Asistimos estes días á noticia non noticia, a anunciada morte, antes de cá
morte se produza... Isto si foi a
crónica dunha morte anunciada, e nos próximos días ímonos atopar co "puedoprometeryprometo" dos
coll..., no almorzo, na comida, na merenda e na cea…
Ben, vou opinar… Só
estou de acordo en parte coas loas vertidas nos xornais e medios de
comunicación. Que pode que sufrirá, todos sufrimos coas nosas enfermidades e
pode cás de outros, por iso deséxolle de corazón que repouse en paz, levaba
morto en vida moito tempo, supoño será un descanso para seu corpo e cerebro, xa
có alzheimer é unha enfermidade moi triste, brutal, que se leva por diante a quen a padece e os có
rodean, que pode ser peor que arrebátalle as persoas os recordos? Aínda que
agora os políticos, as seitas nacional-católicas e a "caverna mediática"
verterán lágrimas de crocodilo e
soltarán os rimbombantes discursos de sempre, teñen
a alma e o patriotismo no longo transito intestinal.
Agora, ídesme
a perdoar, atopeime sempre moi lonxe ideoloxicamente, e non considero que este
señor nos trouxera como din algúns a democracia. Algúns seguen insistindo no
conto do falanxista Suárez como o gran facedor da marabillosa democracia
española. Mentira ou ignorancia, ou as dúas cosas. O proceso de adaptación do
réxime franquista ás pautas das democracias occidentais iniciouse moitos anos
antes, os pais da democracia somos os que loitamos contra da ditadura na España alpargateira de sotanas, sobre todo, a clase obreira, os estudantes, a esquerda... e os
partidos que creían na liberdade e deron a vida ou pisaron a cárcere por ela. Aínda
que todo se arxilou dende a Casa Branca, co apoio de certas potencias europeas
e o ditador. É asombroso que alguén como Suárez
secretario xeral do Movemento franquista, pensara que había que ir ás liberdades
cos recentemente legalizados. Pero máis asombroso foi co PCE, que viña das
cárceres, do exilio, da clandestinidade, dos fusilamentos, non tomara rébancha
contra aqueles cós fusilaron, encarceraron, e perseguiron con saña.
Este
home soubo adaptarse ós tempos como Fraga e o rei…, o franquista Suárez non foi
máis ca un figurón elixido que cumpriu co plan establecido e convencido sorprendentemente,
converteuse en demócrata. De feito esa transición que din trouxo Suárez, esa
tan exemplar e exportable a outros países foi unha fantasía. Primeiro aínda a
día de hoxe o xefe do estado é o rei Juan Carlos nomeado sucesor de Franco polo
mesmo Franco, e os que están agora no hemiciclo son fillos e netos de aqueles
que nos gobernaron na ditadura. Como si a porqueira de hoxe non fose
consecuencia daquel pasado.
A Disolución das Cortes
franquistas, eleccións xerais, redactar unha nova Constitución, os Pactos da
Moncloa. (inclúense os dereitos de reunión, asociación política e liberdade de
expresión), despenalizar o adulterio, legalización dos anticonceptivos, lei do divorcio,
as eleccións municipais, a Lei de Amnistía (que ben se pode chamar de punto
final xa que nunca se condenou o franquismo), son o meu entender principios fundamentais
de democracia… pero por exemplo, os que gobernaron aquela ditadura e durante a posguerra
mandaban fusilar ou dar garrote vil a todo aquel que cheirara a republicano ou
comunista o normal seria nunha verdadeira transición ter acabado cos ósos na
cárcere, pero non, fóronse de rosiñas por unha amnistía…
É máis, se a un republicano
Franco mátalle a un familiar este morto estará nunha cuneta e non lle darán nin
indemnización nin enterro digno para o parente... de feito o goberno nin se
molestará en buscalo. Logo cando se fixo un referendo sobre a constitución non
votamos se queriamos monarquía ou república... Votouse seguir en ditadura ou
cambiar a monarquía parlamentaria. O rei coroouse no 1975 antes do referendo da
constitución e fixésemos o que fixésemos íamos ter un rei. Sé votas "si á
constitución terás rei "democraticamente". Sé votas "non" volvese
ó que había antes do referendo, isto é, a coroa do rei Juan Carlos e
descendentes...
O que
temos é unha ditadura parlamentaria. Isto que vostede e eu vota, un partido, e este
é o que elixe quen nos representa e gobernan e logo ó chegar ó poder fan o que
lle sae das gónadas, incluso incumprir as súas propias promesas sen que iso comporte
adiantar as eleccións, dimitir ou algo, non teñen castigo algún, só privilexios.
De feito cando foi o derradeiro referendo para nada. Non só non nos preguntan
nin se fan referendos sobre si queremos monarquía o non, ou se queremos
corridas de toros ou non. Cando se ten reformado a nosa constitución foi para
dar prioridade a pagala débeda antes que pagalos servizos sociais (sanidade,
educación ou pensións) non se nos preguntou ós españois. Para qué?. En fin, saudade
dun tempo onde todo parecía posible e todo volveu a ser como sempre: "cámbialo
todo para que nada cambie".
Síntoo, non podo sumar o
meu pésame a unha peza fundamental do desastre que é este sistema político que
padecemos todos. Que fora un personaxe exemplar eu coñezo a persoas exemplares que poderían
merecerse o mesmo cargo. Sen democracia, só hai corrupción, impunidade e
empobrecemento e incultura. Penoso terse que morrer para que falen ben de ti, os
mesmos que che amargaron a vida 33 anos, aqueles non se cortan hoxe en falar
marabillas... Así que menos contos, có enterren
con dignidade, como a calquera, pero nada máis. Morreu e o mesmo nos vai pasar
a todos. Non podo deixar de lembrar en Mario Conde Banesto e o CDS, a matanza de Atocha, os sucesos de
Vitoria, o Caso Scala, ou aquilo de "lo
nuestro son errores, lo suyo son crimenes" xustificando o terrorismo
de estado. E a eses que son só puro postureo e inventan o pasado como si
foran colegas de tute ou de mili do finado… Onde estiveron os derradeiros 35 anos?
O noso gran problema non
foi a Transición inacabada e os políticos como Suárez cá fixeron posible. O noso problema
foron e son toda esa casta de políticos trepas, aduladores, palmeiros e demais
inútiles que chegaron posteriormente e se negaron a revisar reavivar e mellorar
a Constitución que emanou desa Transición, e incluso chegaron a pasala polo forro
esquecendo artigos como o dereito á vivenda, dereito o trabajo… son o camelo que
ten na desesperación a boa parte da poboación.
O seu traballo (a
transición) debía rematar e superar o réxime franquista para non ver como este
país se volve cada vez máis reaccionario, aínda así, encontro a faltar
políticos coma il que sabían tendela man e falar sen morder nin vomitar biles
en mostras de miseria e rabia. Non acabou sendo membro do consello de Estado,
nin de ningún consello de administración, nin tivo remuneración con cargo o
Estado pola súa condición de ex-xefe do Goberno. E dimitiu!! Nun país onde non
dimite ninguén, Adolfo Suárez fíxoo dúas veces: como presidente do goberno e
como responsable dun partido. Se cadra foi o político máis europeo que
tivemos.
De tódolos xeitos
e sen animo de molestar, o primeiro presidente da democracia non foi Suárez foi
Manuel Azaña (1880-1940).
D.E.P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario