xoves, 5 de xullo de 2012

Un psicólogo para o xuíz do Caso Fabra.

O maxistrado podería estar vivindo unha realidade paralela

 

Despois dos oito xuíces anteriores que desfilaron polo caso Fabra durante seis anos, o actual maxistrado, Jacobo Pin, que pronto cumprirá trinta e seis meses o fronte da instrución, tamén podería empezar a ter problemas serios de percepción da realidade.

O xuíz, que insiste en manter a causa por suborno contra Carlos Fabra, entre outros delitos, cree que algúns xuíces da Audiencia de Castellón poderían estar intimidándoo para que non fose tan “reborde” co popular político.
Sen embargo, los maxistrados sinalados por Jacobo Pin aseguran có que o xuíz do caso Fabra ve como intimidacións son só, en realidade, as típicas bromas que se fan entre xuíces; e cás peidorretas, os ruidiños raros coa boca, ou a voadura de coches, son habituais na Audiencia de Castellón. “Nos gusta divertirnos mientras repartimos justicia”, puntualiza un deles. “A un abogado de Villarreal le encerramos en el wáter con una boa constrictor de ocho metros y nadie se ha escandalizado”, engade.

A pesar das declaracións destes xuíces, e ante a persistente actitude de Pin, e seu evidente estado de alteración, o Poder Xudicial enviará a Castellón un psicólogo xurado para que axude o maxistrado a superar súa crises e regresar á realidade. O psicólogo, que aterrará no aeroporto de Castellón cun permiso especial do ministerio do Interior, provén dun bufete de especialistas en psicoloxía clínica, afincado nas Vegas, que se fixo  famoso por tratar boxeadores soados provenientes de numerosos rings dos Estados Unidos, e bispos con problemas de erección.
O psicólogo, e seus sete gardalombos, permanecerán en Castellón corenta minutos, suficientes, segundo o especialista, para establecer unha terapia e proporcionar confianza o paciente.

Pola súa parte, Carlos Fabra acaba de gañar outro recurso para repudiar ós fiscais que levan o caso, por estimar ca súa estrutura ósea está desproporcionada coa natureza dos delitos que se lle imputan. Así mesmo, tamén se lle concedeu a petición para que tódolos letrados do caso falen chino mandarín con acento da baía de Hanghzou, en Shanghai. Se o caso se prolongara outros nove años, Fabra podería recibir, como indemnización, nove comarcas do sur de Castellón, o Rincón de Ademuz, a Albufera de Valencia.

Máis lle valería facerse confrade dalgunha pía confraría relixiosa penitente das de cirio en semana santa e comuñón os primeiros venres de mes (o mellor aínda de misa diaria), socio dalgunha asociación do máis casposa e carca posible que tera moitas onde poder elixir… E que teña moi presente cá Mafia siciliana ou a Camorra napolitana, non son xogos de nenos...

Non molestar ós señores nin ós señoritos, e así poderá impartir xustiza a destro (as absolucións) e a sinistro (as condenas) e ter unha tranquila e apracible vida co estómago cheo e seu excelentísimo cu se é de seu agrado como Divar, Marlasca… Se insiste en ver e actuar segundo a conciencia recorde o que lle pasou a Garzón que cando prevaricaba en contra dos vascos, todos lle lambían o cu, pero en cuanto saíu da senda ben marcada, fungueirazo e nin chío.

Señores deputados –ós senadores non quero nin molestalos-, si non son capaces de acabar con tanto corrupto nas nosas institucións non perdan máis o tempo LEGALICEN A CORRUPCION XA!! e aforraremos millóns de euros en xuíces dedicados a aventuras eternas en xuízos "sen-xuízos" contra as mafias que a algúns non lles son indiferentes, ou nos tomamos isto en serio ou serán os xuíces os que nos gobernen sen ter pasado polas urnas, de feito xa nos gobernan ó ditado das ordenes do goberno de quenda, Jacobo Pín enganouse de porta ante a petición de amparo formulada o CGPJ.

