venres, 3 de febreiro de 2012

Ministros de-votos


Obxectivo: despoxar á sociedade dos logros alcanzados en materia de tolerancia, laicidade e respecto ós dereitos de tódolos cidadáns. Nunha palabra, retroceder. A materia de Educación para a Cidadanía morreu. O funeral foi relixioso: foron os sectores católicos más reaccionarios e os sectores máis extremistas do PP quén envelenaron á opinión pública contra unha materia que nin era adoutrínante nin atacaba á familia nin á liberdade nin a os pais nin a os fillos. Só achegaba distintos puntos de vista sobre a familia, as relacións interpersonais e a necesidade de respecto inda que non se compartan. En calquera caso os nenos non teñen porque ser propiedade dos pais, nun estado aconfesional temos a obriga dunha ensinanza que beneficie a formación integral, as máis das veces o marxe das preferencias particulares dos proxenitores e as súas igrexas. O exemplo máis escabroso desta campaña de propaganda, resúmeno cinco anos de mentiras, a manipulación informativa arredor dun ensaio da editorial Akal titulado tamén "Educación para la ciudadanía". Non era este un manual para os alumnos: era un libro crítico contra a materia dende formulacións de esquerda escribírono Carlos Fernández Liria, Pedro Fernández Liria e Luis Alegre Zahonero, con ilustracións de Miguel Brieva. Este ensaio nunca foi un libro de texto: non respondía ó temario, nunca se usou nos colexios nin foi homologado polo Ministerio de Educación. Tampouco o pretendía. Sen embargo, co título bastou para cós medios da dereita cargasen contra a nova materia empregando este ensaio como munición: citando parágrafos desta obra (onde se criticaba a Aznar ou a Jiménez Losantos) coma si fose un libro de texto homologado, como exemplo de "adoutrinamento" á cidadanía, o doado sería comprobalo con calquera manual de calquera colexio, pero seus inquisidores sempre citan como exemplo un texto que ninguén utiliza. Os autores do libro mandaron cartas os diarios denunciando esta evidente manipulación. As cartas nunca foron publicadas. E aínda hoxe, cinco anos despois, hai xornais e xornalistas que citan o libro de Akal como exemplo do que ensinaban a os nenos nos colexios do malvado Zapatero.

Que unha manipulación tan burda pase por boa demostra unha cousa: que Educación para a cidadanía é unha materia imprescindible.

José Ignacio Wert e Alberto Ruiz-Gallardón parecen ter presa en crear novas leis ou desfacer o consolidado e non descasaran ata conseguilo, aínda que a paternidade dalgúns dos seus proxectos teñen outros apelidos: a Igrexa católica e o sector máis conservador do PP e contan co apoio de UPN, e as organizacións contrarias o dereito ao aborto (como Hazte oír ou Derecho a Vivir) que ven bo o cambio aínda que aspiran a unha prohibición total. Wert elimina Educación para a Cidadanía porque "adoutrina" e trata "temas controvertidos". Se queren evitar o adoutrinamento, que saquen a relixión das escolas… Esta materia foi boicoteada pola Igrexa a pesar de ser consensuada, limada e "puída" cos representantes de colexios católicos. Wert creará unha nova Educación Cívica e Constitucional, aínda que descoñecese qué "controversia" observa o ministro na actual ensinanza da Constitución.


