martes, 4 de marzo de 2014

Bícamans





Mirai esta foto por favor. Hai que ser parvo, esa reverencia a esa señora e o bícamans, case se desconxunta o espiñazo, o ministro de Guindos tivo que facer cando menos unha esnogadura ou luxación de columna na súa reverencia a Lagarde ("A seca") rozando a xenuflexión. Por Deus!

- Un admirador, un amigo, un esclavo, un siervo.

E que me decides do compracido "campechano", non será o do museo de cera…

Alá onde van os nosos representantes, damos a imaxe do que somos puros servos dos deberes que nos poñen o FMI e o BCE, e para que non nos regañen facemos o pallaso sen vergoña ningunha. Que peniña damos Señor!, Que peniña!

E mentres o teatriño da irrealidade seguía seu curso, a vida real ía por otros derroteiros…
Refírome ós medios que cando de vascos se trata só ven terrorismo aínda que só se lles escape un peido pero xustifican e aplauden se se fai en Burgos.
Imos ver: reúnense banqueiros, o Rey, Rajoy, De guindos, Lagarde & Co. O raro, a noticia sería que non ardese nada.

Se iso é "terrorismo callejero", como lle chaman, ó do FMI o Banco Central Europeo e a troika que é… TERRORISMO DE SALÓN na nosa vida de traballadores, de xubilados o borde do abismo económico e vital...

Romper mobiliario está mal.
Queimar contedores está moi mal.
Machucar escaparates está fatal.
Acantazar ós corpos de seguridade está máis que mal.

Abaratalo despido, e eliminar o conseguido coa loita do nosos antepasados e baixarnos os pantalóns está xenial. Ánimo sigamos nesta liña... imos polo bo camiño.

Por incrementar as súas ganancias, eles son os causantes e beneficiarios da estafa deixando a millleiros de familias e proxectos de vida na cuneta.

Todos os que se escandalizan cos vidros rotos nas rúas deberían indignarse moito máis cando nos chouricean e acordan os nosos recortes…

O que fai a troika e o desgoberno que é entón?
E a criminalidade financeira… Iso non é violencia?
Cánta hipocrisía!

Bilbao foi exemplo do que ocorre no mundo: mentres a poboación está farta e indignada polas argalladas dos dirixentes, eles nos seus "refuxios" de estatus seguen sen entesarse (e a salvo) do que ocorre na rúa.

Christine Lagarde impresionada logo de "pasar o cepillo" e "doblar la esquina" trala súa expedición a Bilbao dixo:

- ¡Mon Dieu! Todavía quedan españoles, dignos del protocolo de Versalles muy raros de ver. No me había emocionado tanto desde el safari en África.


Ningún comentario:

Publicar un comentario