xoves, 19 de xullo de 2012

Ata-cando!

Por: abc

Ata cándo poderá resistir España recortes e austeridade sen que se produza un estoupido social nas rúas? Quén non se fixo esta pregunta?, despois de pasar o fin de semana facendo cálculos de cómo afrontar a subida de prezos, o recorte de axudas en servizos básicos a partir de setembro, que afectan en tódolos ámbitos da vida: dende coidar a un familiar dependente a pagalos custes da funeraria, un corte de pelo, comprar unhas gafas, ou ir o cine. Algúns gastos son prescindibles, pero outros son de primeira necesidade, a supresión da extra de nadal anticipa uns reis negros, sen carbón, cun consumo baixo mínimos e, o que é peor, sen perspectivas de recuperación no 2013, por moitas rebaixas e comercios abertos ata o amañecer que nos ofrezan, somos clientes en vías de extinción.

Seguimos aumentando o tanto por cento de poboación na soleira da pobreza, mentres mantemos a flote a bancos e súas vivendas especuladas. Mentres tanto, ós altos cargos que non se lles toca o peto. Nutrimos a minorías vividoras que non son necesarias e mentres báixannos os soldos e pídennos 'currar' máis.




Este Goberno, desbordado polos acontecementos e cheo de vontade reformista pretende transformar o Estado nos próximos meses, na liña do que esixen os falcóns europeos, e como o hámster na roda, Rajoy pedalea pero nin avanza nin deixa atrás a crises porque apenas anuncia o derradeiro conxunto de medidas a cumprir coas condiciones para o rescate bancario, aparece o presidente do Bundesbank, e anticipa que todo o feito non evitará que en setembro solicite formalmente un rescate non xa para os bancos, senón para o Estado.

“nos hemos acostumbrado demasiado pronto a lo bueno. Quizás es que pasamos muy rápidamente de pobres a ricos y no sabemos valorar lo que tenemos” (Del Bosque). Como na ‘Metamorfoses’ de Kafka España deitouse un día como potencia económica e ergueuse mudada en cascuda; a situación é cada día máis irracional na medida que ninguén atina explicar o que ocorre, nin o que vai ocorrer, nin aínda cumprindo co que nos din temos que facer. Os cidadáns exaspéranse están dispostos a facer sacrificios, sempre e cando estes teñan resultados concretos. E como isto non ocorre, o descontento prende nas rúas e concentracións e manifestacións de protesta, ata o de agora case simbólicas, empezan a formar parte do paisaxe. A tentación de aplicar man dura pode conseguir un efecto catastrofico.

Lamentable o da deputada popular Andrea Fabra berrando "que se jodan!" no hemiciclo é mostra de cómo unha muxica pode prender cando hai demasiada herba seca; aínda crendo (eu non o creo) que non se dirixira ós parados, senón á bancada socialista, a soberbia e chulería para dirixirse a seus rivais políticos é xusto o que non necesitamos. Estamos cabreados; os votantes de esquerda, e os votantes do PP, o descontento é xeral, e unha bomba de reloxería. 




Se España non está intervida pola Unión Europea. Que sentido teñen as afirmacións do Sr. Rajoy e do Sr. Montoro responsabilizando a Bruselas das medidas aprobadas polo Goberno para reducir el déficit. Ou a herdanza, o mal que nolo deixaron os socialistas. Non ven a conto, mal que lles pese, o Executivo ten que asumir a súa propia e exclusiva responsabilidade na orientación e deixarse de botar as culpas o mestre armeiro.

Recibimos a solidariedade europea en forma dun rescate parcial para salvar a algúns bancos a través dun préstamo a un interese (x) e cun longo prazo de devolución: 15 anos. Para elo, suscribiron coa UE un contrato de máis de trinta puntos nosque non figura nin unha soa das decisións do Goberno: subida do IVE, supresión da extra de nadal ós funcionarios, redución do subsidio de desemprego, etc, etc…

Naturalmente, os estrategas que dirixen as operacións elixiron os eslavóns débiles da cadea (Grecia, Portugal, Irlanda e agora España e Italia) para asegurar cás súas inequívocas aspiracións culminen en éxito. A UE esixe, porque así o pactou con Madrid e de acordo cos tratados en vigor, o alcance dunha cifra determinada de déficit. Pero non está entre as súas competencias dicir cómo. En todo caso, poderá facer recomendacións, pero non pasan de ser iso, recomendacións.

Por exemplo, se en vez de recortar os ingresos a funcionarios e desempregados o Goberno decidira instaurar un imposto sobre as grandes fortunas para recadar máis, no dubidedes de cá UE non se houbera oposto; tampouco o faría se en lugar de aumentar expoñencialmente o IVE (un imposto regresivo por excelencia e daniño para o consumo) se houbera prantexado unha modificación do IRPF para facelo máis progresivo e que pagaran máis os que máis teñen; tampouco houbéramos oído protestar á Comisión Europea, o Ecofin ou o Eurogrupo se, máis que reducir as partidas en dependencia, se houberan diminuído os gastos pomposos, protocolarios e de representación, que seguen sendo tan numerosos como inútiles (deberían publicarse para xeral coñecemento).

Pero a táctica do Goberno sigue sendo desastrosa. Primeiro negouse a chamar ás cousas polo seu nome: RESCATE; logo tratou de presentalo como si foramos a recibir duros (euros, mellor dito) por pesetas; máis tarde, ao fío da Eurocopa, vestiu as conclusións do último Consello Europeo como se foran o Bálsamo do Perú, e supuxeran unha vitoria nacional sobre Alemaña, provocando o lóxico cabreo de Berlín e outros.

Todo con tal de despistar á opinión pública. Cando, a pesar de tantas batallas ganadas heroicamente, o imparable ascenso da Prima de risco e o afundimento da bolsa encargáronse de mostrar cruamente a realidade e non tivo máis que aprobar un durísimo plan de axuste, e botar as culpas a Europa: "Es la UE quien nos obligar a hacer todo esto porque no tenemos margen de maniobra"



Non é verdade. O marxe existe, a cuestión é qué opción elixe o Goberno para alcanzar os obxectivos: a austeridade baseada en golpear ós sectores sociais máis débiles e erosionados pola recesión ou o crecemento a partires duns recursos obtidos dos que máis teñen e menos sofren as crises.

Por suposto, a maioría política que hoxe goberna Europa ten responsabilidades nesta crises global (comezando pola porfía na austeridade e rematando pola actitude suicida do BCE o non comprar masivamente débeda pública dos países da Eurozona), pero non inclúen nin as opcións nin os errores de Rajoy. Chégalle coas súas.

O novo programa económico do Goberno, aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres, non só introduce medidas que non figuraban no programa electoral do PP, senón que tratase dunha emenda a totalidade do proxecto co que o partido gobernante se presentou nas últimas eleccións. Estamos, pois, ante un fraude electoral en toda regra, perpetrado con premeditación e aleivosía. O cambio político non invalida legalmente o resultado electoral, pero inhabilítao dende o punto de vista moral e democrático. Por iso faise imprescindible có novo programa de goberno sexa sometido a consulta popular (eleccións ou referendo) que lle dea a lexitimidade democrática da que carece. O pronunciamento é aínda máis necesario se se considera que non estamos ante un proxecto para superar a crises, senón ante unha opción ideolóxica que, aproveitando esta, pretende cambiar o noso modelo social por decreto. Sen a menor dubida.

Tal é o legado das políticas neoliberais cós grandes poderes económicos e financeiros, de carácter global e non democráticos, que contrapoñen o noso modelo social, co fin de estender o seu o conxunto do planeta. É conveniente non perder de vista todo o que está a suceder en España (e outros países europeos) xa que ten unha relación directa coa confrontación entre eses dous modelos. Dende logo, a esquerda non debería esquecelo. Pero a Merkel e seus seguidores, Rajoy e Feijóo incluídos, non farían mal en recordar as reflexións do ex-presidente da República Española: “El mayor desastre que puede cometerse en la acción es conducirla como si se tuviese la omnipotencia en la mano y la eternidad por delante. Todo es limitado, temporal, a la medida del hombre. Nada lo es tanto como el poder”. (Manuel Azaña). Amen.


Ningún comentario:

Publicar un comentario