venres, 14 de febreiro de 2014

Volve ó Congreso o aborto de lei (conciencia ou disciplina)

Outra vez o aborto, case que todo o PP rexeitou por voto secreto a proposta do PSOE pedindo a retirada da reforma do aborto, Prietas las filas, todos como un Gallardón, incluídas as mulleres. Esas mulleres do PP (incluídas as votantes) que non son mulleres, son señoras, incluindo a ideoloxía non nos enganemos.

"No voten como diputadas del PP lo que no votarían como mujeres"        
(E. Valenciano PSOE)

Chámense Villalobos, Fátima, Cospedal ou outra calquera estas coherentes señoras da súa casa, o "descanso do guerreiro", a nai que suple á orixinal, a que atende a súa familia para có home da casa decida qué facer en cada momento, obedientes perriños faldreiros..., boas nais e esposas de educación relixiosa e ideas tan claras que nin sequera necesitan pensar, se non fora así non pertencerían a un partido como o PP. Son esas señoras que logo acompañaran ás fillas embarazadas a Londres a facer unhas compriñas en Harrod's aproveitando... Ah! logo saúdanse na misa de doce onde o sacerdote arenga "Excomulgadas todas las mujeres que practiquen un aborto, todos los que participaron de él y todos los que lo consintieron", e en relación a unha violación "una mujer que es víctima de la violencia, no debe practicar más violencia abortando. Se le debe ayudar a superar el trauma pero nunca hacer más violencia" son esas moldeadas da costilla dun varón, que non denuncian á Igrexa por abusos ós nenos, claro, iso non é un delito, porque o neno xa naceu… Señoras Botellas, Aguirres, Cospedalas, Sorallitas, Anitas Mato... señoronas de mantilla, peineta, rosario, confesión de primeiros venres e avultada conta corrente. Señoras da rúa Serrano ou rúas céntricas de cada pobo…

Dama dama de alta cuna                                           
De baja cama, señora de su señor,
Amante de un vividor.
(…)
Envuelta en seda e pieles,
Devoradora de esquelas, partos y demás dolores
Emisora de rumores, asidua en los sepelios
De muy negros lutos ellos.
El sábado arte y ensayo, y el domingo en los caballos
En los palcos del real, los tés de caridad
Jugando a remediar, es una...
(…)
Puntual cumplidora del tercer mandamiento
Algún desliz en el sexto,
Pero buena madre y esposa de educación religiosa
Y muchas veces se ha dicho
Que si no fuera por el riesgo
Sería el niño en el bautizo,
La novia en la boda,
Y el muerto en el entierro,
Con tal de dejar su sello. (*)

as ideas gardanse para o chocolate con pastas, as tendas caras, perruquerías salas de masaxe, ximnasio ou tertulias da tele, de feito, no PP levan opinando o mesmo dende tempos dos Reis Católicos, ou pode que antes…

"En el PP hay diferencia de ideas pero siempre opinamos lo mismo"
(Martínez Pujalte PP)


As/os que deciden sobre os problemas dos demais non teñen problemas… non necesitan da sanidade pública porque teñen a privada, non necesitan transporte público porque teñen coche, non necesitan ensinanza pública porque van á privada, non necesitan banca pública porque son accionistas da privada e non necesitan dereito ó aborto porque en caso de necesidade vanse de compras a París ou Londres a calmar a 'depre' que din provoca a unha muller abortar.
Gallardón considera cás mulleres que abortan fano por presións sociais e non por vontade propia, co que parece có Ministro considera ás mulleres incapaces de cavilar, ó manifestar que unha muller que non é nai é un ser incompleto e frustrado.

Unha lei restritiva que fai ás mulleres presas das decisións dun ministro beato, supeditado ás imposicións da Conferencia Episcopal, unha lei supeditada o beirado máis á ultradereita dun partido que acolle no seu colo as ideoloxías máis reaccionarias, integristas, machistas de todo o electorado, razón pola cal neste triste país gobernado por este partido que se di de centro e ideoloxía sumamente retrógrada, non existen partidos de ultradereita. Ós máis reaccionarios chégalles có Goberno de Rajoy, lexisle, como demostra coa lei de 'Protección da vida do concibido e dereitos da embarazada', como o máis ultra de Europa.

O Congreso foi un exemplo de asentimento feminino, unánime e silencioso, que impón a secular submisión, unha triste recua de úteros prisioneiros de ser consecuentes coas ideas de beleza dos machos alfa a necesidade de depilarse o pubes, e pasar por quirófano para extirparse tetas… Ovarios en mans da curia e un neoliberalismo inhumano que quere unha masa traballadora sometida á penuria para así poder explotala mellor, a dignidade en mans do BOE, o drama de ser muller no PP é retrotraerse ó século XIX. Un Pleno do Congreso dos Deputados que aínda hoxe cheira a voto de testosterona... nesta España da beatería, da sección feminina e da falanxe no roubo de dereitos das mulleres en regresión casposa. Non entendo a predisposición que teñen a ser sometidas polo macho.


Celia Villalobos que di unha cousa pero vota a contraria, reflexa moi ben o drama de ser muller no PP, a loucura de seguir adiante cun aborto de lei que retrata ás femias como inferiores pretendendo manter en equilibrio a dignidade por razón de xénero. 

A ver se nos decatamos, unha lei que defenda o aborto sen restricións non significaría a desprotección do "TEU" feto ou fillo porque ti tes a liberdade de telo, non, non van poñer unha brigada abortiva de policía que te obrigue abortar…, en cambio o que fai a lei Gallardón é eliminar a seguridade xurídica de quen non pensa coma ti e opta polo seu dereito a abortar.



(*) Anacos de 'Dama Dama' de Cecilia

Ningún comentario:

Publicar un comentario