martes, 5 de novembro de 2013

O ‘paripé’ do cambio de hora. Preguntádesvos quén gaña con elo?

Normativa Europea, o cambio de hora comezou a xeneralizarse, de maneira desigual, a partir do 1974, cando se produzo a primeira crises do petróleo e algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. Isto aplicase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos. Desde a aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea, en xaneiro do 2001, aplicase con carácter indefinido. Dita Directiva está incorporada ó ordenamento xurídico español, é de obrigado cumprimento para tódolos países da UE, e establece con carácter permanente as datas de inicio dos períodos de cambio horario:

- A hora de verán: o último domingo de marzo, no que se adianta o reloxo unha hora.
- A hora de inverno: o último domingo de outubro, cando se retrasa como agora o reloxo unha hora.

O horario de inverno aplicase este ano en toda Europa dende o 27 de outubro do 2013 ata o 30 de marzo do 2014 segundo o Real Decreto 236/2002. O motivo é, suponse, aforrar electricidade aproveitando a luz solar matutina, concretamente uns 300 millóns de euros, cantidade igual o 5% do consumo eléctrico en iluminación segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Este organismo afirma que dese montante, uns 90 millóns corresponden a fogares uns 6€ por fogar. Os outros 210 millóns de euros restantes aforraríanse nos edificios do sector terciario e na industria.

Que ninguén pense cá variación de gasto é negativa pois quen madruga, vai traballar, non queda na casa consumindo electricidade. O que si facemos todos no inverno logo de rematar a nosa xornada laboral ou estudantil é chegar unha hora solar máis tarde a casa, non quedar na rúa quizá paseando senón na casa, gastando non só máis electricidade, senón tamén máis calefacción, pois unha hora máis tarde fai máis frío.

Incluso dando veracidade ó aforro de 6€ por fogar Cómo xustificar o trastorno de cambiar as costumes diarias (efectos negativos na saúde, como a fatiga, cansazo ou cambios de estado anímico que poden provocar astenia outonal) por esa ridícula cantidade? Pois polo aforro das empresas durante a mañá: entre tódolos particulares aforrámoslles 240 millóns. Os fogares en cambio inflan o beneficio das empresas eléctricas que soben as súas tarifas sen parar e estáfannos pactando prezos colocando nas directivas ós políticos que previamente as favoreceron. Un timo en toda regra …non é así
?

A hora menos en Galicia (agora, tamen en toda España)

Agora tamén o Congreso estuda có Estado adopte o mesmo horario que Portugal, Reino Unido e Canarias, unha medida que xa propuxera o BNG no 2010 para Galicia e que foi ignorada e ridiculizada.
Esta é a petición cá Comisión de Igualdade da Cámara trasladou o Goberno e forma parte dun amplo informe sobre "a racionalización dos horarios, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e a corresponsabilidade", elaborado por expertos e consenso dos partidos. Que Galicia (España) conte cunha hora menos é xa unha opción máis que probable, defendida hoxe pola maioría do parlamento, incluíndo ó PP.
Fai sete anos, a asemblea nacional do BNG aprobaba incluír nun documento de teses unha emenda na que reclamaban se aplicara "un huso horario galego" adaptado á "hora natural" e situación xeográfica igual ó de Lisboa. Os populares ridiculizaron a proposta e preguntaban si sería debatida, os socialistas cualificárona de "cousa menor sen importancia" e a dereitona mediática o "té party" falaba de ideas dos "iluminados nacionalistas" nas que vían pretensións diferenciadoras propias de "loucos". Feijóo falaba dunha proposta "peregrina" e Xosé Blanco, daquelas ministro, dunha "chorrada".

Aplicando criterios xeográficos, que Madrid ou Barcelona (pero máis aínda A Coruña ou Vigo) teñan a mesma hora que Berlín ou Praga é pouco ou nada entendible. De feito, o horario medio de Greenwich o GMT é o horario solar medio no Observatorio Real de Greenwich equivale a cero grados de lonxitude. Este meridiano cruzaría a costa mediterránea española, polo que tanto España como Francia, Gran Bretaña e Portugal deberían ter un mesmo horario.

Segundo o informe aprobado no Congreso, o Goberno deberá analizar a incidencia social e económica dun cambio horario en España "recuperando a antiga vinculación ó huso horario de Greenwich" e pide que se estude tamén unha modificación dos horarios laborais a fin de facilitar a conciliación. PP, CiU, PNV, UPyD e Grupo Mixto votaron a favor (este último por error, xa que queríase abster) mentres que IU e PSOE abstivéronse ó non incluírse no informe a influenza da reforma laboral e os recortes na falta de conciliación.

A adecuación na medida do posible do horario real ó solar implicaría tamén un importante aforro enerxético, tal e como tiña defendido o BNG no 2006 autor da proposta, o entonces militante do Bloque en Ourense Lito Prado, que agora contempla sorprendido a aposta no Congreso por unha proposta súa que entonces fora ridiculizada "e na que poucos crían". "Incluso podería dicir que foi aproveitada por algúns para non falar de outras cousas máis importantes daquel conclave nacionalista", conta.

Lembra cá reivindicación para que Galicia adoptara o horario GMT "chegou o ámbito político logo de moito loitar no ámbito ecoloxista". "Sempre se difamaba por ser unha idea que xurdía dunha inquietude xa histórica no ecoloxismo; como víamos que non conseguíamos nada, os que estábamos tamén implicados en organizacións políticas decidimos levalo a ese foro", recorda. Foi así como presentou a iniciativa na asemblea comarcal do BNG de Ourense, e logo trasladou á asemblea nacional, onde foi apoiada maioritariamente. "Non foi aceptada porque houbera un claro convencemento, senón por insistencia", engade.


Insiste en cá proposta "nada tiña que ver cun tema identitario ou de diferenciación cultural", senón "para evitar o malgasto enerxético e afondar na racionalización de horarios". Con motivo do último cambio de hora o pasado mes de marzo, a propia Consellería de Economía recoñecía que Galicia aforraba un 1% no sector doméstico e sobre un 3% no sector servizos, mentres cá merma total do consumo eléctrico é tan só dun 0,4%, moi lonxe da que se da no conxunto do Estado, que é dun 5%, tal e como dixemos estima o IDAE.

Un horario irracional froito da afinidade de Franco con Hitler

"Ter a mesma hora que Portugal xa suporía un aforro enerxético brutal e si queremos empezar a ter menos dependencia dos combustibles fósiles, temos que empezar por aí, pero é certo que o caso de Galicia aínda é máis extremo; non esquezamos que cando en Catalunya é de noite, aquí aínda queda bastante tempo para o solpor", lembra Prado, que recorda os cualificativos recibidos nalgúns medios de comunicación fai oito años. "Chamáronnos iluminados e aludían sempre ó suposto interese de diferenciarnos doutras culturas, como se en Galicia precisaramos desto para saber que somos diferentes", di quen veía (e ve) "ridículos" os argumentos que xustifican manter o horario actual. "A fronteira con Portugal é unha das de maior actividade económica en Europa e non vexo cós empresarios poñan problemas porque en Porto sexa unha hora menos", explica.

"O problema é cando a todo se lle quere ver unha intención política", insiste Lito Prado, que chama a atención sobre o feito de que o actual horario do Estado foi adoptado tras dunha decisión "unicamente política" por parte do ditador Franco. Concretamente, pola afinidade ideolóxica do franquismo co réxime nazi alemán. Foi o 7 de marzo de 1940 cando o Boletín Oficial do Goberno
publicou a orde na que mandaba adiantar 60 minutos un horario que ata entonces era común ó dos países de seu entorno.

O rematar a II Guerra Mundial, todos estes estados europeos decidiron manter un mesmo horario centroeuropeo, ó que se sumaron logo Andorra, Xibraltar e Mónaco. España, cuxa localización xeográfica non se correspondía en nada coa hora adoptada, mantivo unha hora máis da que lle correspondía e séguea mantendo máis de setenta anos despois. Un destorzo que agora pode ser corrixido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario