xoves, 5 de xullo de 2012

A Roxa trouxo a festa

No hai dúas sen tres, República outra vez!


Por iso é que me sorprende agora escribindo isto coa xanela aberta por mor da temperatura, as bombas de palenque, as bucinas dos automóbiles, as vuvuzelas, os estridentes matasogras que falan dunha invasión insospeitada. Son as bombas ou os latexos do meu corazón? Non vexo máis que acaloramentos patrióticos que non concibía nin nos meus peores pesadelos, ían de vermello... Ah, meu deus, tantas nacións no mundo e tívome que tocar esta, isto podería ser o inicio dun fermoso sono... e teño lixeiros mareos que procuro afogar en cervexa baixo o volcán, e miro de esguello, até case me cegar, polos reflexos da festa dos 'outros', como sombras na caverna. Camus dicía que “Después de muchos años en los que el mundo me ha permitido variadas experiencias, lo que más sé, a la larga, acerca de la moral y las obligaciones de los hombres se lo debo al fútbol”,  ou isto “Los partidos del domingo en un estadio repleto de gente y el teatro, lugares que amé con una pasión sin igual, son los únicos sitios en el mundo en los que me siento inocente” e esta noite lembrar estas frases prodúceme tremendos arrepíos, a min, que tamén gozo co futbol...


Pero en fin, cingámonos ao fútbol. Unha cousa está clara e é que estes 'pequeniños' que tan feliz fixeron hoxe ao país dos recortes xogan realmente ben e foron merecedores do título. Desbordaron a Italia dende o principio cun xogo tecnicamente moi superior. Dende o comezo un vía a Iniesta e sabía cás opcións dos italianos eran poucas. E así foi os vinte minutos, demasiado pouco do partido, cando España xa gañaba 1-0 despois dunha gran xogada iniciada nun pase en profundidade de Iniesta a Cesc e este deu un gran pase a Silva, que rematou coa testa. Logo apareceu Casillas puntualmente para solucionar os escasos achegamentos italianos, e un remoiño inesperado, Jordi Alba, o lateral esquerdo que, visto o visto merecería o recoñecemento de mellor xogador do campionato, culmina unha xogada incrible, unha galopada de oitenta metros, parede con Xavi, e definición soberbia ante Buffon. Co 2-0 Italia coñeceu o colmo dos males na lesión Motta ao pouco de entrar no segundo tempo e sen trocos, xa non houbo moito máis que contar… 3-0?, 4-0?, non sei ben como acabou o partido. Casillas apenas tivo traballo e bailaron a ós italianos, un goce para unha semana polo menos, España gañou merecidamente e do resto xa teredes ocasión de ler e escoitar ata o aburrimento.

Non por moito gañar partidos e copas, améncemos sen que pinten bastos. Non por moito golear, déixannos de meter goles. Mentres a Roxa golea, métennolos pola escuadra. Mentres a Roxa alcanza a cima cun fútbol de pases e recortes, o vermello do lume tingue de negro o monte valenciano en parte polo deixamento en parte polos recortes no presuposto. Somos campións de Europa do mundo pero tamén en paro, en desafiúceos, en recortes, en subidas de impostos e facturas, en repagamentos e en despedimentos. Xa sabedes: Non hai dúas sen tres. 
Supoño que para ás milleiros de persoas malogradas pola catástrofe de Valencia seríalle sumamente indignante comprobar que, mentres ardía e era devastado seu entorno, o ministro Cañete, de agricultura, non consideraba necesaria súa presenza na zona, todo queda cegado pola euforia de Rajoy e o Príncipe celebrando cal chocalleiros os goles en pe e berrando, eles sí son patriotas e dos bos. Confundidos ca única droga que non retirou a ministra Mato e que non tivemos que pagar. A quén lle preocupa por onde van os mineiros? Quen non gozou co fracaso de Balotelli? Oé, oé, oé… Quén pensa esta noite en Valencia nesas fallas incontroladas? Quén se vai a preocupar porque haxa que pagar os medicamentos (como se a saúde dependese da nosa vontade) recordando con satisfacción os goles de Torres, Silva, Alba e Mata?


Celebro ca Roxa vencera con todo merecemento e gran xogo a Italia. Paréceme magnífico este novo título conseguido, un terceiro consecutivo, pero os futbolistas da selección italiana, de ter gañado a Eurocopa, terían doado as súas primas de 200.000 € ós damnificados dos terremotos que tiveron lugar en Emilia Romagna fai un mes. Non espero cós futbolistas españois estean dispostos a facer o propio coas ganancias (300.000 €) agora presentaselles a ocasión de ter un detalle cos damnificados das comarcas valencianas, por suxerilo que non quede.

É marabilloso cós nosos futbolistas fagan gozar o respectable, é tal a alegría cá vitoria provoca na inmensa maioría de cidadáns, a rechamante paixón dos mozos/as enrolados na bandeira, que calquera outro asunto resultará irrelevante durante un tempo. Chove cinza sobre as cidades dos patriotas de papel, (patriotas de papel a partir dun anaco de coiro): mentres entoan seus orgásmicos cánticos. Son as grises bagoas dos mortosdefambre sen nome, os desafiuzados e os non-rescatados desta hecatombe. Non, non é día de cavilar, non é día de desasosegos por España e o futuro... Somos campións de lenda! O fútbol a droga nacional despenalizada.

Sr. Rajoy, goce coa vitoria de España na Eurocopa, e non trate de capitalizala politicamente, no queira ser vostede; esta inxección en vena, este soro, esta respiración asistida… este orgasmo nacional debese unicamente os futbolistas de vermello o noso videoxogo catódico. Fútbol é fútbol.

Agardo que máis cedo que tarde ós chinos se abastezan de bandeiras republicanas para a próxima celebración xa que hai trapos, que polo que representan non atallan un catarro… temos razóns históricas.
Así que mentres escoito, pecho o ordenador evocando no futbolístico e no non futbolístico, 'Sempre nos quedará Brasil'.


Ningún comentario:

Publicar un comentario