sábado, 16 de novembro de 2013

Anacos de actualidade

Os máis célebres foron o de Nikita Jruschov na ONU, o de Beiras contra Fraga ou o dun periodista iraquí tirándolle os zapatos a Bush: 'Toma tu beso de despedida, pedazo de perro', tanto en Irak, como en gran parte do mundo árabe, tirar un zapato é unha das maiores ofensas que se poden consumar contra unha persoa, ó igual que chamalo "perro", as bandas latinas marcan seu territorio colgando zapatillas dos cables… 
O deputado da CUP/AE mostrou un zapato o expresidente de Bankia preguntado se coñece o significado de dito xesto: lémbralle a Guerra de Irak o seu paso polo FMI… 'Lo digo para vincularlo, porque usted generó un paisaje devastado en un gobierno que fue a la Guerra de Irak', …cós "ben pensantes e de hipócrita boa educación" lles importa unha merda a situación que viven milleiros de persoas ás que lle foron arrebatados os seus medios de vida; o que si parece preocuparlles é manter as formas, seus sepulcros 'niquelados', miran cara outro lado ante a violencia dos despidos, os desafiuzamentos e ráchanse as vestiduras cando David Fernández 'ameaza' a Rato cunha sandalia e chama ás cousas polo seu nome no Parlamento Autonómico… O poder, a casta política e empresarial pode adornarse como queira, pero son mafiosos, gangsters... 
"O" Rato, aínda que teña que oír algo desagradable na súa vida. Algo que lle berrariamos milleiros de españois estafados ou non nosos humildes aforros. Non entendo os ataques, insisto, foi a voz amplificada dos estafados, será o único que saquemos. 'O ganster' coma outros, coma todos irase de rositas cos nosos millóns no seu peto.


Mentres Madrid estoura de lixo, a que Gallardón deixou como alcaldesa, a candidata désecho, é dicir lixo, asiste á presentación das memorias do seu sublime marido. Sorrinte e resgardada polos seus, a vella garda do PP, os máis casposos franquistas de noso partido conservador.
Dentro lixo, fora o lixo! unha boa imaxe da España actual. A casta do poder escarallándose entre canapés e viño español nun auditorio climatizado e vaporoso de perfumes carísimos. Na rúa, o populacho sorteando o lixo de contedores ardentes e migallas de restaurantes podrecendo e cheirando no aire que respiramos os non chamados á gloria.

Aznar presentaba na confianza dos seus as súas memorias limpas de sangue iraquí e chapapote, como non, o protagonista de memoria (ou desmemoria) tan selectiva. Volveu Aznar a contarnos o da foto das Azores situando a España, no máis alto da política internacional. Pero sigue sen amosarnos as fotos dos milleiros de nenos mortos de Irak, tampouco aclarou o dos 191 mortos do 11-M, que pensamos aínda estarían vivos de non ter posado Aznar naquela foto, ou a dos 75 militares do Jack 42 desaparecidos en Trabzon… Grande metáfora o pobo pisando na rúa lixo material mentres a dereitona divírtese disfrazándonos de xardín os seus vertedoiros morais, que cheiran distintos pero non mellor.

Mentres a alcaldesa aplaudía ante o presidente alfa (seu marido) co furor dunha adolescente ante Justin Bieber, as ratas amosaban os seus fociños nas cheirentas rúas de Madrid. A alcaldesa pretendeu aforrar algúns millóns…, Non hai problema! Dito e feito! como considerou que Madrid é unha cidade que se percibe 'como limpa' botouse os 'axustes recortes' contratando empresas amigas (OHL, FCC e Sacyr) que poideran recortar en salarios e persoal. Agora envorcoulle o caldeiro do lixo por riba de Madrid…

O lixo, todo o lixo, quedou na rúa, pensaría Aznar mentres presentaba, sen ningún membro do actual Goberno, 'El compromiso del poder', título da excelsa obra do esforzado demócrata ilunminado. A quen importa un ERE que afecta a máis de 1.100 traballadores amais da redución dun 43% do salario ó resto do persoal. É o que teñen os grandes estadistas chamados a escribir a historia, poden pasar por alto as miudezas.

É o que ten votar "sen ton nen son" voto de usar e tirar.
Pode que nos viñera ben un "antibotellón" para evitar que se depositen máis residuos na vía pública… este vidro non recicla.

P.D. O libro aínda non o puiden ler, pois teño por rematar a particular interpretación de contos infantís por Ana Botella, este matrimonio non deixa de engrosar os estantes de literatura, mentres nós o inculto e simple populacho continuamos sorteando ratas e lixo polas rúas.


O 'Señor' Wert mexa nun charco e esvara en outro. Bruxelas desminte recortar as Erasmus o ano que ven, o ministro volve a desculparse e achaca a malas interpretacións o que falou o respecto… que noxo!!


'Ande' andará?


Ningún comentario:

Publicar un comentario