Consello final, Sr. Xuíz non se sinta perturbado e acuda á chamada da conciencia e que saía o que saía, incluso a prescrición dos delitos, se xa van nove xuíces có deixaron por sentirse desamparados ante o amparado pola Lei e a sorte dos premios gordos da lotería que máis da un máis.

En definitiva: a noticia, ven a confirmar o que sospeitabamos. As "presións externas ós xuíces (por parte de cidadáns, grupos políticos, prensa etc..." non son consentidas polo órgano de goberno. En cambio, "as presións internas" levadas a cabo dende a propia pirámide xudicial non só terían que ser admitidas, senón que é conveniente cás atendan. Por outra parte, tendo en conta que de luns a xoves súas señorías teñen que despachar moitos asuntos, e de xoves a luns proliferan os fins de semana "caribeños", no lles queda moito tempo para atender queixas deses descoñecidos Xuíces de Instrución, que se empeñan en facer o seu traballo

O xuíz do “caso Fabra” denuncia presións da Audiencia Provincial para có deixe
O xuíz de Nules que instrúe o “caso Fabra”, Jacobo Pin, pediu amparo o Consejo General do Poder Judicial ó crer cá Sección Primeira da Audiencia de Castellón “perturba súa independencia” ó “tratar de impoñer indirectamente o sobresemento do delito de suborno” imputado o ex presidente da Deputación Carlos Fabra.

Biografía
Primeiros anos
Sendo neno, perde un ollo xogando co seu irmán cunhas tesoiras (quedase torto de por vida), polo que leva gafas de sol nos actos públicos. Estudou bacharelato no Colexio dos Padres Escolapios de Castellón. Máis tarde, cambia ó Colexio La Salle de Valencia. Seus estudos universitarios fainos nas universidades de Valencia e Granada onde estudou Dereito.
É o creador da Fundación Blasco de Alagón. Ten un bufete de avogados, unha correduría de seguros e varias empresas. A súa filla Andrea está casada co ex político popular madrileño Juan José Güemes.

Carreira política
No 1972 accede á secretaría da Junta Provincial de Menores, coincidindo no mesmo ano seu matrimonio con María Amparo Fernández Blanes. No 1975 consigue o cargo de Secretario Xeneral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Castellón, amais noméano Secretario Xeneral da Conferencia de Cámaras Hispano Francesas COPEF. No 1977 comeza a militar na UCD.
No 1983 pasa a militar en Alianza Popular. No 1987 é nomeado presidente do Club de Campo (de Golf) do Mediterráneo en Borriol, cargo que aínda mantén. Este mesmo ano é elixido concelleiro no Concello de Castellón. No 1995 foi proclamando presidente da Deputación tralas Eleccións Municipais dese mesmo ano, tal e como o foran anteriormente seu pai, avó, bisavó, os irmáns do seu bisavó e seu tío-tataravó… á quinta xeración de presidentes da Deputación.
En xullo do 2008 comenza unha investigación por un presunto fraude fiscal á Axencia Tributaria  polo Xulgado Número 1 de Nules e a Fiscalía Anticorrupción por movementos de diñeiro entre 1999 y 2004 alegando que lle tocara a lotería en varias ocasións. O xuízo tiña que terse celebrado varios anos antes, pero pasaron ata 8 xuíces para investigalo caso e, hora do xuízo, todos se retiraron. No 2009 a Deputación de Castellón que preside edita un libro onde se enxalza a figura de Francisco Franco.
En xuño do 2010 é imputado polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias. En xuño do 2011 deixou a presidencia da Deputación de Castellón, despois de 16 anos ó fronte da mesma.

Enfermidade
Carlos Fabra, foi operado dun transplante de fígado o 22 de abril de 2010 no Hospital 12 de Octubre da Comunidade de Madrid. A intervención foi realizada polo cirurxián  Enrique Moreno, premio Príncipe de Asturias, que traballa, a pesar estar xubilado, no departamento de cirurxía do aparato dixestivo deste hospital.
A intervención fíxose no hospital público madrileño 12 de Octubre, aínda que por lóxica debería ter sido no Hospital La Fe de Valencia, que é centro de referencia de transplantes na Comunidade Valenciana.
17 de marzo, Fabra delegou das súas funciones na Deputación de Castellón no vicepresidente primeiro, Francisco Martínez. Xusto o día seguinte da renuncia, o xenro de Fabra, Juan José Güemes, presentaba a súa dimisión "irrevogable" do seu cargo como Conselleiro de Sanidade da Comunidad de Madrid. Güemes asegurou cá decisión de renunciar, que sorprendeu a todo o mundo, era por motivos "persoais e profesionais".

Situación xudicial
Carlos Fabra foi imputado en diversos delitos. Pero en decembre do 2010, a Audiencia de Castellón declarou prescritos catro dos cinco delitos fiscais que se lle imputaban. Non obstante, sigue imputado por diversos delitos de tráfico de influencias, por suborno e polo delito fiscal correspondente o exercicio 1999. En xullo do 2008, o Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación presentado por Fabra, contra a investigación xudicial. Posteriormente, no ano 2011, o mesmo Tribunal Supremo fixo unha revisión das causas que foran desestimadas no xuízo de 2008 e declarouse incompetente para declarar prescritos os 4 delitos dos que fora liberado Fabra. Esperase que se reabran as causas a revisar, co fin de que se depuren responsabilidades.

Presuntas contratacións e tratos de favor
Entre outras cousas, está acusado de simultánear seu cargo público cun negocio de asesoramento a través da empresa Camarcas S.L. dedicada a asesoría e consultoría entre 2000 e 2004. Na documentación de Facenda revelouse que Fabra, administrador único de Camarcas, cobrou de polo menos sete empresas diferentes, algunhas delas con contratos adxudicados da administración pública de Castellón, por un importe de 841.021 €. Vicente Vilar, socio do presidente castelloense, foi o empresario que denunciou ter pagado a Fabra comisións millonarias polas súas xestións políticas á hora de beneficiar a aprobación de produtos fitosanitarios a través da citada empresa. As empresas xestionadas por Vilar, Naranjax e Comercial de Industrias Químicas Arcavi S.L. pagaron a Camarcas S.L. máis de 150.000 € entre 2000 e 2001.
As investigacións centráronse en outras empresas amais das xestionadas por Vilar. Entre as compañías que realizaron ingresos á empresa de Fabra encontrábanse, entre outras, Cottocer S.L, vinculada al empresario Fernando Roig, presidente de la coñecida industria cerámica Pamesa, que ingresou máis de 200.000 € entre 2000 e 2003 a Camarcas; e Azahar Jardinera e Riegos S.A. foi beneficiaria de concesións de parques e xardíns da cidade castellonense.

Reaccións
Tralas eleccións municipais de 2007, Carlos Fabra dixo sentirse "absuelto por el pueblo". Pola súa parte, o líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, cualificou a Fabra no 2008 como un "ciudadano ejemplar". O presidente del PP da Comunidade Valenciana sinalou, despois de estourar o caso Gürtel, a "enorme suerte" que tiña Fabra e a provincia de Castellón por contar con il.





O Déspota, Carlos Fabra, presentou cinco declaracións da Renda negativas, entre 2000 e 2004, que lle supuxeron a devolución de 14.482 €  por parte das arcas públicas.
No mesmo período, o presidente provincial do PP ingresou 714.565 € en diversos conceptos.
Ten 94 contas bancarias coñecidas. En 1999, ingresou en nelas 600.000 € de procedencia descoñecida. 
Ese mesmo ano, o seu patrimonio estaba valorado en 150.000 €. Cinco anos despois, tíñase
cuadriplícao ata os 646.440 € . Revélao a información aportada polos peritos da Axencia Tributaria o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Nules, que sigue unha causa contra Fabra por supostos delitos contra a Administración pública.
Tráfico de influencias, suborno, negociacións prohibidas e fraude fiscal.  LOGO DE CAMBIAR DE XUIZ OITO VECES, NINGUN QUIERE OCUPARSE DO “CASO FABRA”

Ningún comentario:

Publicar un comentario