Gallardón, o alcalde que quería ser ministro, e que moitos tiñan por centrista moderado, resultou ser da dereita de toda a vida! …destapouse afirmando que volverá á lei do aborto baseada nos tres supostos (malformación do feto, violación ou trastorno psiquiátrico da embarazada). Adeus á lei de prazos.
Anunciaba o Ministro de Xustiza "Reformar la ley del aborto es lo más progresista que he hecho en mi vida", asegurou. P R O G R E S I S T A. Que mérito ten pretender recuperar unha lei de "supostos" de 1985 e eliminar o actual dereito da muller a interromper seu embarazo... Gallardón sempre sorprende. É un experto refinado na cabriola verbal que engancha ao oínte despistado ou desmemoriado.  Por un lado, contenta a esa dereita á que a lei de prazos deu tantas horas de airados faladoiros en Intereconomía, Popular TV etc…; e por outro, quere curarse en saúde cualificando esta volta atrás cun adxectivo que pretende santificar a súa decisión, adxectivo elixido para a súa nova lei, pero que é en realidade a antiga, isto roza o absurdo!.
Progresista é un termino reconvertido en insulto en boca de moitos hooligans da dereita. De maneira que non creo que cualificar de 'progre' este feliz retorno o pasado sexa do agrado de algúns dos seus votantes. A min, ademais de parecerme incorrecto, sublévame, qué autoridade moral lle dan unha maioría de votos... Volver á antiga lei é regresar a unha dinámica hipócrita. As mulleres terán que volver a dar explicacións para interromper o seu embarazo. O Señorito Gallardón, confirmou a reforma da actual lei de prazos (que permite abortar libremente ata a semana 14 de xestación) para volver a un sistema de supostos igual a regulación do 1985, no que as mulleres terán que alegar motivos para súa decisión, non aclarou cáles serán eses supostos nos que estará permitido facelo. Tampouco cál será o tempo para elo. Ata xullo do 2010, o aborto era un delito. As mulleres só podían recorrer a il en casos de violación (ata a semana 12 de xestación), malformacións (ata a semana 22) e risco para a saúde física ou psicolóxica da muller (sen prazo).
Recordaredes, cómo ese sistema de supostos provocaba cá gran maioría das mulleres (case o 90%) se vira obrigada a alegar 'risco para a saúde psicolóxica' para poder así recorrer a esta intervención, unha fenda que sen embargo, deixábaas desprotexidas a elas e a os médicos. Cabe tamén a posibilidade de que nesta ocasión haxa presións políticas (morais) para que  ese terceiro suposto non se converta nun coadoiro como ocorría antes.
A decisión do Goberno é "un atrópello", a volta ao sistema de supostos "elimina el dereito das mulleres a decidir a súa maternidade", "volvese a poñer a decisión da muller e súa aprobación en mans dos profesionais", as palabras de Gallardón son unha chiscádela a os sectores máis conservadores do partido, e teñen unha carencia: a falta de referencias á planificación familiar e a contracepción. Cá primeira medida en relación á saúde sexual e reprodutiva sexa esta e non a prevención ou o fomento da educación sexual mostra que se fai por razóns ideolóxicas. E iso é moi preocupante...

A experiencia móstranos, que dos tres supostos haberá un ao cás mulleres recorren máis cós outros dous: o de trastorno mental. Deberán demostrar que non están nas súas cabais. O cal casa coa idea conservadora de que en moitas ocasións a muller non sabe o que fai.

Haberá que darlle entonces parabéns ás axencias de viajes que poderán desempoar o vello pack de fin de semana o estranxeiro con intervención hospitalaria incluída. Se isto é progresista, que veña Deus e o vexa. Pode que algúns ministros confundan progreso con regreso e cidadanía con freguesía. Isto afasta a España do entorno europeo, unha volta atrás e unha perda de dereitos.


Creo cá maioría dos católicos non comparte as opinións da xerarquía eclesiástica (Vaticano) sobre cuestiones como o aborto, a sexualidade ós anticonceptivos. Esa xerarquía, que traslada mensaxes negativos e as veces insáns sobre sexo e preséntanos, unha visión nesgada do papel da muller na sociedade, non representa os católicos. A gran maioría dos que se din católicos usan preservativo, teñen abortos, creen na educación sexual dos nenos..., diversidade de opinións e liberdade de elección segundo a conciencia de cada cal, é do que se trata, católicos con dereito a decidir.
As limitaciones non remataran cos abortos; só os farán máis inxustos...
Nas ensinanzas e na moral católica está o respecto a seguir á conciencia nas cuestións de saúde sexual e reprodutiva. Negar os cidadáns a libre elección, supón un regreso os momentos máis escuros da historia. A lei actual confía ás mulleres as eleccións que toman día a día, os cambios propostos xulgan as súas decisións. E…, quén ten dereito a elo? Ese novo modelo, si se fai realidade, forzará ás mulleres a dar a luz; eu creo na libre elección das persoas.

Os homes e as mulleres somos quén debemos tomar as decisións morais respecto da nosa propia vida. E, onde ademais dese factor existen outras crenzas e diversidades, a lóxica é que a lei apoie esa liberdade de conciencia.

En termos médicos, morais, filosóficos ou espirituais non sabemos cándo o feto se converte en persoa; pero as mulleres son persoas xa. E débense protexer. As restricións non funcionan máis que como fórmula para perpetuar as desigualdades entre ricos e pobres. Aqueles con posibilidades económicas sempre poderán encontrar un camiño, os máis pobres arranxaranse con abortos clandestinos e inseguros. Non hai xustiza social nesto.

Outra vez desenrolarase o turismo do aborto, pero o que deberíamos cuestionarnos tamén é qué leva o Goberno a tomar esas medidas que negan o dereito das mulleres a decidir. Estas políticas antepoñen as súas crenzas persoais converténdoas en leis sen permitir que a cidadanía faga o mellor, conforme lle dite a súa conciencia.

Se alguén está arrepentido do que fixo o 20-N, demasiado tarde. Ten catro anos de lamento. Non hai libro de reclamacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario