xoves, 26 de decembro de 2013

Queridos Reis Magos...

O Barco, 25 de decembro do 2013

     Queridos Reis Magos:

     Se cadra aínda chego en tempo, logo de anos e anos sen facervos traballar, pero coa ilusión de sempre e como penúltimo recurso, escríbovos esta carta. As cousas no reino de España onde esta a gobernar o PP, pintan mal, levan anos moi maliñas. Pensaredes: Que marrón!  Poderíasllo encargar á competencia! Imposible. Se escribo a Papá Noel, os de Genova, 13 diríanme: anarquista, anti-patria… Non quero pensar se esta carta lla envío o Apalpador ou Pandigueiro acusaríanme de nacionalista ou filo-etarra e incluso, pedirían aplicaranme a doutrina Parot esa. Tedes que facelo vós.
Ben, imos aló...!

     1.- O noso maior problema como país é o paro, pido emprego digno para os seis millóns, si 6.000.000 de parados. Nada de "mini jobs"  por horas e mal pagados que só sirvan para maquillar as estatísticas do goberno sen aportar nada á sociedade. Se podedes engadir un extra metédelle un petardiño no cu a Fátima Bañez e a súa Reforma laboral… pequeno, só para que vexa a virxe do Rocío.

     2.- Quixera que Montoro (…) ben só Montoro, e que se espalle o exemplo, que pille a enfermidade de Alzheimer e un día salga da casa, pérdase e non volva nunca máis. Sen il, quitámonos a degradación de Facenda, xa que "Hacienda somos todos" e, quedaremos libres de ameazas e gilipolleces varias como a de que "soben os soldos e están baixando os impostos" con esa retranca fora de precedentes, estalle collendo o gusto a vacilar ós españois na propia cara. Aggg!.

     3.- Que en Madrid os votantes dean as costas á E. Aguirre e ós herdeiros non electos: o seu pupilo Nacho, e por suposto, á Ana Botella esa. Non podemos seguir facendo o ridículo mundial con cagadas como Madrid 2020 ou lambendo o cu dos responsables do macro-prostíbulo Eurovegas.

     4.- Quén as fai, págaas. Que Matas, Fabra, Barcenas, Blesa, Baltar, O Raterín… (Uffff cantos son!) durman nun catre da cárcere uns anos. Cá ex directora de Canal Nou, vaia ó paro como os compañeiros e non remate de xefa de prensa do goberno valenciano. Quepoliticuchos  favorecendo a empresas o seu paso polo goberno, podan ser logo contratados por esas mesmas empresas. Resumindo, non converter a política nun negocio.

     5.- Desfacédevos da Cospedal, non importa, de maneira natural, accidente… non teño preferencias, queremos respirar tranquilos durante uns meses! Estamos da peineta  ata a boina!

     6.- Que volva a liberdade de expresión. Ver ós Sres. ministros contestar tódalas preguntas e a tódolos medios, non só os de Marhuenda, Bieito Rubido ou Edurne Uriarte. A información é fundamental nun país democrático, a non ser có PP pense que temos de máis.

     7.- Que non se aprobe a Lei de Seguridade Cidadán. Xa temos leis de seguridade dabondo, que aplican os xuíces. Non precisamos desta lei que quita dereitos ós cidadáns, expostos á senrazón dun policía, un guarda civil e agora, un "segurata" sen formación policial.

     8.- Que volva a Lei de dependencia xa que cando morran os actuais beneficiarios, esvaecerase. Non hai novas incorporacións e tampouco diñeiro para atender ós que xa están dentro.

     9.- Queremos, as miñas sobriñas, as fillas dos meus amigos, as mulleres todas poder abortar si lles ven a necesidade. Que non se aprobe unha lei que só quere tutelar a vontade das mulleres para contentar a unha Igrexa retrógrada e caduca, incluso ninguneada polo Vaticano. Nin Rouco, nin Gallardón, nin Pro-vida, poden dicirnos o que temos que facer. As mulleres seguirán abortando, aquí, ilegalmente ou en Lisboa, Paris, Londres… con garantías. Se iles queren salvar a súa alma, ben, pero que nos deixen pecar ós demais.

     10.- Que xamais entre en vigor a sectaria Lei Wert. Que siga habendo Erasmus, isto si aporta á marca España e, que para poder estudar, non necesariamente teñamos que nacer nunha familia acomodada ou sinxelamente prostituírse nalgunha rúa escura de calquera campus.

     11.- Que tódalas mareas, as do Prestige, a branca, a verde etc. inunden as conciencias dos gobernantes. As súas peticións, como as miñas, son razoables e polo tanto deben ser atendidas.

      12.- "No sé quién pagó" "Unas veces pagaba uno, otras otro" "Lo que es seguro es que había nieve" Galicia calidade ou vivamos como galegos, pero isto non é política, que se vaia o seminarista Feijoolito, non é o Servizo de Colocación que queremos os galegos… ou contádello a súa nai!

     Como vedes, maxestades, as miñas peticións só buscan que volva a cor e abandonar o branco e negro ou gris. Recuperar a alegría e saír da depresión. Algo lexítimo. Aínda que, para conseguilo as gaivotas desaparezan da política. Pido que dimitan e dean paso a outros. A este ritmo non podemos aguantar dous anos máis.

     P.D. Esquecíame, facede o favor decídelle o Rei e a Rajoy que baixen do plasma e fiquen mudos. Non perdemos nada e son máis doados de aturar os silencios, que oír como expresan súa orgasmica emoción. Como exemplo: o día do funeral de Mandela ó visitar o estadio Soccer City, ‘me trae recuerdos porque aquí ganó la roja el mundial’. Hai parviño… Parvo, parvo!

Sr. García


Ningún comentario:

Publicar un comentario