por abc
"Só pretendo mostrar o que hai de transcendente no ser humano, o seu espírito"Ricard Terré, un dos grandes fotógrafos documentalistas do século XX.
A principios da década dos cincuenta, a fotografía presentaba no noso país un panorama bastante desolador. Tódolos esforzos e os éxitos notables conseguidos nos anos trinta que fixeran da fotografía unha ferramenta ao servizo do progreso e do arte máis novo e avanzado, quedaron interrompidos pola Guerra Civil. E a posguerra foi, como a poética definición de Luís Martín Santos en Un tiempo de silencio.
Nacido en 1928 en Sant Boi de Llobregat (Barcelona), este catalán instalado fai 40 años en Vigo, comezou sendo pintor e caricaturista. Foi en 1955 cando empezou a practicar a fotografía. Nese momento entrou en contacto con membros da Agrupación Fotográfica de Cataluña onde coincidiría con Xavier Miserachs e Ramón Masats, cos que expuxo por primeira vez en 1957 na exposición Terré-Miserachs-Masats. En 1958 integrouse no grupo AFAL (Agrupación Fotográfica de Almería) onde pasou a formar parte da súa directiva e participou en todas as súas actividades. Súas obras más coñecidas realizounas entre 1955 e 1960. Na década dos 60 abandonou a práctica da fotografía. Tras 20 anos de silencio porque dicía, no lle interesaban os encargos "decorativos", na década dos 80, xa xubilado, reiniciou a actividade fotográfica e a súa obra comezou a recibir, con exposicións tanto individuais como colectivas e libros, o recoñecemento que tanto merecía. Faleceu o 29 de outubro de 2009 en Vigo, tras unha longa enfermidade, hoxe redescóbrese asombrosamente moderno, un dos modernos, sen dubida, da fotografía española.
Aínda que el distinguía estas dúas etapas na súa vida de fotógrafo, o certo é que se negaba a datar as súas imaxes porque consideraba que o que importaba delas era o xeito en que reflectían o espírito humano. "As reaccións do home fronte aos grandes acontecementos, como a morte, son as mesmas en calquera lugar e en calquera momento".
Esta obra é o cuarto volume da colección "Ricard Terré. Obras Maestras" é un recorrido antolóxico formado por 160 fotografías de diferente formato, onde se amosa como Ricard Terré, utiliza a fotografía para expandir a súa mirada irónica, seu sentido do humor e obter un retrato do seu entorno no que explicala condición humana cunha mirada de impecable elegancia, empatía e calidade sentimental; algunhas máis coñecidas e outras inéditas, ademais dunha serie de textos que nos achegan a sua vida e obra grazas o traballo de Laura Terré, filla, investigadora e crítica fotográfica, e Chema Conesa, xunto con algúns escritos do propio Ricard Terré.
Un dos elixidos por Cartier Bresson na exposición que acompañou a súa retrospectiva fai uns anos, cunha mirada subxectiva que buscaba a alma máis aló do rostro ou a crenza por detrás do rito.
...a obra fotográfica de Ricard Terré soe producir reaccións moi diversas entre os espectadores. Apaixona a moitos e desconcerta a moitos outros. En ocasións, non gusta. Ou, máis aínda, incomoda. Sexa cal fose o caso, xamais nos deixa indiferentes e iso faino sumamente valioso... un autor difícil de encadrar...
Según Terré, a forza da fotografía esta en poder mostrar a os demais un acontecemento irrepetible. A súa forma de creación estaba máis preto da poesía que da crónica, na que unha imaxe non vale máis que mil verbas, senón que conten mil sentidos. Utilizaba as imaxes non como representación da realidade, senón como a metáfora doutro mundo interior. Súa obra caracterizouse tamén polos encadres arriscados das imaxes, contrastes acentuados na procura da proximidade cos modelos. Non era a súa unha fotografía de reportaxe senón, máis ben, poderíase definir como un ensaísta da fotografía.
Nunca foi un fotógrafo profesional nin pretendeu selo, pero dende esa afección metódica por reflexar a realidade sen intervir nela deixou un legado de referencia para tódalas xeracións. "Sólo pretendo mostrar lo que hay de trascendente en el ser humano. No pretendo reflejar hechos ni formas individuales de sentir. Lo que busco es el espíritu del hombre, esa esencia fundamental que permanece en el tiempo y que está en todos los lugares", escribiu Terré en 2004. Moitas desas escenas, principalmente na Cataluña e Galicia dos anos 50, 60 e 90, saen agora á luz para demostrar cá etiqueta de "documentalista" quedase corta para un autor que "conmove dende o amor e o respecto ás persoas".
Estampas cotiáns de festas en Vigo, o mercado de Lugo, feiras de Lalín e Santiago, unense ás capturadas no circo de Barcelona ou nas praias onde residían as viúvas de pescadores en Albufeira (Portugal). Todas elas en branco e negro, co obxectivo recollendo as sensacións dos seus protagonistas e sen máis intención que ser fiel á realidade."Me gustaría que algunos de los protagonistas de las fotografías se reconozcan cuando vengan a ver la exposición. Estoy segura de que él estaría emocionado", di a súa filla Laura Terré.
Este recorrido antolóxico formado por 160 fotografías que conforman un reler da obra deste catalán afincado en Galicia dende 1959 ata a súa morte. Sempre defendeu seu carácter non profesional, reivindicando súa independencia e liberdade fronte ás presións externas. Metódico e paciente no traballo, logrou algunhas fotografías que trascenderon como referentes dunha época. En 2008 gañou o premio PHotoEspaña Bartolomé Ros.
Máis:
http://www.ricardterre.com/cndex.htmlhttp://tienda.lafabrica.com/en/obras-maestras/2628-ricard-terre.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/20/galicia/1305909115.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/05/20/barrie-exhibe-vigo-obras-maestras-ricard-terre/546453.html
Máis:
http://www.ricardterre.com/cndex.htmlhttp://tienda.lafabrica.com/en/obras-maestras/2628-ricard-terre.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/20/galicia/1305909115.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/05/20/barrie-exhibe-vigo-obras-maestras-ricard-terre/546453.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario