A exposición Galicia máxica pode verse ata o vindeiro 16 de xaneiro
Gustav Henningsen visitou Galicia en 1965 enviado por Julio Caro Baroja para facer un estudo etnográfico sobre as crenzas encol da bruxaría no noso país. Durante os seguinte vinte meses, este investigador desenvolveu un intenso traballo de campos por todo o país e no occidente de Asturias, deténdose de xeito especial nas terras de Ordes. Cincuenta anos despois, o Museo do Pobo Galego recupera unha selección das fotografías que Henningsen realizou neste período, na exposición Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas (1965-1968), que se pode ver ata o vindeiro 16 de xaneiro na sede do Museo en Compostela.
FOTO: Xoán A. Soler Gustav Henningsen, etnógrafo danés, autor das fotografías expostas no Museo do Pobo Galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario