15 días despois da
traxedia, todos, non só os subsaharianos, senón toda a poboación tería que
implicarse, porque a todos nos doe se nos morre un familiar, e os mortos son
humanos polo tanto familia de alguén. Ninguén merece pasar por isto, lembremos
o accidente do Alvia en Angrois, tampouco eran familiares. Doe que suceda esta
matanza, e ninguén diga nada e que moitos medios de comunicación o agochen.
Temos que darlle visibilidade a estas mortes. Un ser humano é un ser humano,
non importa de ónde veña. Porqué case que ninguén responde nin chora polos
mortos? Doe menos a morte dun negro, un pobre, un de fora?
Chama a
atención... nunca se coñece pronunciamento de ningún goberno, de ningún
partido, nin de ningún bispo dalgún dos países de onde veñen... como se viñeran
da nada. Detrás de cada corpo frío, debaixo deses rostros amoratados ten que
haber unha historia. Un nome, unha familia, uns amigos. Uns sonos. Ninguén os
coñece. A quen lle importa. Tan só son uns negros mortos máis. Un número nas
estatísticas. Quince. Como dicir dez, cen, ou dicir mil.
15 homes, segundo as
últimas informacións oficiais. A maioría de Camerún, ningún pasaba dos 26 anos.
Tentaban chegar a Ceuta a nado dende Tánxer. A Garda Civil e unhas bolas de
goma impedíronllo. Mentres se aclaran as circunstancias, entre versións que
cambian e vídeos que se agochan ou manipulan, queda a dor.
Ocorreu tal e como
mostran algúns vídeos afeccionados. Alguén ordenou disparar pelotas de goma,
balas de fogueo e botes de fume para impedir ó grupo alcanzar a nado a Praia do
Tarajal onde morreron afogados. Tan aterrador como soa. Disparouse para impedir
cás persoas que estaban no mar, agarradas a fráxiles flotadores, puideran
chegar á terra.
Eran seres humanos con
dereito a vivir dignamente, como nós; pero seu orixe, cor de pel e miseria herdada
impedían un trato digno. Seu pecado ter nacido na miseria e aspirar a unha vida
mellor, e ser capaces do sacrificio para conseguila. Non teñen nada, polo que,
que poden perder no camiño da esperanza?
Por iso, produce
repugnancia escoitar as palabras do Ministro do Interior, evadíndose de responsabilidade
pola morte dos inmigrantes subsaharianos, o relato era tan terrible que
primeiro foi negado polo Delegado do Goberno logo polo Director da Garda Civil Arsenio
Fernández de Mesa, afirmando reiteradamente que non se empregara a forza contra
eles, negando que houbesen disparado
pelotas de goma cando así o afirmaron testemuñas presenciais, chegando
incluso o Director Xeral da Benemérita a ameazar con quérellas criminais a quen
inxuriase cuestionando a "sulabor", "No, pelotas de goma en la mar no, según los datos y los
informes que tenemos hasta este momento. Dicen que se han utilizado en la
valla, evidentemente, para impedir el asalto que se pretendía hacer por un número
importante de subsaharianos", para logo insistir na actuación "impecable" da Garda Civil, e
referiuse ás críticas das ONG dicindo "lo
que tenían que hacer esas organizaciones es "interesarse" por los
tres agentes heridos en esa actuación" e engadiu, "deberían preguntar de vez en cuando en qué condiciones realizan
su trabajo, porque nunca lo han hecho y estamos esperando que alguna vez lo
hagan también". Finalmente, o Ministro do Interior admitiu, no
Congreso, que efectivamente utilizarase material antidisturbios contra das persoas
que estaban no mar, coa aparente intención de aterrorizalas para que volveran a
nado á costa marroquí. "Las órdenes
fueron que hubiera varios metros entre el impacto de las balas y los
inmigrantes”, explicou e chegou a dicir cás persoas que intentaban chegar á
praia tiñan unha actitude violenta. Cómo se decata un da actitude violenta
dunha persoa nadando ou collida a unhas botellas a modo de flotador? Balas de
goma, disparos de fogueo que soan tal cual as balas de verdade... Cómo pretendían
reaccionaran esas persoas que buscaban desesperadamente a praia? Como o fixeron:
con medo, pavor, pánico… Afogándose... dramáticas consecuencias xa coñecidas.
O Goberno volve a
mentir e decatámonos porque testemuñas con cámaras e periodistas fan valer o
seu deber ético e profesional: poñer en dubida a versión oficial, como calquera
outra, e sinalar o montón de mentiras coas que nos agasalla o Ministerio do
Interior, dende o Ministro ata os portavoces en Ceuta e pasando polo Director
da Garda Civil. Témonos que sentir, aló menos eu síntome, cabreado, indignado
pola vergoña…
Os medios
difundiron con intensidade imaxes dun montón de persoas escuras que nunha
madrugada escura asaltaban a valla e enfrontábanse á policía. Seguramente que
máis dunha persoa tivo medo. Pavor. Sentido dende a comodidade do sofá onde o
teledíario asaltaba a propia intimidade. Seguramente ese era el efecto que se
buscaba.
