sábado, 21 de setembro de 2019

EN BUSCA DO CENTRO DESESPERADAMENTE


Imagen relacionada

Xa van uns días do fracasado intento de investidura, Pedro Sánchez comeza atacando rabiosamente a tódolos partidos e culpa, a todos, da repetición de eleccións. Unha táctica que non parece axeitada nin en política nin na casa, aparte de soar algo paranoíde... "no podría haber dormido con ministros de Podemos" "nadie cercano a Iglesias pude ser ministro, porque no tienen experiencia de gestión." o que deixou Cultura a Màxim Huerta ou Ciencia y Universidades ó astronauta Pedro Duque, reputados xestores si Sr... "los líderes de dos partidos no pueden estar en el mismo gobierno" de onde saca estas afirmacións cando en Europa estas situacións son as máis repetidas nos últimos anos? Por que os líderes dos partidos coligados non poden gobernar xuntos? Como o sabe se non o intenta?

"Soy-el-líder-del-partido-más-votado. Soy-el-líder-del-partido-más-votado."

A entrevista concedida a Ferreras non ten desperdicio, falou máis de Errejón que do programa electoral do PSOE. Un PSOE, penso eu, que xoga un papel clave, dar aparencia de democracia, ó facerse pasar por esquerda, no fiadeiro define ó PSOE (penso, estase autodefinindo el mesmo) como socialdemócrata, moderado... por? por aproveitar as posibilidades de doutrinas e partidos contrapostos aos fines que se desexan conseguir? "Estos son mis principios, pero si no le gustan, tengo otros." [G. Marx.]

Como se atreve a dicir co 95% dos españois non durmirían tranquilos si UP estivera en Facenda, Transición enerxética ou Traballo? Como se atreve a converterse en portavoz do 95% dos españolis, si nin sequera o 28% co votou esta de acordo con el?

Non haberá Goberno progresista de coalición e volveremos a ser convocados ás urnas, tal e como desexaban os grandes banqueiros i empresarios. Como exemplo: John de Zulueta, presidente do Círculo de Empresarios afirmou rotundo nunha entrevista: "Los empresarios van a dormir más tranquilos porque el efecto de Podemos sobre la economía iba a ser devastador". Hostias! quen é o ventrílocuo e quen o boneco, quen habita na Moncloa!

Con Rivera no! Con Rivera no! Con Rivera no!

Na Moncloa ten que haber un gas que ven afectando a tódolos seus inquilinos, encapsulados nunha burbulla e íllaos da realidade, fainos arrogantes e solitarios.

A técnica do PSOE: desfigurar a realidade con ruído e esperpento, nos medios e en privado, agora unha cousa, logo a contraria, agora unha filtración, agora un desmentido desa filtración, e así ate que ninguén saiba xa que esta a pasar. Un partido que se foi acomodando onde na rúa din centro, una forza que desde a esquerda ameaza con diluírse en centro para ganar novas posicións na contenda electoral que se aveciña e serve para que grandes segmentos de clases medias e traballadoras se decaten que estamos ante un novo PSOE cunha nova narrativa, cun novo discurso, baleirado en boa medida das opcións máis á esquerda do que dicían ían defender. Pedro Sánchez rachou a tendencia típica da socialdemocracia, ala quedou o marxismo, o laicismo, o federalismo, a república, a xustiza social, o ecoloxismo e o feminismo. O PSOE leva 40 anos sendo de esquerdas en campaña e de dereitas no goberno.

Que foi daquilo de derrogar a Lei Mordaza?. E a Reforma Laboral?. E os nomes da lista da amnistía fiscal do PP?... E as mentiras de Carmen Calvo...?

O final, no labirinto que quita o sono de Sánchez, todo se reduciu a este dilema: evitar a repetición de eleccións ou matar a Pablo Iglesias. Optou polo segundo...

Que sentido ten prolongar a inestabilidade política máis tempo, si o final terá que volver a negociar con Unidas Podemos, incluso si este sae debilitado deste proceso? A única resposta a esta pregunta é que, en realidade, o que o PSOE cavila é pactar con C’s. Ou co PP. Ou, se cadra!, cos dous á vez.

Oio, leo, penso... E penso que son porque me cabreo. E dáme por teorizar que, arrodeados de tanta soberbia mediocre e de tamaños egos, non é desertar a solución nin absterse o remedio. O que vota a corruptos é responsable da corrupción e o que deixa de votar nunhas eleccións é responsable do ca abstención poda traer.

A rabia nos comentarios alivia moito a tristeza e a desesperanza.

Pedro Sánchez, un besito de buenas noches... agora son eu o que conta ovellas sen pegar ollo. Outro sono esnaquizado por mágoa do PSOE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario