luns, 28 de decembro de 2015

Cambiamos pola esquerda?

O PSOE dende case a transición é un partido socialdemócrata, monárquico, laico só de boquiña; artificialmente upado na transición por USA, Alemaña e os poderes económicos para evitar o asentamento dunha verdadeira esquerda... Outra cousa é que, por fé, queden votantes e militantes socialistas de esquerdas có sigan crendo... 



Unha semana máis e será difícil distinguir o discurso de Susana Díaz e outros baróns dalgúns do PP, socialistas, aclaren si queren un goberno para desbancar ó PP, "obxectivo prioritario", se queren retrasámolo outros catro anos ou forzamos novas eleccións… fagan política señores do PSOE déixense de parvadas, que se ‘as liñas roxas’, ‘hai que tender pontes’, ‘a unidade dos españois’…, non dicían que España é un estado plurinacional, non defendían un modelo federal... para gobernar é necesario falar cos grupos políticos "rompedores de España"... cal é a razón desa alerxia momentánea a consultar de verdade ó pobo (referendo vinculante, non como o da OTAN) dereito a decidir, non lembran? Cal é a súa proposta para desencallar o problema catalán... máis inmobilismo? Ou é todo unha pantomima para vender á esquerda como os malos da película e apoiar xa sen tapuxos ó PP...

Malo unhas novas eleccións, pero peor é un goberno no que o PSOE de novo defraude ós votantes. Zapatero, Rubalcaba, Pedro Sánchez só fan perder votos. Un partido de asentados moi lonxe do pobo e as súas necesidades.



Enfronte temos unha Europa con Alemaña o fronte que nos ten collidos polos ovos e un Senado que vai frear calquera intento de cambio... O suposto goberno de esquerdas non vai ser para botar foguetes...

Supoño non vai a ser o PSOE quen lle de o Goberno a Mariano Rajoy, porque sería "estúpido" e iría contra do que teñen decidido os cidadáns nas eleccións, ningún voto socialista pode utilizarse para manter ó PP en funcións. Un novo fraude e a esquerda, no seu conxunto iría ó garete, sería o afundimento por unha ou máis xeracións. Os electores xa non queren a un PSOE socialdemócrata nuns tempos nos cá socialdemocracia europea está nas últimas pola súa incapacidade manifesta para articular unha alternativa sólida, identificable e crible fronte á maior crisis sistémica da historia económica moderna.

...é o que representa ós millóns de españoles que votaron sen medo nestas eleccións... e hai que construír sobre eses millóns de votos un cambio real... non son só votantes... como pensan outros... os que cantan e bailan ou ate viven na tele... partidos que nin sequera se atreven a dicir as cousas que non lle gusta oír á oligarquía cós patrocina... 

Saúde.



Ningún comentario:

Publicar un comentario