O río Sil ten un grave problema de acumulación de rabazas
no seu leito, que está a impedir o desenrolo de actividades deportivas e
recreativas, ademais de supor un risco de acumulación de lixo e malos cheiros
neste tempo de altas temperaturas e baixo nivel da auga. Tras meses de xestións
ante a Confederación Hidrográfica, por fin accedeu a que se proceda á retirada
das rabazas, pero ten que ser o Concello o que asuma os traballos e o seu
custo, ademais de establecer que non pode utilizarse maquinaria de ningún tipo
dentro do río.
Sen maquinaria, resulta practicamente imposible que o
Concello poda retirar as rabazas. Necesítase una gran cantidade de persoas para
facelo a man, como esixe a Confederación. Por elo, quero invitarvos a todos os
veciños e veciñas a participar na retirada das rabazas que este Concello quere
levar a cabo o próximo domingo, 8 de Xullo, a partir das 10 da mañá, provistos de
calzado, bañador e guantes.
PARTICIPADE. O
RÍO É NOSO. O RÍO É DE TODOS.
O Concello
Creo que hai moitos parados e paradas que estarían dispostos a realizar estes traballos de forma remunerada.cartos que se gastan en festas poden empregarse para contratar a persoas que estan a pasar dificultades económicas. Por outra banda se se fai este tipo de voluntariado debería haber organización, seguridade(había nenos de 10 ou menos anos sacando rabazas ou traballando para o concello gratis). E xa para rematar,arrancar as rabazas para tiralas río abaixo non creo que poida denominarse limpar.por certo o firmante do bando non estaba limpando non animando os voluntarios.
ResponderEliminar