xoves, 5 de xullo de 2012

As ilusións da Xerente



Naturalmente, nós estamos ante a prestación dun servizo público. O feito é grave en sí mesmo, pero a preocupación irá en aumento si se sitúa no contexto no que está sucedendo e baixo o mandato desta Xerente.

En efecto, é evidente cá Xerente aspira a construír un réxime; é dicir, un dominio sobre calquera outro poder significativo, sexa político, social ou sindical cunha grave restrición do pluralismo. Porque un réxime é unha forma de gobernar que, rompe coa tradición de consenso, que foi característica no noso hospital e a oposición foi sempre unha alternativa factible para que os centros de poder estivesen repartidos e se controlasen entre sí.

Cada día é máis evidente cá Xerente aspira a un réxime con grave restrición do pluralismo.

O HCV precisa dunha Dirección coas ideas claras, capaz de colaborar cos distintos estamentos, forzas sindicais e políticas para axudar a saír adiante…  pero temos unha dirección que non fai máis porque sinxelamente non sabe máis, non sabe establecer diálogos construtivos non é capaz de acadar consensos positivos para o bo funcionamento no noso hospital. Os traballadores queremos unha Dirección que dirixa, pero a Xerente e o seu goberno só saben de convivencias ideolóxicas, a democracia non só é valida en tanto serve para consolidarse no poder. Non só no eido das ideas senón ultimamente, xa nas persoas, o “faise porque o digo eu”, esta xa na orde do día,  a obediencia xerárquica o funcionamento como un disciplinado exército dedicado a destilar o discurso clónico que interesa, castigar á oposición co ostracismo, ou coa descualificación, sen ningunha clase de escrúpulos… “a palabra do señorito nin se afea nin se cuestiona”. Aspira ao dominio absoluto mediante a utilización espuria dos recursos e mecanismos de poder. Esta presa nunha corrente nitidamente autoritaria dos grupos de presión (algúns médicos) e pon de manifesto a súa submisión e debilidade no reparto dos recursos que administra.

Cantos anos levan sen facer unha revisión medica ós traballadores do
HCV…
A que se debe o peche de camas nos meses de verán, cando todo o 
ano se engade unha terceira cama C en habitacións de dúas camas… 
Porque un Doutor (crea un estado policial con Garda de seguridade,
Celador, Supervisora) e non pasa visita nunha planta se atopa algún
acompañante…
Porque non se ten horario fixo de visita medica nas plantas…
Porque non se informa a Xunta de persoal de cambios importantes…

Empeza a ser habitual que un número indeterminado de médicos da sanidade pública redondeen os seus soldos recorrendo: atenden pola mañá e pola tarde nun centro público. O sistema ten grandes vantaxes. A primeira, obvia, os emolumentos. A segunda, non menos evidente, polas mañas facemos algo e vamos deixando cousas  para as tardes.
Os recortes públicos, están deixando algúns hospitais sen calefacción, sen aire acondicionado ou sen reparacións para aforrar, e están engrosando as listas de espera de pacientes, é unha boa ocasión para multiplicala actividade nas tardes como extras.
Precisamente grazas os recortes deron co chollo máximo o respecto. Como os quirófanos pechan polas tardes para aforrar, os facultativos atenden a seus pacientes polas tardes, utilizando persoal, salas de consultas e quirófanos, onde apenas hai lista de espera.
A eles bástalle con poñerse a bata pública pola mañá e seguir polas tardes. As instalacións son as mesmas. As salas de consultas e os quirófanos, tamén. As batas, para qué cambialas?

Demasiados interrogantes, como quén paga os gastos da tarde (auxiliares, teléfono, luz, limpeza...), demasiada tentación para algúns ter as tardes libres, ben equipadas e tan cerquiña, para desviar a máis pacientes.

Este é o novo modelo de xestión da sanidade pública galega "más eficiente y con continuidad asistencial" do que poderiamos cualificar de perda irreparable, a supresión da área sanitaria de Valdeorras pola que tanto temos pelexado, que era dicían, "actualmente existe un modelo de atención vertical, fraccionado y compartimentado sin continuidad asistencial y con distintas visiones y objetivos" a diferenza a partir de agora "se reorganizarán de manera más eficaz los recursos".


Un exame á actual Dirección corroborará, creo, as miñas afirmacións. En efecto, o poder que a Xerente ostenta con dubidoso dereito fai e está facendo unha utilización con evidentes e negativas consecuencias para o funcionamento democrático, ao pretender converter o HCV nunha institución subalterna e irrelevante cara a opinión pública. Un feito que reviste especial gravidade, si se considera cá Xunta de Persoal é o único espazo no que as diferentes alternativas políticas poden confrontarse e tentar controlar o Executivo, persigue un obxectivo invariable: o goberno das ideas e os valores, indispensable para exercer a hexemonía e perpetuarse no poder.

Pero a expresión máis acabada dese modelo, como demostran os feitos cos que comecei, manifestase na utilización dos medios de comunicación. En isto estase mostrando implacable, todo elo conduce ao deterioro da democracia e a un resultado desolador: unha xigantesca rede clientelar sostida con fondos públicos e, un dominio das institucións públicas co fin de colocar o partido a salvo da crítica e o control da sociedade.

Para ser obxectivo, debo resaltar que parte do que está sucedendo é posible debido a que nós os traballadores somos incapaces de priorizar un programa de rexeneración democrática como sinal de identidade. Aínda así, as pretensións poden quedar reducidas a simples ilusións.

Só queda a dubida de si a actual Xerente aspira a xestionar persoalmente este réxime, ou si simplemente pretende utilizalo como plataforma para dar o salto, no momento preciso, a  política, tal como parece indicar a súa vocación e cultura políticas. En todo caso, os vellos tempos non deben nin poden volver.

…Non vou falar dos contratos por horas e días nin de que te chamen dun día para outro para ir a traballar a 50 km. Tampouco das reducións de salario nin da saturación de consultas e plantas…

Que vamos cara unha sanidade para pobres e ricos parece evidente; sobre todo con sistemas como este que poñen en bandexa e tanto aforran... á iniciativa privada.

Qué conxelan ou reducen aínda máis o soldo e os complementos salariais? Alá vostedes, pero saiban que toda paciencia ten un límite, e ó tijeretazo” deben engadirse os millóns de redución de soldo e persoal feita nos últimos anos. O ser humano necesita sempre incentivos e reforzos positivos, e, créame, o HCV, o Sergas, a sanidade esta composta tamén de seres humanos, cumprindo cuarteleiramente o horario, iso si, sen a calidade no traballo. É certo o HCV quere progresar, saír adiante, aumentar o nivel sanitario, paréceme a min…

Ningún comentario:

Publicar un comentario