martes, 15 de decembro de 2015

Así entendemos os galegos a protección do patrimonio

Por: Carlos Coto 
Paisaxe Maltratada
 http://tendencias.galiciaconfidencial.com/


A verdade é que a expresión "protexer o patrimonio" elévase á enésima potencia con ese pendello de cemento que "protexe" o hórreo (graneira, cabazo, cabana, espigueiro, etc) das chuvias e da xeada.

Sobran palabras e expresións, a foto fala por si. Coido que habería que eliminar ese pendello que o cobre e, se ten patoloxías o hórreo, reparalas.

Claro que sempre aparecen internautas que recordan que o efecto é parecido ao que fixo a Deputación co Dolmen de Dombate.

Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Máis artigos de Carlos Coto aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario