por abc
Collinlle un pouco de teima a iso do 'Estado do Benestar' cando comezou a usalo o PP para destruílo. Hoxe, botándolle
unha ollada ós escombros, decátome que destruído foi o Estado de Xustiza
Social. Un Estado que comezaba a
garantir a igualdade en materias básicas como a educación, a sanidade ou dependencia.
Tiñamos conseguido incluso rachar ós mandamentos ditatoriais da igrexa de mans
das mulleres, na nada doada decisión de ter ou non fillos, o matrimonio
homosexual abría a posibilidade de equiparar dereitos a sentimentos sen cá
orientación sexual fora inconveniente.
Nestes escombros algo
cheira a podremia. Os grandes partidos, PP, PSOE e CiU embulleirados na
corrupción máis rampante. Institucionalizados en feitos e costumes de saqueo ó
erario público, parasitos con soldos e comisións inaceptables que ocupan cargos
"a dedo" sen ter demostrado
mérito nin cualificación algunha e sen máis función que aplaudirse uns a outros
nos actos diarios (perfectamente inútiles) organizados por partidos e
empresarios. Un chouriceo que
consiste en que uns poucos, unha casta, manexan recursos alleos e toman
decisións cuxas consecuencias non lles afectan, isto e o que fai a corrupción
en política. Mentres dinnos que teñamos
paciencia, que xa pronto chegará o fin da crises, a luz o final do túnel, España
está secuestrada dámonos conta, sen asombro, cós mesmos que dan leccións de
austeridade, viviron, durante anos, no despilfarro e na abundancia. Timáronnos,
roubáronnos, estafáronnos e enganáronnos. E aínda teñen a pouca vergoña de mirar
cara outro lado.
Casos como Bárcenas, Gürtel, Nóos, Palma-Arena, Fabra,
Blesa e caso dos EREs, Mercurio, Pretoria e caso Palau, ITV, Crespo, Pallerols.
Os nosos Pokemon, Baltar... O chalet de Ignacio Gonzalez… E agora ós dous
grandes sindicatos e a patronal, encantados tamén coa mordida, con (entre
outros) o fraude dos cursos formativos para traballadores. Desculpade se
esquezo algún. Sede benvidos á 'Cosa Nostra', o máis puro estilo 'El Padrino'. Con
este panorama, e coa Xefatura do Estado completamente desprestixiada (méritos
sonlle propios) cun Poder Xudicial gobernado por "agradecidos" e unha
Axencia Tributaria amordazada, os inquilinos das rúas Génova, Ferraz ou Córsega
coñecen ben as regras do xogo… A impunidade é sempre a derradeira baza. O noso futuro
e o dos nosos descendentes pinta incerto e preocupante…!
A nosa paciencia, é como un vaso de auga enchese, e
enchese, e enchese, e o final, derramase. Sen decatarnos cál é a gota
definitiva que nos fará saír á rúa, masivamente, e dicir "xa esta dabondo". Pode que tarde pero de seguro, este momento chegara.
Cada pinga enche día a día o vaso de indignación e
xa estamos fartos.
A corrupción non ten pertenza, e seu poder, engulípanos a
todos. A resignación, vaise esgotando a fungueirazos de sobres, papeis, comisións,
sobresoldos. Mentres nós quedamos no paro, non chegamos a fin de mes, non
podemos pagar a hipoteca, desafiúzannos, non temos para calefacción nin qué
comer… asistimos a un novo acto desta traxedia que chaman CRISES. Os papeis de
Bárcenas, ou o último capítulo da entrada en prisión do banqueiro Miguel Blesa,
logo de 15 macilentos días entre rellas xa volve estar na rúa… e o xuíz Elpidio
Silva, por metelo no cárcere, agora pídenlle 40 anos de inhabilitación, é
dicir, a expulsión da carreira xudicial, por prevaricación e delito contra a
liberdade individual, lembrades o xuíz Garzón..? Poucas sorpresas nos deparan no
seu desenlace. Os guionistas vannos habituando a moito ruído e poucas noces e
logo se te vin non me lembro. Oxalá nos sorprenderan agora no final de acto. En todo caso, dependerá de nós. Ocupala
función, cambiar o guión, e chegar a dicir: "deica
logo Mariano".
Derrubase e privatizase o público: a sanidade, a
educación, a xustiza e agora tamén a seguridade. E para agochar todo precisase
dun espantallo, un artificio de dimensións aló menos semellantes ó colosal
delito que cometen. Que sorte temos co tema do catalán da independencia. É
perfecto. Provoca paixóns, debates asañados e simplistas, gaña adhesións ós
partidos da dereita amais é manexable coma un monicreque. Pasarán o segundo
plano recortes en dereitos e roubos. Mentres vannos desplumando e apropiándose
do que a todos pertence. Resumo: o que veremos todo o ano próximo será o
centralismo do tema nacional a costa do tema social. Quen ouse rebelarse,
pagarao caro.
Agárdanos, pois, todo un ano no que toda a atención
mediática centrarase nun tema, esquecendo o tema central, tanto en Catalunya
como no resto do Estado, que é, o deterioro do Estado de Xustiza Social (benestar
social) e a calidade de vida da poboación española e catalá. Do que se
beneficiarán enormemente ás dereitas españolistas e cataláns, cuxa alianza en
temas económicos e laborais é a responsable de dito deterioro, utilizando
sentimentos nacionalistas en favor das súas posturas, a fin de ocultar a
tráxica realidade social na que vivimos nas dúas veiras do Ebro.
Ninguén esta
contento coa situación actual, todos nos independizaríamos desta chusma chamada
políticos (eu non digo que todos sexan iguais, pero os que mais poder teñen
hoxe, si son os máis corruptos que coñezo). De feito, a maioría da poboación española tamén
rexeitamos ó Estado español de acordo ó slogan do 15-M "non nos representan".
Incapaces de facer, innovar, resolver, o
goberno español, que por xenética ten experiencia en asuntos de represión, está
dando os pasos necesarios para pasar dunha democracia a un réxime autoritario,
antesala doutra ditadura coa que soñan. Sucede cando se é tolerante con quen
por educación ou conviccións é esencialmente intolerante. Xa pasou outras veces
ó longo da historia, pero seguemos "erre que erre".
Cando non houbo chourizos
na Política?. Pode que sempre, aínda así a Política e os políticos son
necesarios porque sen eles non só non deixaría de haber chourizos, senón que
non saberiamos que existen e por riba non poderíamos cambialos por outros. Eses, os
que gobernan? Como é posible que nos deixemos gobernar por tales xestores? Cál
pode ser a imaxe de España con estes gobernantes? Os que votastes a este PP (partido político) saberedes que sodes
cómplices. Con que bemoles podedes
aturalos? Qué máis vos ten que facer un goberno para inhabilitalo de por
vida? Este Caos só é un enfermizo estado das cousas que arrampla con todo e
hipotécanos a nós e as futuras xeracións.
Vostede dirá, porque vostede ten moito que dicir, si vostede vota, é quén di o que haxa que dicir, o que vostede pensa. O principal deste asunto, é o fume nos ollos, que nos queren meter, para que non vexamos os verdadeiros problemas, uns problemas que son unha sociedade corrupta e egoísta fundamentalmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario