delimitada e protexida a súa contorna, o que pon en serio perigo á cidadanía.
“Os principais prexudicados son aqueles pequenos investidores que non puideron ver terminadas as súas vivendas ou que cederon as súas parcelas a cambio dunha vivenda e que en ambos os casos quedan desamparados”, concluíu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario