venres, 15 de novembro de 2013

Culpables: o océano e os galegos

por: abc
O Prestige afundiu á xustiza


A sentencia do Prestige tería que fundamentar xurisprudencia. O desastre do vertido 100.000 Tm de fuel en Galiza foi un dos maiores desastres ecolóxicos (do có home foi culpable) ocorrida en España; non é normal có único culpable sexa o destino ou o petroleiro, nunha catástrofe que estraga 1.600 km de costa, sabendo ademais que ven sendo reincidente, contaminar non pode saír gratis, non pode ser cós únicos condenados, sexan o océano e os galegos…, que barato sae chimpar o planeta… Non podemos deixar có azar a fatalidade e non a causa se burle das nosas competentes autoridades e nos deixe indefensos ante as súas porcalladas.

A recente sentencia evidencia có medio ambiente aínda non entra na acción da xustiza e abre un preocupante espazo de impunidade cos delitos ecolóxicos, é unha carta en branco á industria petroleira de que ten barra libre no relativo a custes derivados do impacto de mareas negras. Logo de once longos anos non se atopan culpables. Quizás sexa cós responsables reais non estaban sentados no banco.
Enviamos un mensaxe dramático de puro conformismo na xestión da crises do petroleiro, e o que tería que ser unha folla de ruta ante futuros sinistros non fai máis que reafirmar o que fixeron entonces Cascos e Manuel Fraga: irse de caza e deixar o petroleiro nas mans do apóstolo Santiago. O PP e o Goberno da época (que por se algún non se decata é o mesmo que agora) volven a saír reforzados, o Goberno, ese mesmo Goberno desbordado e inepto ó cás confrarías e os milleiros de voluntarios limpáronlle a costa dada a súa torpeza e deixárono co cu a recacho. Que inxustos fomos con aquel Goberno que tentou calar as críticas dos que recollían o fuel a mans cheas tirando de talonario ("Yo vengo con el dinero en el bolsillo"), dicía o Sr Fraga!! Unha sentenza que emenda a Aznar, que veu arrastras a costa non fose luxar de chapapote os Martinelli?, dálle razón cando dicía: ("Son perros que ladran su rencor por las esquinas"), que indemniza a Rajoy polas mofas de: ("Unos pequeños hilitos / solidificados / plastilina en estiramiento vertical") que da á razón a quen acusaba ós de Nunca Máis de "batasunos" que finxían ter acento galego? e a Arsenio Fernández de Mesa (hoxe Director General da Guardia Civil), que tan gallardamente puña rostro a decisións como "que lo alejen a 120 millas y después no es problema nuestro", pero o premio gordo foi para aquela afirmación "Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe" ou como o entonces ministro de Agricultura e Pesca, Miguel Arias Cañete (hoxe Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente), oito horas logo de có chapapote asaltara Muxía e centos de kilómetros de costa, declaraba: "la rápida actuación de las autoridades ha evitado una marea negra".

A sentenza é clara. Todo se fixo ben, incluído a criminalidade ó capitán Mangouras, un vello mariño grego que pilotaba unha farrapenta chatarra flotante con bandeira das Bahamas, pero que cómo estima o fallo contaba con tódolos permisos, un louco persoeiro convencido de evitar o naufraxio se lle houberan permitido levalo a augas abrigadas, nin sequera a un porto refuxio. En vez deso, foi forzado a saír a alta mar e poñer en marcha os motores, cuxas vibracións agrandaron o burato e determinaron que rematara partido en dous. Culpable? a fatalidade, e o propio petroleiro monocasco…! O tribunal só condena o capitán do Prestige a nove meses por 'desobediencia á autoridade' nunha sentencia benévola que evita os castigos, sen embargo, recoñece un mantemento deficiente da empresa encargada da embarcación na que navegaba a catástrofe…

Pero para isto, hai que poñer o fronte da Dirección Xeral da Mariña Mercante a un xenio da navegación, a un experto do babor e estribor como José Luis López Sors, un visionario! cómo culpar á fatalidade sen naufraxio? Sors, a quen a Audiencia da Coruña absolveu con tódolos pronunciamentos favorábeis polo seu bo facer na traxedia, un bo día iluminouse, obrigou o capitán do buque, súa consigna, gravada dúas horas logo do primeiro mensaxe de socorro foi clara: “Que lo separen de la costa hasta que se hunda”.  O petróleo, ese que aínda chega hoxe en forma de galletas ás costas…


Preguntámonos que facemos, haberá outra marea negra, cándo e ónde ocorrerá a seguinte, estamos preparados? E cando ocorra é máis que probable cá xustiza tarde en chegar, e a conclusión: que non atopa culpables.

Quedémonos coa ilusión daquela xente que con altruísmo e conciencia a carón do chapapote sementou unha plataforma de solidariedade e rebeldía da que pode naceran o 15-M, as mareas branca, verde e roxa. Non esquezamos as catástrofes, traiamos á memoria a capacidade de rebeldía.



O esquecemento significa a impunidade do poder, moitos de nos lembramos os case dous mil kilómetros de costas infectadas, o chapapote devorando as praias, os peixes, os paxaros mortos e as bagoas dos pescadores. Ata é posible cá incompetencia dun ministro de Fomento ou as asombrosas, ridículas e manipuladoras explicacións dun vicepresidente... Asusta e conmove a desmemoria colectiva incentivada polos poderosos… baixo as chaquetas e as garabatas dos banqueiros, baixo as declaracións dos gobernantes, baixo os análises dos economistas escondese a usura. Esquecer os abusos resulta perigoso, pero máis corrosiva é a tentación de borralos, de quitarlle importancia a nosa forza, a nosa solidariedade, a nosa loita.

A rutina e o silencio acostúmanse a todo. A normalidade é unha patina que oculta a inxustiza. Pode que digan "os voluntarios non limparon nada. Quen o fixo foi Tragsa" ...a verdade sabémola nós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario