por abc
Non sei se me meterei nun pataqueiro con esta reflexión,
só pretendo pluralizar as miñas elucubracións persoais despois de recapacitar
sobre a incomodidade dunha rapaza nun tallo dun bar tentando agochar o limitado…
as tiranías na forma de vestir da muller que veñen dende o seno familiar,
forman parte da nosa cultura e lévanme a pensar, en clave feminista, o que se
esconde tralo velo (hiyab) co que algunhas mulleres musulmáns cubren as súas
cabezas: o mandato patriarcal e a escravitude cultural. Así como o feito de que
o velo reserva ás mulleres na responsabilidade de salvagardar as tradicións, o
feito de que o seu uso non rexa para os homes e a “voluntariedade non libre” das mulleres
có levan.
A estas alturas ninguén dubida de que o uso do velo represente (entre outras cousas) unha clara discriminación cara as mulleres. Non é esa a cuestión que quero traer aquí. O que me gustaría é entrever que algunhas das costumes e prácticas estéticas de Occidente tamén discriminan e oprimen ás mulleres e que, sen embargo, poucas veces son foco de estudio. Se as puxéramos en tela de xuízo, evitaríamos “ver a palla no ollo alleo e non a viga no noso”, non sabería dicir ónde está o límite entre algo elixido ou non, sobre todo tendo en conta a cantidade de costumes patriarcais (culturais, tradicionais, relixiosas… écheme igual) ou modas que temos normalizadas.
A marroquí Fatema
Mernissi, no seu libro ‘El harem de
occidente’, mantén cá talla 38 é a tiranía estética das mulleres occidentais.
A isto poderiamos engadir as saias hipercortas e os zapatos de tacóns imposibles,
que fan tremer os artellos de moitas adolescentes e rapazas ata o punto de que
algunhas, para poder pisar firme, teñan que camiñar agarradas doutra persoa. Isto
tradúcese en dependencia física e en falta de liberdade de movementos, algo moi
coartador no caso de ter que saír correndo.
As dietas milagre, reconstrución do hime, depilacións…
Por non falar do piercing no clítoris, ou a cirurxía vaxinal para
reducilos labios menores, prácticas catalogadas pola OMS como formas de
mutilación xenital feminina. A industria da cosmética e beleza, coa
colaboración dos medios de comunicación, declararon, en pleno auxe do Estado
del Benestar, a guerra absoluta a tres inimigos preferentes: o vello corporal, a idade e a obesidade.
Moitos son, sobre todo mulleres, inda que tamén se estea popularizando entre
homes, os que consumen cremas
hidratantes, anti-engurras, reafírmantes, máscaras faciais, maquillaxe, pos…
moitas/os sométense a dietas inhumanas, e son cada vez máis tamén os/as que se
someten á cirurxía plástica para quitar ou poñer en partes do corpo.
Vítimizar ás mulleres que levan velo significa colgarlles
a etiqueta de oprimidas, vulnerables e débiles, caladas e submisas. Sen embargo,
as revoltas que recentemente sucederon no mundo árabe evidenciaron, máis que
nunca, que eses estereotipos pouco ou nada se axustan á realidade.
Son millóns de mulleres as que forman o fronte de loita en
varios países árabes. Incluso lideran algunhas revolucións valéndose, en
ocasiones, de Youtube ou Twitter, como a moza Asmaa Mahfouz en
Exipto, a blogueira tunesina Lina Ben Mehenni ou a activista iemení
Tawakul
Abdel-Salam Karman.
Destacable tamén o papel das nais das persoas asasinadas
durante os primeiros días da revolta en Exipto, que se negaron a realizar as cerimonias
ata cá revolución non conseguira poñer fin o réxime de Mubarak.
As mulleres están alzando voces e os seus corpos contra das
ditaduras nos seus países e están participando na violenta e hostil vida social
e política para tratar de construír sociedades máis libres e máis xustas. Algunhas
con velo e outras sen il, son mulleres combativas. De caladas e submisas, nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario