Calquera esquina pode ser á localización
perfecta para unha intervención de Isaac Cordal (Pontevedra, 1974). As
súas figuras de cemento
inundan roncóns creando escenas melancólicas cargadas de crítica social.
Escultura urbana made in Galiza.
Nun brillante exercicio de creatividade que combina á perfección fotografía e escultura, o
artista galego recorre o mundo plantando as súas figuras nas rúas das cidades
que visita. A súa serie titulada "Cement Eclipses" é unha resposta
á nova escravitude do ser humano co traballo, personificándoa en homes
solitarios de mediana idade e cun maletín como símbolo. Con esta aposta arriscada
Cordal consegue facerse un nome na comunidade do arte urbano, aínda que non é a única técnica que ten utilizado na rúa.
Para algúns non e doado entender a escultura no "street art", pero na rúa hai
sitio para todo. Sempre que talento e creatividade vaian da man, os núcleos
urbanos e seus transeúntes acollen as intervencións con gratitude facendo das
cidades galería de
arte dinámica que muda o seu antollo. As obras expóñense sen
barreiras, en cru, dende o minuto 0 son parte da rúa e esta como tal decidirá cándo
rematar seu momento.
Milleiros de arquetipos da sociedade capitalista,
sobre todo homes de negocios aínda que tamén soldados e meros cidadáns cotiáns,
deambulan como auténticos zombis por esta "ruína contemporánea",
testemuña da condición efémera das construcións humanas.
O material empregado para modelar estes corpos
humanos é o formigón, nunha simbólica alusión á "edificación
desmedida" das costas españolas que, para o escultor, converteronse nunha
"cidade continua".
Eses maletíns, que na maioría das esculturas de Cordal
amarran firmemente á altura do corazón, tamén pode ser substitúen o queixo como
cebo nas trampas para ratos a "Fame", na cós homes, sempre figuras
masculinas, quedaron atrapadas.
"Creo personajes eminentemente masculinos porque en este mundo en el
que impera la desigualdad son ellos los que dominan, controlan y gestionan. Sin
embargo, no apunto a toda la sociedad, únicamente a un fragmento de ella", aclara o autor.
O compromiso de Cordal co medio ambiente, revelase na obra
"Esperando el cambio climático", onde políticos somerxidos nas augas
dun foso dun digamos castelo discuten sobre o quecemento global… Combina o formigón
con porcións de natureza, como os patos que pescudan a peza entre mergullo e mergullo.
As figuras do escultor poden ter a fortuna de subirse a un carriño da compra ou cable e salvarse da catástrofe ambiental, ou a desventura de estar
coa verdosa auga o pescozo.
Ver:
http://www.streetartutopia.com/
Ver:
http://www.streetartutopia.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario