A PPrepotencia de saberse impotente nun ‘Estado de Derechas’.
Mentres
estabamos entretidos reivindicando a resolución do caso Contador no cisma
hispano-francés. Odio contra o español!, Envexa gavacha!... Qué facer? Declarámoslle
a guerra?
Sete
maxistrados do Supremo espétannos, por unanimidade, que Baltasar Garzón prevaricou
ao ordenar unhas escoitas en prisión entre avogados e cabeciñas da trama Gürtel.
Ironías da vida o xuíz que destapou o maior escándalo de corrupción da democracia
é condenado antes polo mesmo caso: 11 años de inhabilitación!!(e pagar os custes ós avogados de Correa e toda a mafia!), o que na
práctica supón a súa expulsión da carreira xudicial. A prevaricación implica có
acusado obra "a sabendas" de cá súa actuación é inxusta, …en España téñense
producido centos de ordenes de escoitas, algunhas anuladas despois por
irregularidades, e ningún xuíz foi condenado por prevaricar. Garzón é o primeiro.
Os maxistrados do Supremo decidiron que actuou con deliberada inxustiza pese a
cas escoitas foron solicitadas pola Policía, avaladas polo fiscal
anticorrupción, mantidas polo xuíz que continuou a investigación do caso e
consideradas legais por un dos tres maxistrados que no seu día ordenaron
anulalas. É dicir, non era tan obvio para todos que fosen inxustas. Pero qué máis
da. Do que se trata é de destruír o xuíz que destapou no seu día a corrupción do
PP e atreveuse a investigar os crimes do franquismo.
Penso
que esta sentencia terá unha influencia decisiva no desbaratamento do caso
Gürtel ante a nulidade dunha parte importantísima das probas en contra dos
supostos corruptos madrileños, valencianos, etcétera. Un balón de osíxeno. Unha
traba a calquera maxistrado que decida acordar un sistema de investigación
lexítimo como son as escoitas telefónicas. "Todo un desastre", que non lle
quita mérito á sentencia contra Garzón.
O
condenado nesta sentencia non é Garzón, somos nós, como sociedade como pobo, os
sobreviventes dunha ditadura acabamos nunha comedia de toureiros, faralae e
mantilla, charanga e pandeireta. Con esta sentencia fomos condenados a seguir
pretendendo có franquismo nunca existiu, cas redes de corrupción nunca existiron,
có secuestro do poder nos seus ámbitos máis importantes, é pasado. Nos somos os
inhabilitados pola sentencia do Tribunal Supremo. Nós teremos que finxir que
vivimos nunha democracia xusta, moderna e libre. Nós rebozándonos na súa merda
franquista, podrecidos de servilismo, corrupción e represións. Nós, todos nós,
somos os que seguiremos tendo que mirar cara outro lado cando vexamos pasar os asasinos
franquistas saíndo arrepentidos da misa de 12. Nós, como sociedade, teremos que
seguir finxindo que non nos decatamos de que nas cúpulas do poder seguen aclamados
os executores franquistas e seus fillos. Nós cos xeonllos consumidos de axeonllarse
ante o excremento. Nós como sociedade fomos sentenciados a calar ante o
evidente, a aguantala ira un pouco máis, a seguir o xogo a unha morea de
corruptos cando o mofo leva décadas medrando nas cheirentas fendas do sistema. Nós
entraremos na gaiola de ouro (a nosa cárcere) có PP está construído.
España
quedou marcada internacionalmente. A vergoña de recoñecernos nun rancio país de
touros e catetos que sigue rexido polas regras do Señorito paseando con xesto
indolente entre os seus súbditos.
Garzón,
por outra beira seguirá sendo admirado en todo o mundo pola súa valentía por sentenciar
a Pinochet, etarras, GAL socialista,
fascistas arxentinos… indomable e incorruptible, única ambición seu traballo
e facer xustiza.
Pero
nós seguiremos varados nesta praia chea de medos e miseria, de infortunios e vinganzas.
Agardando por alguén que se atreva a axitar eses santuarios de covardía e
ruindade.
Farannos
crer que Garzón fíxoo mal e que esta, e non outra, foi a causa do seu ocaso. Os
ministros do cristián/franquismo de dereitas agora quererán vendernos que foi
unha casualidade que xusto no momento en que ía iniciar investigacións sobre os
crimes franquistas fose descuberto ese xuíz que facía as cousas mal. Por
suposto, os outros xuíces, todos, foron, seguen e seguiran sendo exquisitos na súa
aplicación da lei. …xa estou vendo o 'Informe semanal'.
Eu
xa escoitei a alguén autoconvencerse, de que "algo faría mal se o condenaron". As
portadas de El Mundo, La Razón o ABC cheos de comentarios "no es contra él, es que la ley se aplica a todos por igual" (ja,ja,ja… Familia Real, Familia Franco, Jaume Matas, Fabra, Camps, Zaplana,
Gürtel…, morro coa risa).
Só
espero que non sigamos esquecendo que empezase calando ante unha situación de
inxustiza persoal e rematase aceptando toda esta inxustiza... somos moitos e pódemos,
o poder tamén está en horas baixas, como unha verga fláccida.
Mentres
séguese na defensa a Contador. E axustízamos por unha sátira de monicreques… incluso
a clase política española, expresa a súa queixa sobre o contido dos vídeos, mentres
espertan en nós o espírito nacional/patriótico e arrebátannos o sentido do
humor…
Eu
que pensaba cos 'asuntos de Estado' eran outra cousa. Claro, que tamén pensaba
que estábamos nun 'Estado de Derecho'… ata onte, qué dinme conta qué era nun 'Estado
de Derechas' …de orixe divino, claro esta!.
Buf!!,
case me parece máis sinxelo o do filete de Contador.
Con el respeto que merece España considero que las secuelas de la guerra civil persisten, laten y siguen dejando victimas. Garzón simbolo de pulcritud ante el mundo es transformado en simbolo de indecoro por jueces en su patria. No se han resuelto las diferencias entre vencidos y vencedores pero quien tiene el garrote es quien da con el. Buen articulo.
ResponderEliminar