martes, 24 de decembro de 2013

A mirada de Imogen Cunningham



Con 22 anos espiase xa polos xardíns do campus universitario onde estudaba Química para autorretratarse. Era 1905 e Imogen Cunningham morría por explorar, por descubrir, por innovar. Ese afán por adquirir novos coñecementos e por ir máis alá do establecido acompañaríana sempre, converténdoa nunha fotógrafa única, exquisita, na vangarda artística pero tamén técnica. Se algo a definiu foi a súa estreita relación cos avances tecnolóxicos do século XX, que ela soubo aproveitar para mellorar seu trabajo: era unha experta no proceso de revelado. Pero, sobre todo, era unha artista posuidora dunha mirada incriblemente poderosa unha muller valente, á que nada botou atrás. As súas fotografías do marido (Roi Partridge) nu son as primeiras aproximacións da fotografía o espido masculino. Moi influenciada polo pictorialismo de Gertrude Käsebier, Imogen Cunningham foi unha retratista excepcional, unha marabillosa fotógrafa urbana e, en definitiva, una muller única.
















                                                                                                        
http://www.imogencunningham.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario