sábado, 7 de decembro de 2013

Folga na sanidade publica



Unha vez mais vemos como os recortes do Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e aplicados polas mans da Consellaría de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) están esmorecendo a Sanidade Pública, se agora lle sumamos a aplicación do Decreto de Xestión Integrada Ourense, Verín, O Barco, temos como consecuencia o desmantelamento de servizos sanitarios, o afastamento da atención sanitaria do contribuínte e a destrución progresiva do HCV, servizos de urxencias e centros de saúde da comarca, converténdonos nunha simple sucursal do CHUO (Ourense).

Perda do dereito á asistencia sanitaria dos emigrantes, estudantes maiores de 26 años, parados que teñan esgotado a prestación ou subsidio por desemprego…; copagamentos de ambulancias, ortopróteses e medicamentos; peche de camas; aumento das listas de espera; aprobación da Lei de Garantías, pola cás persoas que leven certo tempo en lista de espera serán derivadas á privada; privatización de cociñas, lavanderías, servizos de mantemento de aparataxe, xestión de diagnóstico por raios; derivación obrigatoria dos accidentes de tráfico leves á privada; afastamento da poboación das especialidades de medicina; falta e non substitución de profesionais...
Nos derradeiros anos, o goberno da Xunta e mais o central impulsaron todo tipo de privatizacións. Feijóo leva cinco anos, nunca un goberno, en tan pouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Pública e usuarios.

Din que non hai cartos para reducir listas de espera, pero hainos para construír un hospital de xestión privada (Vigo) que resulta catro veces máis caro e que terá menos camas e servizos ca se fose totalmente público. O señor Feijóo e a señora Mosquera atacan a Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións o Goberno Galego non quere unha sanidade pública, gratuíta e de calidade, senón que aposta por un negocio con cadros de persoal en precario, menor cobertura e menor gasto; agora chegan co Decreto de Xestión Clínica, outro invento que introduce unha maior flexibilidade e desregularización nas condicións laborais e abre as portas á privatización, queren austeridade para profesionais e usuarios e buscan trasladar a responsabilidade dos recortes á traballadoras e traballadores. O fin último é que hai xente (amigos dos políticos) que teñen que gañar diñeiro, cantos menos cartos empreguen en saúde, maiores serán os beneficios das empresas, xa que o seu negocio é a enfermidade… E nada máis.

Eh!! apoia a folga do persoal sanitario do 9 e 10 de decembro e participará na mobilización prevista o día 10 ás 20:00 h. diante do hospital de O Barco.

O 10 temos que manifestarnos tódolos galegos, xunto cos traballadores/as da sanidade en folga, pola defensa da nosa sanidade.

Non ás privatizacións
Non ó repagamento (copago)
Non ós recortes
Por unhas condicións laborais dignas do persoal da sanidade
Polo acceso universal á sanidade
Pola gratuidade das prestacións
Por unha sanidade pública e de calidade

Estas son as mobilizacións convocadas o 10 de decembro:

O Barco Hospital Comarcal 20:00 h.
Ourense Pavillón dos Remedios 20:00 h.
Burela Hospital da Costa 20:30h.
Vigo Hospital Xeral 20:00 h.
Ferrol Praza de España, Fontenla Maristany 18:00 h.
Lugo Edificio Multiusos Xunta de Galiza. 20:00 h.
Pontevedra Porta Principal Hospital Provincial 20:00 h.
Santiago Praza Roxa 20:00 h.
A Coruña Casa do Mar (Avda. do Exército) 20:00 h.
Barbanza Centro de Saúde 20h.
Monforte Praza de España 20h.
O Salnés Porta principal Hospital do Salnés 14:00 h.
Cee Porta Principal Hospital Virxe da Xunqueira. 12:00 h.


Ningún comentario:

Publicar un comentario