venres, 27 de abril de 2018

A VIOLENCIA NON É SÓ FÍSICA, CALAR NON É DICIR SI


Foto de Xosé Ml García Abuin.

Para todos aqueles que dubidan da vítima... pensen en tódalas mulleres do seu entorno se desexarían facelo con cinco tíos... o das pelis porno é ficción... por se aínda non vos decatastes...

Algúns seres humanos son como animais (bestas).

O lamentable, é non decatarse, do repugnante que resulta só pensar, que cinco animais que dobran a idade da rapaza, fixeran isto nesas circunstancias, fosen as que fosen.

Non sabemos se se resistiu, as únicas testemuñas que temos son as de cinco violadores. Agora, se vostede se vira rodeado por cinco homes que o menos que farán é violalo: se cadra resistíase... non sei eu se me resistiría…, non me teño por valente, a vaquiña polo que custa…! cun só, eu, e se cadra a rapaza houberámonos resistido, ou conseguiríamos fuxir... con cinco véxoo difícil.

Fagamos agora unha suposición: Admitamos que a rapaza quería ‘temiña’ con cinco animais, (calquera parecido coa humanidade é simulado) difícil crer pero fagamos un esforzo. Supoñamos ademais que decide ir cos cinco primeiros cos que se atopa e no primeiro portal, adiante, sen precaucións de ningún tipo como  quen cruza un campo de minas. Admitamos tamén que gozou, vamos co pasou en grande, estou pedindo o imposible (creo), pero un último esforzo. Chegados a este punto o resultado sería, se todos o pasaron ben, ir a tomar unhas cañas, cambiar os teléfonos, quedar para outro día ou simplemente despedirse cun par de bicos, foi un pracer, que gozada! E ata logo! Pero non, esta "manada" deixouna espida, tirada no chan, en estado de shock e como colofón roubáronlle o móbil… para que? De verdade, alguén nas súas cabais co relato dos feitos que saíron no Xuízo dubida de cá relación non foi consentida? Home, eu e vos, se teño unha relación consentida cunha muller un ‘quítame allá esas pajas’, nin se me ocorrería deixala tirada no chan no primeiro recanto…

Nove parécenme poucos anos para esta condena, pero non é tanto o número como o por que... que máis cona ten que pasar nunha cona para que un xuíz poña nunha sentencia agresión sexual: VIOLACIÓN...

Que vería este maxistrado mentres na sala se reproducía o vídeo en cuestión?... ‘Princesitas’ de Walt Disney na tablet? o maxistrado avoga pola absolución de 'La Manada' viu: "excitación sexual", "Tampoco percibo signo alguno de pudor en ella", "Lo que me sugieren sus gestos, expresiones y los sonidos que emite es excitación sexual", non aprecia “agarrones”, nin “tirones” do pelo, “Una relación sexual no puede calificarse como agresión o abuso en función de si la mujer (o el hombre) la disfruta o no físicamente”, insiste. …"para mexar e non botar gota" o do voto particular do trío “la,la,la” este... e a súa valoración sadomasoquista. Esta é a xustiza patriarcal?

Violación ou "abusos"… Acolloa verdade, e máis aínda se cabe, pensar que algúns desta “manada” sexan das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Cantas manadas non haberá por aí soltas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario