venres, 18 de decembro de 2015

VAIA...VAIA... O agresor de Rajoy é familiar 'lejano' da muller


O mozo que agrediu este mércores o presidente do Goberno resultou ser sobriño da muller. O que propiciou unha puñada foi 'un niño de papa' cuxas iniciais son A.V.F. é fillo dunha prima de Elvira Fernández (Viri), esposa de Mariano Rajoy. Segundo publica La Voz de Galicia, a familia é moi coñecida en Pontevedra e simpatiza co Partido Popular. Durante a súa declaración na comisaría dixo que "ni pertenece ni tiene afinidad" con ningún partido político ou colectivo activista. Recórdame cando asasinaron á presidenta da Deputación de León...

Un político do PP recibe un ataque de alguén, a prensa de dereitas anuncia a bombo e prato cá culpa é da extrema esquerda e nacionalistas, un republicano o final resulta ser alguén do seu entorno? Sóame dalgo, é algo novo, nunca ocorreu isto…, non? Convén difamar a Nós, Podemos, ás mareas? Lucíronse os medios que onte asociaron á esquerda máis radical… O "RUIZ" deixou co cu ó aire a todos "os palmeiros dos medios" afines ó PP, outra vez Inda e Marhuenda co cu á regaña e a súa credibilidade pola lama. Si non hai nada como a familia. Sobre todo nestas fechas de pan, amor e pandeiros. O mesmo foi pola herdanza.

E otros: "...fuentes policiales han asegurado que el agresor está vinculado con las Mareas, las candidaturas vinculadas a Podemos en Galicia, aunque las citadas fuentes no han precisado ni el grado de relación ni han aportado ningún dato sobre su presunta vinculación..." El País

Xa ocorrera co PP e seus palmeiros mediáticos cando culparan ó Gran Wyoming, á esquerda en xeral, e "a xente do cine" ...ate fixeran unha manifestación de apoio, "por la libertad", e non faltou quen comparase a agresión ó 'periodista' Tertch co asasinato de Calvo Sotelo… Ó final resultou que a Tertch partiranlle a cara por mirarlle o cu á rapaza do dono dun bar de copas, logo de rematar co stock de gin-tonics do local... Todo un mártir da liberdade.

Fai uns días dous encarrapuchados propináronlle unha enorme malleira a un edil de Podemos nas Palmas, acabou nun hospital cun traumatismo de cranio encefálico leve e contusións diversas. Unha semana atrás pegaron un tiro nun posto de Podemos en Melilla... non teño visto estas noticias nalgúns dos xornais... Conste que me repugna toda agresión veña de quen veña detesto este tipo e outros de violencia, a puñada hai que dala na mesa o 20-D expulsando do goberno os corruptos... cás únicas labazadas sexan alegóricas cos votos (os españois recibimos lapotes a diario... cada mañá cando lemos a prensa e aparece un novo caso de corrupción no PP. Cantas agresións levamos os traballadores, os débiles, os desprotexidos e indefensos... coas políticas de austeridade de Rajoy) pero algúns non lles faltou tempo, volveron a mentir e calumniar con nocturnidade e aleivosía de novo saíron a procura dun culpable, chámese Sánchez ou Iglesias; é cando menos curioso, que estes indecentes non se acorden da familia agora. Non hai peor cuña cá da mesma madeira.

Mariano, sé forte, a hostia gorda ala levar o domingo!!
Seino, son 'ruiz e mezquino' emoticona frown

Ningún comentario:

Publicar un comentario