Pero a
pregunta ten que ser máis profunda. Mellor, a resposta... Por qué razón esa
desesperación por saltala valla? Cál é a razón para decidir un día este largo e
incerto camiño migratorio?
…poden ser miles as respostas. A fame, as guerras, a persecución política, a desaparición de oportunidades, a ilusión dunha vida mellor vendida pola publicidade das cadeas de TV por satélite… África é un continente rico. Pero a riqueza está en poucas mans. Os mortos do Estreito son mortes causadas pola voracidade e o saqueo a que foi sometida, pola pobreza e inxustizas acumuladas en anos de espolio, escravitude e colonialismo, á imposición polas ex colonias de gobernos monicreques. As transacionais que seguen saqueando África, aprópianse dos seus recursos, da auga, da comida..., do coltán, mineral que se usa en móbiles e ordenadores e xera guerras…

Na aldea global onde vivimos, a solución pasa por ser global, 300 cidadáns españois están sendo expulsados de Bélxica alegando non poder costear súa atención sanitaria. Centos de miles de españois están emigrando de España fuxindo do desemprego e da pobreza, arrebátanlle os seus dereitos, o goberno négao e desenténdense dos problemas que padecen fora de nosas fronteiras… Cada día estamos máis lonxe das solucións para o cambio climático, a degradación ambiental, aumentan as desigualdades, medran as trabas ás migracións con políticas homicidas, e disparase o número de refuxiados e desprazados a causa das guerras, estados fráxiles e desastres climáticos. Cada día son máis as persoas sen acceso a medios de sustento e empregos dignos... Tres cuartas partes das persoas máis pobres do planeta son mulleres e en todo el mundo seguen sendo evidentes as discriminacións en forma de comportamentos e lexislacións. Estamos a falar de pobreza de desigualdade, o boom económico non frea a pobreza. Londres non quere máis inmigrantes en Suíza a dereita imponse nun referendo que pode converterse nun novo valado, nun novo muro…
Pero nin
en Ceuta, nin en Bruxelas, Londres nin Suíza se levantan muros nin valados ás
transacionais, que untan a gobernos ladróns e corruptos.
E a pregunta é se as grandes maiorías europeas seguirán permitindo e apoiando que unha minoría siga impoñendo seu credo neoliberal salvaxe e criminal.
A verdade é teimosa, as probas demóstranse, pero todo indica que non puideron chegar á praia porque llo impedían as pelotas de goma, no có Ministro denominou "fijar la traza fronteriza en el mar", e supuxo poñer en perigo vidas humanas, que por esgotamento, impotencia, medo e desesperación, acabaron no fondo do mar. Parece evidente. Non?
Xa coñecemos a crueza do dramático suceso. E estase demostrando mentira tras mentira, a conduta de quen deu as ordenes de disparar: toda a declaración do Goberno é mentira. A actuación das Forzas de Seguridade do Estado foi, sen dubida algunha, a causa da morte de 15 seres humanos indefensos. E isto debe ser motivo de dimisións... houbo aló menos omisión de socorro e quebrantamento dos Dereitos humanos… Triste espectáculo, pero máis triste aínda é pensar cá maioría dos cidadáns mostren unha absoluta indiferenza ante este tipo de traxedias. A deshumanización da sociedade parece terse globalizado, e condúcenos a un camiño sen retorno, a indiferenza dos bos seguirá permitindo o espolio e a miseria…

Das palabras dun ministro incompetente, torpe e insensible, que alivia súa
conciencia dándose golpes de peito e comulgando domingos e festas de gardar, ou
das declaracións do Presidente de Melilla Juan José Imbroda: "Si la Guardia Civil no puede actuar
con los elementos antidisturbios que tiene allí para defender la frontera
española y sin embargo, sí puede actuar aquí contra cualquier manifestación,
contra cualquier español, entonces ponemos azafatas en la frontera con comités
de recibimiento, porque no pueden hacer nada" a min gustaríame saber
ónde está o sentido común e a conciencia
dos nosos gobernantes? Nunca terán pensado cós inmigrantes, subsaharianos ou
galegos, son seres humanos con sentimentos, ilusións e esperanzas, que aspiran
como calquera a un trato digno?. Entre
recibilos con azafatas e dispararlles con pelotas de goma mentres están no mar,
hai un mundo.
O Ministerio ven de
anunciar cambios na Lei de Estranxería para adaptala as súas trolas. O Goberno
vai a legalizar as devolucións inmediatas. E vaino facer cun tratado bilateral
con Marrocos, que nunca da nada sen pedir algo a cambio. Todo para poder seguir
expulsando persoas pola fronteira en cuestión de minutos, sen dar explicacións,
sen nin sequera tomarlles identificación.
E isto é un espello no
que tamén se ven reflectidas as desigualdades e as incoherencias das nosas
propias políticas nos nosos territorios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario