mércores, 11 de xuño de 2014

Anacos de actualidade

"Bienvenido a la república independiente de tu casa"

-Eu voto, monarquía si...
-¿Una República? Yo no lo veo.


Oposición responsable: "Los socialistas seguimos sin ocultar nuestra preferencia republicana, pero nos seguimos sintiendo compatibles con la monarquía parlamentaria", ou, "eu gusto da miña noiva pero teño unha boneca inchable" 
Unha cousa e asumir a monarquía, e outra ben distinta cá apoies. Hai unha diferenza importante. A farsa continúa.

P.D. A disciplina de voto é o fenómeno máis antidemocrático que se pode ver nun parlamento.





A gran proposta de renovación do PSOE!! 

Pretendela intervención e bendición da Igrexa... 
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/06/01/andalucia/1401633710_548774.html

Uuummm!! como outras antes (ó estilo Fátima Bañez), Susana Díaz dime con quén andas e direiche quen eres, Mala idea mesturar relixión e política ou política e relixión… Xa a viramos na foto co "cristo de la buena muerte" a legión, e nin se sabe que santa incorrupta nun acto catolico... ó estilo ditadura Franquista.

E agora traslada por carta ó Papa "su preocupación y compromiso" na loita contra o paro xuvenil… Eu xa a estou imaxinando de mantilla, peineta, de xeonllos e baixo palio ante o papa, tamén como outras antes. Menuda merda de cambio!! …mamaíña!, suma e sigue, ...de Guatemala a Guatepeor! qué magoa!

Sen dubida, hai moitos parados créentes no mundo. Este pode ser un dos camiños coñecidos máis curtos e de incertos resultados... Pero será un asunto particular do parado e seu Deus, …digo eu? Pensaba que nun país laico calquera pode exercer súa liberdade relixiosa, pero o que nos diferenciaba eran os feitos… Non haberá outra maneira de sumar forzas??






O Monarca apeouse do Trono

Era unha monarquía tan moderna, tan moderna que, o que ía herdar o trono era o fillo menor porque as dúas maiores eran mulleres…

Que longos estáseme a facer os prolegómenos ó reinado de Filipe VI “O preparado” fillo de Xan Carlos “O campechano”… Comentarios, debates, comparecencias, biografías, radiografías, enquisas, declaracións, loas e loanzas, defensores, detractores, eloxios, despedidas emocionadas e nostalxicas… escoitar tanto melindre na actualidade dos medios provoca abdicar... O legado de Francisco Franco, o peche a un reinado de catro décadas onde as sombras dos escándalos foran afuracando a propia decadencia. Todo o mundo ve necesaria unha consulta, todo o mundo, menos os monárquicos, Peñafiel e os cerebros dos principais partidos (PP e PSOE que veñen sendo o mesmo). Porque o di a tele, a tradición, a vagancia, a ignorancia, o medo... unha vida a corpo de rei, segundo o New York Times o patrimonio da familia real, é de 1.700.000.000 €… o que encaixan moi mal cunha institución que representa a un país moderno onde os que carrean coa carroza real son os contribuíntes. Campechano e aforrador! Mentres nós regateando o IVE nas facturas para chegar a fin de mes.

E a min que xa me confesaran o de cós reis “eran os pais”…

Nestes momentos de crises hai cousas máis importantes cun referendo, madía leva! ca de millóns que nos vai custar a cerimonia de proclamación… unha medida para salvar a coroa, para manter intacto o reparto de poder en España, para que todo siga igual…

P.D. Rubalcaba non é monárquico, é Felipista. De Felipe VI e Felipe “o do Gas Natural”

Saúde e República, xa...



Ningún comentario:

Publicar un comentario