venres, 26 de outubro de 2018

Miguelanxo Prado: "O viño intensifica a nosa lembranza dunha paisaxe"

O creador do Xabarín fala de "Valdeorras", o seu último caderno de viaxes, e comparte impresións sobre a comarca que o inspirou

https://www.galiciaenvinos.es/



María Bueno
Miguelanxo Prado (1958, A Coruña) atende a chamada dende o teléfono fixo do seu estudo porque o "móbil non o uso moito". O creador de personaxes como 'O Xabarín' ou os protagonistas de 'Men in Black'; quen ten colaborado con revistas como 'Zona 84' ou 'El Jueves' e ilustrado libros de autores do talle de "Manolo Rivas" ou Agustín Fernández Paz; acaba de publicar un caderno de viaxes sobre Valdeorras. Fala do proceso de creación de esta obra, da comarca que a inspirou e do viño, un mundo "asombroso e apaixonante".
 

¿Cómo xurde a idea de facer este caderno? 
Por proposta do C.R.D.O. Querían diferenciarse, contar a xente quen é Valdeorras. Eu propúxenlles crear un libro, un percorrido pola comarca que convertera ao lector en viaxeiro, sempre con esa relación da bisbarra co viño, cunha presencia constante das adegas, das plantacións, das diferentes castes de uva?

Entón é cando descubre a zona 
Para min foi, o digo cunha certa vergoña, descubrir unha parte de Galicia que coñecía só de xeito moi superficial. Foi sorprendente atopar tanto nun val tan relativamente pequeno: Esa parte prerromana que inda queda, toda a pegada romana e, a partir de aí, esa concentración paisaxística: É incríbel cómo van cambiando as plantacións dende o fondo do val ata chegar aos socalcos da montaña.
¿Cómo foi esa viaxe?
Para min foi unha sorte topar as portas das bodegas abertas, que a xente do viño me acompañase as viñas e me explicara o que fan. Eso da unha información máis rica, máis detallada. Puiden vivir a vendima, son días moi tensos nos que a xente se xoga o traballo de todo o ano. Tentei que, dalgún xeito, se chegase a ver todo o traballo que hai detrás dunha botella de viño.
Voltou a finais de outono, ¿Por qué?
Sabía que, nese tempo, Valdeorras ten cores que non hai no resto de Galicia. Eu son un namorado dos Ancares de do Courel, onde hai cores que viran aos ocres pero é que, en Valdeorras, entre as vides que parecen estar incendiadas, amarelo brillante, un vermello que parece sangue, granates marabillosos... Quería velo.


Din que é vostede un enamorado do viño, ¿é certo?
¡Ai! si, eso si, consumo moderado pero si. Para min, o viño é unha peza fundamental para ter un bo xantar e tamén como elemento social. É unha bebida que me parece asombrosa e, cando viaxo, desfruto moito de ir descubrindo os distintos viños do mundo, as distintas paisaxes? Ó final os viños acaban transmitindo esas particularidades do terreo, ir facendo esas asociacións e ter máis recordos, lembranzas. A verdade é que unha experiencia intensa. Considero que son un degustador aplicado: Non é que sexa un entendido pero poño atención.
¿Qué opinión ten dos viños de Valdeorras despois de visitar a comarca? 
Aprendín a degustar mellor os godellos, a valorar ese equilibrio na acidez, esa frescura, esa estrutura? Descubrín que esa idea de que os viños brancos teñen unha vida curta non sempre é así. Os que máis me sorprenderon foron os tintos, eses mencías con crianza, á complexidade que teñen e ver como se van recuperando outras variedades. Nun espacio tan pequeno, con tantas dificultades para levar todo adiante... E inda por riba logran esa variedade de resultados finais. Eu creo que Valdeorras é unha D.O. que está conseguindo definir unha personalidade propia moi marcada. Teñen todos os elementos para facelo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario