"Uns "manteiros" atacan masiva e
indiscriminadamente a uns turistas coa complicidade de ‘la Colau’"… pola
agresión que sufriu un turista nunha tángana na que participaron uns vendedores
de rúa (circunstancias aínda non aclaradas) unha, diría excepción, no
comportamento totalmente pacífico dos "manteiros" …non enganarse, vendedores
dos mesmos produtos que mercamos nós nas nosas feiras e festas.
Os "manteiros", NON estacionan
coches no carril bus para sacar diñeiro nos caixeiros...
Os "manteiros", provocan perdidas, con risco de quebra, a El Corte Inglés, Zara, Primark, Fnac…
Os "manteiros", xeran inseguridade, están armados ate os dentes, son el exército...
Os "manteiros", non son bos para a convivencia, esta, a nosa, a boa, a que xeran os políticos que venden as Vivendas de Protección Oficial a fondos voitre, os que saquean as arcas municipais e deixan débedas por millóns que contratan a Bancos amigos e duran anos.
Atacar ós Concellos, cos "manteiros", é proba de co están a facer ben, non teñen outra razón para botar por terra ó traballo que están levando, baixando débeda e impostos, enderezando empresas, que no seu día foran agasalladas, obrigando a cumprir o contratado a construtoras que cobraban por traballos non feitos, expulsando de IFEMA as lapas, levando ante os tribunais a cesión de vivendas que orixinaron inmensas perdas ó Patrimonio dos madrileños, a futura reforma da Castellana e Gran Via… un 50 % máis de vivendas sociais, un 10% menos de edificabilidade e un 30% máis de xardíns, facendo fronte ós excesos de Ana Botella que, entre outros, firmou a concesión de mantemento e limpeza de Madrid por valor duns 2.400 millóns/ano e condiciones só a favor de contratistas e débeda por 8 anos.
Uns políticos delincuentes que buscan delinquir sen que
lle poidan pedir contas por seus crimes, brancos, branquísimos, que nunca (iso
si) comprarían unha imitación de Loewe ou Chanel nun "top
manta", inventando unha realidade paralela incrible, que só tragan
electores simples, enxeñaría social co único fin de gobernar á sociedade a
través de idiotizala de forma progresiva. Cando botarán unha ollada?, só que
sexa de cando en vez, a seus homólogos europeos e deixarán de mirar al Caudillo
ou ós Reis Católicos…?
As políticas de privatización respecto ós servizos
públicos, especialmente a sanidade, convertendo en mercancía os nosos dereitos,
e resultado cando menos catastrófico. Mesmos políticos, tales, que só miran por
intereses partidistas, e levan pelexando anos pola competencia no mantemento
dunha plataforma ate que ó final cae en anacos. Sorte non houbo desgrazas
considerables. Este caso ilustra á perfección en mans de quen estamos e o que
preocupa nosa seguridade e benestar.
Alentados por unhas tribos ‘wasapeiras’ como difusoras de
simples mensaxes ultras, racistas, demagogos e faltos de argumentación que
buscan, asento preferente no poder dos afines nun momento no que nada está
asegurado. A batalla na dereita librase palmo a palmo e cada día no linde máis
extremo.
Os "manteiros", son
uns indesexables e son a ruína e o medo ("El miedo a la libertad",
que expuxera Erich Fromm no seu libro), por este feito, úsanos como foco de
atención como perigo e ameaza á seguridade cidadá, tratase dunha estratexia baseada
e intencionada nun descarado enmaráñameto da realidade para ocultar súas andrómenas,
unha cortina de fume, que á vez serve para arremeter contra os adversarios
políticos. A pura mesquindade…!
Por outra banda, os responsables de que estes produtos estean
nas mantas non son os "manteiros". Estes mercan en naves dos
polígonos industriais e bazares orientais da mesma maneira que podemos facelo calquera
de nós. E estes produtos entraron por portos e fronteiras sen que ninguén o impida…
Que as grandes superficies ou tendas de luxo da Gran Via vexan
ameazadas as súas vendas por uns cantos "manteiros" con bolsos de plástico
de imitación, é de carallada, a non ser porque hai quen o cree e utiliza.
Quen está a cargalo pequeno comercio non son os "manteiros",
se non as multinacionais, grandes superficies, empresas como Zara, Primark,
H&M etc… capitalismo low cost, que e vez de subir soldos baixan prezo e
calidade a costa de traballadores subcontratados sen cumprir códigos de
conducta e estándares de produción en Bangladesh, China, India, Turquía,
Marruecos, Brasil e India, e por suposto o comercio por internet (Amazon etc…).
E ninguén se pregunta onde pagan impostos, ou se os pagan... Véndennos a
"libre competencia" o "libre
mercado", e endexamais foi menos "libre" entre tantos monopolios
como poboan a actualidade.
Aqueles tempos!, cando se chamaban "top manta"
e vendían CD's de cantantes de moda e películas de éstreno que agora venden
Netflix, HBO, Amazon… case o mesmo prezo, cando Ana Belen e Sabina ou Amenabar
e Almodovar clamaban ó ceo en toda entrevista ou fiadeiro ou nos discursos dos
Goya contra da pirataría nos "top manta"…
O perigo non está nos inmigrantes pobres, senón nos mil
millonarios que teñen o noso, diñeiro… Son estes os bos patriotas que molan?
Non nos enganemos, o resto xenofobia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario