O ex director xeral
da Mariña Mercante, o capitán do 'Prestige' e dous mariñeiros gregos enfróntanse
a cargos por delitos contra o medio ambiente. O afundimento do mercante deu
lugar a maior manifestación da historia de Galicia e a un dos movementos
sociais máis importantes; Nunca Máis.
Entre os imputados está o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors, o capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras, e dous mariñeiros do petroleiro, un dos cales localizouse a través da Interpol. O outro foi declarado hai uns meses "en rebeldía" o que permitirá celebrar o xuízo sen el. A Apostolos Mangouras -capitán do petroleiro-, Nikolaos Argyropoulos e Ireneo Maloto impútanselles delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, danos e desobediencia-resistencia e a José Luís López-Sors González, delitos contra o medio ambiente e danos.
Así mesmo, están imputados como responsables civís directos a aseguradora The London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association Limited e o Fondo Internacional de Indemnización de Danos debido á contaminación por hidrocarburos, e como responsables civís subsidiarios, as navieira Mare Shipping Inc e Universe Maritime Ltd. e o Estado español.
A reclamación total por danos e prexuízos en materia de responsabilidade civil ascende a 1.264 millóns de euros.
Sete anos de prisión
Para o capitán do petroleiro, a Fiscalía pide unha pena de sete anos de prisión por un delito contra o medio ambiente e cinco anos de cárcere por danos en espazo natural protexido. A reclamación total por danos e prexuízos en materia de responsabilidade civil que se inclúe na causa ascende a 1.264 millóns de euros, con 2.300 prexudicados.
O tribunal estará integrado por tres maxistrados, dous homes e unha muller e o procedemento está composto por máis de 297.000 folios. Por iso, o xuízo durará polo menos ata maio de 2013.
Entre as partes acudidas, figuran confrarías de pescadores de Galicia, Cantabria e Asturias; a Plataforma 'Nunca Máis'; o Estado Español e o francés, concellos, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, partidos como Esquerda Unida ou cooperativas de armadores e particulares afectados pola catástrofe, entre outros.
A peor catástrofe de Galicia
Por se alguén non o acorda, o Prestige era un vello petroleiro cargado con 77.000 Tm dun combustible viscoso e luxo que naufragou a escasas millas da costa galega un 13 de novembro do 2002 e envío da correspondente sinal de alerta. O que podería ter sido un accidente converteuse unha semana despois no maior desastre ecolóxico sufrido en Galicia, cuxas costas víronse regadas do pegañoso chapapote, las manchas de fuel derramado polo buque partido pola metade e fundido que foron chegando progresivamente a Asturias, Cantabria, País Vasco e costa cantábrica francesa. O afundimento do Prestige é, ata o momento, o peor desastre ecolóxico de Galicia. O barco sufriu unha vía de auga cando se atopaba navegando, a 28 millas de Fisterra, no medio dun temporal. Tras tentar afastar o buque da costa, o 'Prestige' rachou en dous. Deixando un regueiro de petróleo por toda a costa galega que se incrementou co seu afundimento. Este feito deu lugar a maior manifestación da historia de Galicia, ao nacemento dunha das plataformas sociais máis importantes do país; Nunca Máis e tamén o movemento de voluntarios máis importante do Estado.
Apostolos Mangouras, o probe ancián mariño que capitaneaba aquel petroleiro
de 26 anos, pídenselle 12 años de cárcere. Culpa: asegurase que ocultou as
deficiencias do buque nunha revisión e fixo oídos xordos os avisos de temporal.
Creo que todo isto,
deberíase de poder ver máis alá… habería que imputar aos ex/conselleiros
de Xustiza, Medio Ambiente, políticos, e outros por un grave delito contra o
medio, pero vexo que non somos capaces de ir máis alá. Debe ser que o tempo e a
memoria tennos cegados. Para min, ler esta noticia só esperta resentimento por
descubrir que tras 10 anos, nin sequera se iniciou o proceso e os culpables
camiñan por aí. Porque sexan do cor que fosen os políticos de quenda só houbo
unha cor, negro! e unha realidade: o desastre ecolóxico que derivou deste
"accidente", por suposto, téñense que depurar culpables e pagar súas
culpas. Eu non digo "nunca máis"... eu digo "ata cándo!"
297.000 folios..., tanto papel? Para cando a modernización da xustiza? 297.000 folios
empregados nunha causa por delito ecolóxico... gran contradición! 297.000 folios
os que usan uns 2.000 alumnos nun ano académico de primeiro de ESO. Máis de
16.600 m² de papel: unhas 13,3 Tm de papel. 297.000 folios, fanse a partir de
unhas 44 Tm de madeira, unhas 27.000 Tm de auga e emiten unhas 74 Tm de CO2 á atmosfera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario