Así e todo, e por máis que se maquille a realidade, cada vez é máis patente cá
monarquía, amais de caer en picado na tolerancia popular, nunca contou coa lexitimación
moral cá consolidara máis aló de ser imposta por Franco e contar co mallado mérito
de ser artífice da transición… Pero non nos levemos a engano. Naqueles anos, os
españois non nos fixemos monárquicos da noite para a mañá. Só queríamos fuxir
de calquera xeito de corenta años de represión e da maneira máis rápida
posible.
Pero este conto fano persoas con nome e apelidos, con numeración romana
logo do nome, e custa crer cun colexial corrente dentro dun século, que alguén lle
tome lección fecha incluída e árbore xenealóxico que previamente tera anotado
nalgunha chuleta. E somos os
correntes os que cada mañá erguémonos e como
autómatas dirixímonos ó traballo ou ó INEM os que non saímos nos xornais nin
ocupamos telexornais, pero mudamos o mundo dende o anonimato e con empeño,
na repetición continua do mesmo discurso do
derradeiro NODO: monarquía como eixe que vertebra o estado de dereito,
monarquía igual a democracia, monarquía único réxime que garante estabilidade.
Insisten en presentalo como a fórmula natural de organizar a sociedade
española. E satanizan, ou tentan, a quen se opón como suxeitos perigosos ben pola
súa condición de malditos, extremistas, utópicos irresponsables ou directamente
delincuentes e tendentes ó alboroto social. E levan tantos anos practicando a
caza do antimonárquico có creen de verdade, creen ter todo organizado e enlazar
a sociedade cando é todo o contrario. Gran operación propagandística de lavado
de cara, a monarquía neste momento é un antídoto para a rexeneración dun país
que perdeu o norte e a confianza en si mesmo, un soro que trata de aplacar a
dor producida pola incapacidade e a avaricia da casta dominante instalada. Os
reis xa se sabe, cando non están ocupados coroándose, están ocupados abdicando.
Que
digo eu… Con dous reis xa podemos envidar a grande.
Logo de ler un discurso de conto de fadas onde o rei dedica a coroa a
familia como os agraciados dos 'Goya' (non
era día de falar de corrupción e outras miserias), veñen os bicos e apertas de dóciles cortesáns e reverencias, para dar un paseo triunfal polas
rúas que tantas manifestacións acolleran neste ano, hoxe escenario de cartón
pedra, ampliando cada vez máis a desigualdade, ala vai o protagonista
soñado das revistas do corazón. Érase que
se era un príncipe tímido que se converteu en rei. Chega a noite, valeiras as rúas, o vento arrastra as
bandeiras de papel como follas de outono, os mendigos toman posesión e volven
ós bancos. Así que nada, Borbón e conta nova, "monarquía renovada para un tempo novo" eu diría máis ben un
refugallo da era feudal.
A expulsión dós de Del Bosque do mundial loxicamente tería como resposta arriar
bandeiras e entusiasmos como perrencha pola inesperada decepción. Pero o
calendario e a Historia parecían reclamar súa presenza, e aí quedaron, saudando
o que algúns chaman fin de ciclo deportivo e comezo de ciclo político. Todo elo
en tons patrios roxigualdas. Para os demais? …nin unha chapiña de
tres cores deixou pasar a policía ós arredores da coroación.
Hoxe erguinme cunha resaca monárquica que no vexas.
Sen entrar agora nun análises profundo de qué é o que debe modificarse e en
qué sentido... Nin profundo, nin superfluo, nin sequera indiciario, bastante
complicado será conseguir unha maioría parlamentaria suficiente para impulsar
unha reforma (ou número de votos necesarios para referendala) como para poñerse
a elo…
Non falemos do privilexio de aforar o cidadán Juan Carlos (como foi un rei
tan exemplar, no vaia rematar na cárcere) e sua caterva Sofía, Leitizia e princesa
de Asturias, pasarán directamente o Tribunal Supremo en causas xudiciais que
podan abrirse contra eles/as nos ámbitos civil e penal, inviolabilidade da que xa tiña gozado en 39 anos de reinado. O decreto "exprés" que mantén o título de rei para Juan Carlos publicouse
dúas horas despois da entrada en vigor. O que crea o estandarte do novo rei, máis
de dous días despois...
As cousas terán mellorado, o día có poñer a radio, ou a
televisión, e escoitar ou ver, honradamente valoradas, as cousas que en
realidade interesan. Cambiarán cando todo este almíbar sobre Felipe e a súa
familia en titulares da primeira páxina dos xornais recuperen a honestidade e
volvan ofrecer información en lugar de adxectivos, melindrosas valoracións ou
fotos (tanto bico, tanta caricia pola cintura, á xente séguenlle a gustar as
telenovelas) como as que ilustraban as revistas do corazón. A consigna parece
ser lavar a cara dos reis (e noso cerebro) e os medios séguena, rozando as
veces o esperpento. E iso non o van facer eles. Témolo que facer nós, acabar dunha
vez por todas con este insolente esmorecemento informativo.
Deixo constancia
dende o meu republicanismo, respecto á vontade popular e a liberdade de opinión
e expresión que me confire o aínda Estado de dereito. E mentres xogamos a reis
e princesas, o PP privatiza AENA, a penúltima xoia da coroa. A semana que ven,
o xuíz volverá a imputar á irma de Felipe VI, mentres ó abdicado afórano con
urxencia…
Está claro que tódolos actos de coroación, policía incluída, están inspirados nunha fórmula de éxito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario