Hoxe 25N: A redución dun 28% do presuposto destinado á prevención e loita contra da violencia de xénero, un libro 'Cásate y sé sumisa' publicado polo Arcebispo de Granada, un ministro galeado por un xefe eclesiástico que pretende decidir cando e cómo da maternidade, son datos descritivos das prioridades á resposta ante a lacra que en 10 anos acabou coa vida de 703 mulleres e onde 16.418 atópanse en situación de risco baixo, medio, alto ou extremo, das que 118 son menores entre 14 e 17 anos…
...se isto non é violencia de xénero que baixe deus e o vexa!!
E se por riba da involución 'estructural' planificada retratan os avances con vellos esquemas de orden social... que podemos esperar?
De tódolos xeitos hai saída: Non ser cómplice!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario