A Asociación Animalista Libera asegura que o 68 por cento dos galegos ven "inútil" a caza como medio para a conservación ambiental.
EP
http://www.galiciaconfidencial.com/
Segundo os resultados dunha enquisa realizada por Libera, que fixo público o resultado da sondaxe o día no que a Federación Española de Caza convoca manifestacións por todo o país, o 68% dos galegos non ve ningún beneficio á caza.
Cazador cazando | Fonte: Europa Press
Segundo informa a entidade, un milleiro de persoas anónimas foron consultada por teléfono ou a pé de rúa, coa seguinte pregunta: 'Considera que a caza é negativa para a conservación ambiental?'. Unha cuestión á que o 68%, 680 persoas, puxeron en dúbida o papel das batidas e a súa suposta eficacia sobre o medio natural, fronte ao 21% --210 enquisados-- que as considera útil. Un 11% --110-- preferiu non responder ou alegou descoñecemento do tema.
Pola súa banda, a Fundación Franz Weber sumouse ás denuncias sinalando que a Comunidade galega converteuse nun 'Vello Oeste' para os cazadores, con normas que "os consideran deportistas, permítenlles disparar a só 100 metros de vivendas ou manter animais agrupados en condicións que serían ilegais en Europa".
Por este motivo, os colectivos en defensa dos animais requiriron explicacións pola continuidade de elementos "altamente contaminantes no Medio, como o chumbo dos cartuchos de munición" e apuntan que a Xunta recoñeceu que "a única vía para acabar coa morte accidental de miles de animais, que inxeren estes perdigóns, era prohibir o chumbo".
FAI CATRO ANOS PROPÚXOSE A PROHIBICIÓN DO CHUMBO
Os animalistas lembran que fai case catro anos da proposta internacional para vetar o chumbo por parte do Cume da Vida Salvaxe, celebrada en Ecuador. Pero, con todo, denuncian que o goberno autonómico "non só non desenvolveu iniciativa algunha senón que tampouco tivo en conta as propostas de FFW e Libera!", que chegaron a presentar unha Proposición de Lei xunto ao BNG, cuxa tramitación finalizou co termo da pasada lexislatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario