O paso
do tempo, non borra as miradas dos vigueses. As cámaras do estudio Pacheco
capturaron a súa esencia, e tras do obxectivo fotográfico un século emerxe de
novo hoxe. Dende unha imaxe que testemuña o estado do Teatro Rosalía de Castro logo
do incendio de 1910, á instantánea que recolle a apertura dunha oficina
bancaria na cidade, todos estes documentos gráficos teñen un importante valor
testemuñal, onde se recolle a evolución da sociedade de Vigo e Galiza o longo
de máis de 120 anos…
A orixe
do estudio fotográfico Pacheco remóntanse o ano 1870 co traballo do italiano
Filippo Prosperi e súa dona, Cándida Otero, quen se asociará co fotógrafo
portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco.
Xaime
de Sousa Guedes Pacheco, nado na Serra da Estrela (Portugal), Iniciouse na
fotografía co seu irmán Xosé Pacheco nun estudio que posuía en Ourense, e
formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil en 1899, con quen realizou
exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en
Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co
falecemento desta en 1915, a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser
propiedade exclusiva de Xaime, o negocio arranca como "Fotografía Pacheco" e o estudio desenrola seu traballo ate o peche no ano 1994. Foi colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC,
Blanco y Negro, Vida Gallega e, principalmente de El Pueblo Gallego.
Especializouse en retratos de estudo de xente anónima e de persoeiros. O seu
traballo caracterizouse polo emprego da fotografía como memoria social,
especialmente de Vigo.
Xaime
Pacheco funcionaría no estudio, tratábase dun traballo mellor considerado na
sociedade da época có traballo nas rúas. O seu sobriño, Horacio, que viñera a
Vigo á idade de 15 anos, facía o traballo de rúa. Fixo fotografías dos
diferentes recunchos da cidade, os edificios modernistas e a vida política
durante a República e Guerra Civil. Foi ás Illas Cíes, no avión
"Marabú", que fora traído a Vigo polo marqués de Quintana, e tomou
vistas aéreas de Vigo. Logo da Guerra Civil, Xaime Pacheco jr. tomou a
responsabilidade de facer a maior parte do traballo na rúa. Tiña traballado
durante a guerra como membro do grupo fotográfico "El Cuerpo del Ejército
de Galicia". Non só se facían traballos de estudio, senón que tamén
traballaban en outros lugares, por exemplo na festividade da Virxe da
Franqueira, as veces tiveron que empezar viaxe o día anterior, ó igual que nesa
voda en As Neves onde fotografaron coa neve de máis dun metro de profundidade. No
1954, á idade de 76 anos, morría Pacheco. A partir de entón o estudio foi
dirixido polos fillos Alberte e Xaime. Este último morría no 1981.
A
colección do arquivo de Pacheco, como xa dixemos (tanto estudio como reportaxe
gráfico) é enorme. Entre os retratos de estudio podemos atopar personaxes
famosos como Castelao, Maside ou Xosé Moure (PPKO). É imposible pensar nunha
familia, que non ten unha fotografía de Pacheco na súa casa… a ilustración de
obras como Catálogo de Vigo (1922) e Vigo en 1927 (1928), editadas por José Cao
Moure, realizado cun equipo de colaboradores, contén imaxes da arquitectura e rúas da cidade de Vigo, escenas da vida política das
distintas etapas, do traballo industrial de principios do século XX, da vida social da cidade a
través das modas e dos costumes, dos deportes, do desenvolvemento industrial da
década dos 60 e da vida cotiá.
O
arquivo está cheo non só de acontecementos excepcionais. Podemos atopar alí
imaxes de tódolos días, as imaxes que realmente definen a evolución da sociedade.
Reflectirse o traballo industrial de principios de século, así como o desenrolo
industrial dos 60, un gran número de placas de O Berbés e o mundo da pesca en xeneral.
A vida
política nas diferentes etapas, podemos saber tamén cómo era a vida social, o
baile en "Las Cabañas", do área de varias sociedades de Vigo ... Mención
especial debe facerse do mundo do deporte. Hai retratos de estudio de
deportistas da época e imaxes dos diferentes deportes practicados daquela.
Podemos ver o equipo de fútbol Fortuna (fundado en1907, co seu campo en Bouzas)
e Vigo (co seu terreo de xogo en Coia); estes dous equipos xuntaríanse máis tarde para
formar o Celta.
Algunhas
fotografías móstrannos lugares que xa non existen, polo que fainos reflexionar
sobre a súa perda. En definitiva, o arquivo Pacheco conten 100 anos (un século)
da historia de Vigo.
Os fondos recollen máis
de 140.000 fotografías que comprenden as distintas xeracións da familia Pacheco.
En 1991 o Concello de Vigo adquiriu estes fondos á familia.
O 15 de
abril foi a inauguración dunha exposición, que estará aberta ata o 29 de xuño,
seguindo a estela do "Arquivo vivo" que se expuxo a principios do 2013.
Encadrase na labor de difusión e recuperación do arquivo que conserva unha gran
parte da ampla produción da saga de fotógrafos que traballaron no Estudio
Pacheco. Rexistraron graficamente a evolución da cidade de Vigo e sociedade
galega dende finais do século XIX, ata as últimas décadas do XX. Unha nova colección de
116 fotografías da historia galega expóñense na Casa das Artes de Vigo, moitas
delas inéditas en exposición, proceden de traballos de restauración de 60.000
imaxes do fondo, onde recolle a actividade de conservación e documentación que se
fai nos últimos tempos no Arquivo fotográfico Pacheco. O título desta nova escolma é "Archivo Fotográfico Pacheco. Documento Gráfico" promovida
polo Concello de Vigo.
A intención da mostra e amosar as imaxes tal e como se atopan no arquivo, respectando a intención dos fotógrafos e plasmando as condicións dos soportes orixinais.
A intención da mostra e amosar as imaxes tal e como se atopan no arquivo, respectando a intención dos fotógrafos e plasmando as condicións dos soportes orixinais.
Na súa
actividade como cronistas gráficos da cidade de Vigo, A labor da galería foi
aumentando e amais do retrato de estudio, facian fotografía (informativa, publicitaria e
incluso artística), que permitían documentar a vida na Galiza da primeira metade
do século XX. O estudio fotográfico contaba cun amplo conxunto de traballadores
entre fotógrafos, retocadores e laboratoristas, que traballaban na cidade, na
provincia de Pontevedra e incluso en múltiples concellos de Galicia. Estes
traballos quedan plasmados nos diversos soportes fotográficos que se utilizaban
no estudio (placas de vidro, acetatos ou nitratos) que se poden observar na
visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario