“Tuve que olvidarme de las timideces, los miedos y los vértigos. El reportaje es acción. Si pierdes las ganas de luchar quédate en casa porque el reportaje es tener ganas de luchar, tener una cabeza muy fuerte”. C. García Rodero
Cristina García
Rodero é a fotógrafa española máis importante e prestixiosa a nivel
internacional.
Naceu en Puerto
Llano (Ciudad Real) no 1949. Logo trasladouse a Madrid onde fixo estudos de
Belas Artes pola Universidade Complutense. Tras licenciarse obtivo unha beca
para facer unha serie de fotografías que recolleran as festas e costumes
españolas. O resultado foi unha espectacular colección de imaxes en branco e
negro que radiografaba a socioloxía española no período da transición, a medio
camiño entre a tradición franquista e a necesidade de avance cara unha nova
sociedade.
No 1974, Cristina
García Rodero comezou a tarefa de profesora de Debuxo na Escola de Artes e
Oficios de Madrid, para logo, xa convertida nun referente da fotografía
española, exercer a docencia en materia de Fotografía na Facultade de Belas
Artes da Universidade Complutense de Madrid. Dende 1983 ata 2007.
Dende mediados dos 80,
impulsa a súa traxectoria como fotógrafa, recibindo notables premios e
expoñendo traballos a nivel internacional. Entre os galardóns máis importantes conta
o World Press Photo na categoría de Arte 1993 e a Medalla de Ouro o Mérito nas
Belas Artes ano 2005.
A constante na obra
de Cristina García Rodero é a investigación nas costumes populares, as festas e
os ritos, tanto en España como noutros países iberoamericanos. Súas imaxes son,
á vez, duras e comprensivas dunha realidade que a todos resulta próxima pero
que non sempre sabemos mirar.
Expuxo as súas
fotografías nas principais cidades de Europa e América con títulos tan
expresivos da temática como Fiestas
tradicionales españolas, España
oculta, Europa: fiestas y ritos, Eye of Spain, El Monte de las 6.000 cruces ou Lo
Festivo y lo Sagrado.
Dende 1986,
Cristina García Rodero ten publicado sete libros nos que recolle as diferentes
series de fotografías que conforman a súa obra.
É unha das
fotógrafas españolas máis internacionais, pola calidade dos seus traballos,
Cristina García Rodero ten o mérito de ser, dende 2009, a primeira muller
española (a cuarta a nivel internacional) en pertencer á mítica Axencia Magnum,
o que pon ben ás claras o valor e traxectoria profesional.
Nas súas
fotografías móstranos unha visión da conduta e a espiritualidade humanas. Esta
liña antropolóxica non se limita só o territorio nacional, como na serie España
Oculta, senón cá leva tamén arredor do mundo como o proxecto Entre el cielo y la tierra.
No primeiro capta
diferentes estampas da cultura popular española, a tradición, a relixión… E no
chamado Entre el cielo y la tierra,
vemos a vida o través de festivais de diferentes temáticas e ritos doutras
culturas. En ambos proxectos utiliza a fotografía para amosarnos tamén un sentimento
ou unha emoción, ela mesma recoñece que para disparar unha foto necesita
emocionarse.
Poderíamos dicir
que son esas as características principais nas que reparar cando vemos unha
obra de García Rodero. Amósanos diversos elementos do folclore e a repercusión
na sociedade, e non o fai friamente senón có fai dende un punto de vista
sensible e fainos poñer no lugar dos protagonistas. Como exemplo de esta
sensibilidade hai que destacar a súa fotografía preferida, que é Alma perdida
(pertencente a España oculta) na que
unha nena xoga diante dun cemiterio. Nesta fotografía amósanse moitas
contradicións, a vida e a morte, o fráxil e o forte, é incluso máxico e irreal.
Di que é o que sempre lle gustaría representar, a forza, a poesía, a vida e a
alegría.
En xullo do 2012
impartiu unha clase en Grandes
miradas dende as Fragas do Eume.
Ten ganado multitude de premios, entre os que destacan os seguintes:
1985 Premio Planeta de Fotografía
1988, 1989, 1990 y 1991 Premio Mejor Fotógrafo del Año. Revista Foto Profesional de Madrid.
1989 Premio al Mejor Libro de Fotografía en los XXX Recontres Internationales de la Photographie de Arlés, Francia.
1989 Premio Eugene Smith de Fotografía Humanista, New York.
1996 Premio Nacional de Fotografía del Ministerio de Cultura en Madrid.
1996 Premio Olorum Iberoamericano de Fotografía, La Habana.
2005 Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes
2005 Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid
2007 Premio Alfonso Sánchez García de Periodismo Gráfico, Asociación de Periodistas Gráficos Europeos, Madrid.
1988, 1989, 1990 y 1991 Premio Mejor Fotógrafo del Año. Revista Foto Profesional de Madrid.
1989 Premio al Mejor Libro de Fotografía en los XXX Recontres Internationales de la Photographie de Arlés, Francia.
1989 Premio Eugene Smith de Fotografía Humanista, New York.
1996 Premio Nacional de Fotografía del Ministerio de Cultura en Madrid.
1996 Premio Olorum Iberoamericano de Fotografía, La Habana.
2005 Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes
2005 Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid
2007 Premio Alfonso Sánchez García de Periodismo Gráfico, Asociación de Periodistas Gráficos Europeos, Madrid.
2011 Premio Internacional de Fotografía Ciudad de Alcobendas. Segunda edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario