xoves, 14 de novembro de 2013

Os 14 muros que aínda dividen ó mundo

09/11/1989, o muro de Berlín foi derrubado e con il, caeu o comunismo. Dende entón, celebrase a reunificación de Alemaña como símbolo de unión e liberdade. Pero, aínda hai muros que dividen ó mundo.

1.- EEUU - México.

O muro que divide a estos dous países norteamericanos, cubre case un terzo da fronteira EEUU-México. Súa finalidade é evitar o ingreso de inmigrantes ilegais provintes de México a Estados Unidos. Ata o momento, esta fronteira dividida cobrouse a vida de 5.600 persoas.


2.- Corea del Norte - Corea del Sur.

Non é un muro, senón unha zona desmilitarizada entre ámbolos dous países de 4 km. de ancho por uns 250 de longo. Foi creada en 1953 e sigue dividindo a un país que hoxe encontrase enfrontado.


3.- Cisjordania.

Era o ano 2002 cando o goberno israelí decidiu construír este muro formado por valado, aramados, foxos, placas de cemento e sensores para detectar calquera movemento coa finalidade de protexerse dos ataques palestinos. Sen embargo, a torta volveuse e agora o muro de Cisxordania é un método de agresión e humillación contra os palestinos.


4.- Sahara Occidental.

Tamén coñecido como o “muro da vergoña”, conta con seis paredes de máis de 2.700 km. provistos de arames de espiño e miñas antipersoa coa finalidade de evitar có pobo saharauí logre a sua independencia.

















5.- Irlanda del norte.


A súa función é separar ás comunidades católicas e protestantes de Belfast. O primeiro dos muros foi levantado no 1969 e o último o ano pasado fronte a unha escola primaria. Hoxe, tódolos muros levantados convertéronse nunha atracción turística.





6.- España-Ceuta y Melilla.

As cidades africanas de Ceuta e Melilla teñen 8,2 km de aramado cercando as fronteiras coa finalidade de evitar que inmigrantes ilegais africanos partan de aí para ingresar á Nai Patria.



7.- Brasil.

Trece favelas (zonas ocupadas por xente de baixos recursos) do país sudamericán serán rodeadas con muros para evitar que sigan medrando e ocupando máis territorio. Aló menos, iso é o que di a versión oficial, pois os opositores din que o verdadeiro obxectivo é ocultar a miseria.



8.- Kuwait-Irak.

No 1991, as Nacións Unidas tiveron a iniciativa de construír unha barreira protexida con electricidade, arame de púas e muros de area entre ambos países para evitar unha nova invasión iraquí. No 2004, Kuwait reforzou a súa fronteira.



9.- Arabia Saudita - Irak.

3.000 millóns de dólares custou o muro que protexe a Arabia Saudita en 900 Km da súa fronteira norte, con Irak. O motivo da construción é a situación na que se encontra Irak e que puido converterse nunha guerra civil que, segundo as autoridades de Arabia Saudita, podería traspasar fronteiras.



10.- Egipto.

Nun intento por controlar o contrabando, Exipto comezou a construción dun muro ó logo da súa fronteira coa Franxa de Gaza. O muro contará cunha altura de entre 20 e 30 metros e estará preparado para que non poda cortarse ou soldarse. Estados Unidos apoia a construción deste muro.



11.- La Molina - Ate (Perú).

Ambos distritos da capital peruana son limítrofes; así e todo pouco teñen en común. Os veciños de La Molina colocaron un cerco cós separaba dos de Ate coa finalidade oficial de evitar cós asaltantes chegaran a súa zona. Versións non oficiais afirman có muro construíuse para separar á xente de clase socioeconómica alta dos de menos ingresos económicos, outras costumes e, incluso, outros orixes...



12.- India - Pakistán.

O que buscaba a India ó cercar case a metade dos kilómetros que posúe a fronteira con Pakistán era combater o terrorismo. O país de Gandhi aínda ten a intención de rematalo muro na súa totalidade para pechar toda a fronteira co seu veciño.



13.- Botswana - Zimbabwe.

O que intentaba evitar este muro cando foi construído no 2003 era cá febre aftosa, que afectaba ó gando de Zimbabwe, chegara a Botswana. Sete anos despois, esta cerca electrificada aínda non foi derrubada.



14.- Uzbekistán - Kirguistán, Afganistán e Tayikistán.

Qué separou a Uzbekistán dos seus tres veciños? Pois un atentado na capital no 1999 a mans de terroristas islámicos. O país cercou as fronteiras con arames de púas e minas antipersoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario