luns, 5 de decembro de 2011

A diferenza entre ter enterrado a un familiar nun cemiterio ou nunha cuneta…

por abc

Eu, non son créente, non entendo a diferenza de estar enterrado nunha cuneta nunha horta, no mar ou un cemiterio, inda por riba despois de estar 60 anos morto. Son donante o día cá 'palme', se o meu corpo non é máis que unha 'piltrafilla' para a ciencia, que me enterren onde mellor lles pareza.

Agora ben, si alguén a quen ti queres sácano da casa danlle un paseo mátano e lévano a unha cuneta, amais da rabia e dor intentas honrar a súa memoria dándolle unha sepultura a teu entender digna (da igual que sexa católica protestante… ou tiralo ao mar). É o mínimo que se pode facer como ser humano, aínda que non o pareza quedan fillos daqueles das cunetas. Son como os pais de Marta del Castillo, non lles dará o mesmo pensar ca súa filla esta morta, non aparecelo cadáver a que apareza aínda que sexa nun vertedoiro. É nin máis nin menos que poñerlle un punto final á unha situación, non só unha coma, un guión, uns puntos suspensivos e cambiamos de liña. Sabendo que están aí, sabendo que hoxe poden ser identificados, os familiares das vítimas do franquismo están en todo seu dereito en pedir a busca e exhumación dos restos, tratase non só de relixión, de vencedores e vencidos tratase de conciencia humana, de non agochar o que somos…


        

Canto non máis, creo có realmente importante, se se busca o respecto ás vítimas, é eliminar eses faraónicos mausoleos, pretensiosos como o Val dos Caídos, lugar de peregrinación de nostálxicos da ditadura.


Ben, en cuanto a laicismo estou plenamente convencido, non se ten acadado en ningún momento neste pais, de feito aí segue vixente o concordato coa santa sede, traducido en prebendas fiscais a igrexa católica ou o complot para pagar ensinanza concertada católica, aínda que xa se sabe isto é porqué é moito mellor, 'ondevasparar': somos o que comemos…!!




Máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario