Xusto denantes do europeo de fútbol estoura na faciana dos afeccionados un mal chamado escándalo sexual… A ver se vos vai desconcentrar e non gañamos... ese si sería un problemón!
Nin a Policía nin o xuíz citou ós futbolistas ós que unha testemuña protexida sinalou como clientes da rede de proxenetas a cal relata "agresións físicas e sexuais" e "si se negaban eran agredidas fisicamente" polos futbolistas, "ante a negativa Torbe colleuna fortemente do brazo, non deixando argumento ningún". Os futbolistas son uns máis dos vergoñentos relatos das servas do pornógrafo mulleres que "choraban e as veces vomitaban", "Torbe manifestoume que tiña que estar cos futbolistas, tendo que acatar todo o que eles quixeran" amais de non cobrar nada porque as ganancias levábaas o director/actor porno. Así que todo rematou como seu amo quería. Ó parecer a escrava enguliu a súa autonomía e cuspiu o diñeiro.
Seguindo a pista de Benzema, Ribéry, Rooney, Ronaldo... e outros, segundo a indagación, David De Gea tería contratado unha cita para que Muniain tivera relaciones coa testemuña contra da súa vontade.
Unha proba máis de cá prostitución non é sexo. Estes prendas poden ter sexo (que involucra consentimento) pagando ou doadamente con calquera, pero aínda deciden mercar a unhas mulleres para que fagan o que lles pete. Todo está autorizado porque xa pagaron. Os desexos delas non importan... o consentimento non se merca, as mulleres parece ser que si, Interior calcula unhas 12.000 mulleres viven deste xeito. Acantoadas en pisos, utilizadas, humilladas, drogadas, ameazadas, porque unha vez tes amo, xa non podes ser ti. Sempre haberá unha foto ou un vídeo que facer público, unha nai á que coaccionar, un pasaporte que gardar…
O Caso Torbe é só un caso entre moitos. Suponse que estas mafias gañan ó día en España uns 8 millóns nun exercicio degradante, indecente, criminal e inxusto. Unha dexeneración da muller, reducida a unha suma inanimada e presa de pel, tetas e coño.
Pero claro, a Selección é sagrada, faltaría máis, son intocables. Isto son migallas de pouca importancia. Porque son todos eles moi "patriotas" e pasean a nosa bandeira polo mundo. Claro, son intocables, sagrados... que digo sagrados, son deuses...!!!!
O problema non é Torbe. Nin De Gea. Nin Isco. Nin Muniain. Nin a Eurocopa ó completo. Ogallá o problema foran eles. O problema, para o Ministro de Interior, é a imaxe da Selección Española. O problema, para os medios é a presunción de inocencia. Pero sexa cal sexa o maldito problema nunca pasa por elas, polas agredidas, as que deixan a pel en denunciar, as invisibles. Unha vez aparcado o coche caro, preto da oficina acondicionada, pisando o reparcheado asfalto, dun país con constitución, médico, polo momento gratis, viven escravas sexuais.
Teño gozado có fútbol, pero sempre tiven sentidiño cos futbolistas, o seu nivel de educación e cultura falta en toda a súa amplitude, cada vez vexo máis cun único currículo, só saber dar patadas a un balón, …moitos chaman a isto talento. rapaces que non serían ricos, senón máis ben pobres, de parentas traballadoras de Casa Torbe, onde da noite á mañá vense cun montón de diñeiro. Isto que fai..., (os nenos fíxanse moito neles) que unha grande maioría queren imitalos, e aquí entramos no caso, cando atopas o parente que considera a prostitución como algo normal e que as mulleres búscano por gusto. Cando lles contas co 90% das cá exercen (cifras da Policía) son á forza, chámante: comunista, venezolano, de Shiriza, que sabes ti da vida... Este é o nivel, e a nada que afondas amosase a verdadeira realidade de homes de éxito, eses de cochazo, eses de zapatillas caras e espírito de superación, eses que levan con orgullo a camisola de España, eses tamén son Torbe. É unha realidade incómoda, silenciada, obviada: como unha multa, un pago en negro, as venéreas, a evasión fiscal… son danos colaterais, rebeldía inherente á xuventude, a masculinidade, á fama, uns homes que, tendo á muller que lles apetece, recorren a "profesionais". Millonarios de sufrida esposa cornuda, (estándar inherente ó puteiro) que fóden a mulleres con acento e sen vida propia de 50, pero o realmente importante, (pronto o esqueceremos) celebrar a última vitoria empoleirados á Deusa Cibeles ou outra fonte calquera, que máis ten...
Ningún comentario:
Publicar un comentario