domingo, 22 de xaneiro de 2012

Megaupload ata na SOPA ...eu son máis de CALDO. E ti?


por: abc

Megaupload, fundado en 2005, ten máis de 150 millóns de usuarios rexistrados no mundo. O combate á piratería dixital e defensa dos dereitos de autor, con epicentro en USA, é o punto de discrepancia. Este xoves, un día despois da protesta masiva de milleiros de sitios web contra a Stop Online Piracy Act (SOPA), o FBI pecha Megaupload e órdea a detención dos principais responsables do portal… O Departamento de Xustiza ordenou a súa captura. Xusto cando o Capitolio debatía dúas leis que permitirían, entre outras cousas, o peche de webs, o FBI demostra que non fai falla ningún novo marco legal para perseguir cos seus medios tradicionais a aqueles que facilitan o intercambio de arquivos (chámanlle 'piratería'). Se o FBI puido actuar contra Megaupload coa lexislación vixente, para qué fai falla aprobar leis extraordinarias Sopa, Pipe, Sinde...?



Megaupload era un servizo de disco duro virtual, ofrecía unha plataforma para que os usuarios subiran calquera tipo de arquivo e outros puideran acceder a eles mediante descarga directa. Pese a que o servizo utilizábase maioritariamente para o intercambio de arquivos de películas, música, software ou videoxogos, moitos usuarios tamén o usaban como unha plataforma para almacenar arquivos de grande tamaño na nube, para telos a súa disposición en calquera momento ou lugar. A compañía tamén ofrecía outros servizos, como Megavideo ou Megaporn.

Non se trata de defender a Megaupload, un sitio típico que se lucra con obras alleas, preocúpanos as persoas que legalmente valíanse do servizo para fins persoais e profesionais. É posible que só o 15% dos contidos alí aloxados foran lexítimos, pero estamos a falar de 15 millóns de persoas. Sen ir máis lonxe, unha empresa de aplicacións para 'iPhone', a agrupación 'Democracia Real Ya', universidades… denunciaban onte que gardan en Megaupload documentos internos. Estes datos a súa integridade perigan.

Pechaban Megaupload e á media hora publicábase unha noticia cunha restra de outros 20 servizos similares, o que esperta dubidas sobre a eficacia deste tipo de operacións. Aí está, sen ir máis lonxe, Rapidshare, en Suíza, un país que ten declarado “…que non ve nada ilegal en compartir arquivos en internet".

Outro perigo que se desprende da operación do FBI é a desconfianza que provocará no usuario albergar arquivos na nube, cara onde parece tende internet desde fai uns anos. Segundo moitos expertos, isto podería ter un efecto disuasorio para as start-ups (emprendedores que promoven prácticas asociadas á innovación, desenrolo de tecnoloxía…), que queren despregar o seu negocio online.



Un telexornal e suficiente para que Megaupload pase de ser a web máis famosa de descarga a unha especie de carto país do Eixo do mal, xunto a Irak, Irán e Corea do Norte. O debate social esta a ser masivo e non só en internet. Só España, ten o parecer 800.000 clientes de pago (este número demostra que é falso que en Internet triúnfa o “todo gratis”), cifra cá industria de contidos debería ter en conta nalgún momento. Hipócrita e ofensivo é dicir que só porque a xente, todos nós, os usuarios, suben/imos cousas de 'propiedade intelectual' (copyright ), Megaupload é automaticamente responsable...?!! Ser grande, gordo e excéntrico non é delito e levar vida de estrela do rock tampouco importa… exemplos temos os que quéiramos...

Que é SOPA é unha lei que creará o primeiro sistema de censura de internet nos EE UU, esta lei aféctanos a todos e permitira o goberno dos EEUU erixirse en controlador, censurador e policía de internet tanto dentro como fora das súas fronteiras. Consistirá, basicamente, en crear un sistema de censura similar os que xa teñen China, Iran, etc..., sempre son os fodidos estadounidenses, claro créense os donos do mundo, deixamos que sexan, consumimos as súas películas mercamos a súa música e agora… decátome que o FBI arrestou a os donos de Megaupload en outro país, vergoñenta actuación dos Corpos de Seguridade americanos... A ver quén nos convence agora que non vivimos nun Estado Policial... Logo quéixanse os avogados da trama Gürtel porqué Garzón gravaba... Neste mundo, mandan os que pagan as campañas electorais dos partidos, é dicir, a Banca... E xa sabedes: nos casinos …a banca gaña!! Pode que volva o dereito de pernada, e tragarémonolo.



Qué pasa cos arquivos persoais almacenados en Megaupload? Cómo afecta o peche aos usuarios? Qué pasa cos que pagaron por un servizo 'premium'? Qué ocorre cos datos persoais e bancarios?

Qué pasa cos arquivos persoais almacenados en Megaupload? Neste momento, os servidores de Megaupload, os PCs onde están almacenados os datos, están bloqueados polas autoridades USA. Expertos en leis e Internet dende asociacións de consumidores e grupos de internautas aseguran que tódolos usuarios teñen o dereito a reclamar a recuperación dos arquivos privados que almacenaran neste disco virtual. Aínda que parece pouco probable có fagan. Ademais, os datos almacenados son agora probas periciais que deberán ser examinadas.

Cómo afecta o peche de Megaupload a seus usuarios? Ninguén no mundo pode dende o xoves a través de internet acceder os arquivos almacenados en Megaupload. O acceso ao dominio, simplemente, está anulado. Megaupload xa non existe.

Qué pasa cos que pagaron por un servizo 'premium'? Quizais os más prexudicados, estes usuarios poderán reclamar á compañía os pagos que realizaron por un servizo do que xa non están gozando. Nun primeiro momento, os usuarios de pago poden converterse en acredores da empresa e, tras dun xuízo, podería verse obrigada a indemnizar a seus clientes. Pero hai que ter en conta cós denunciantes contra Megaupload reclamarán polo menos unha indemnización de 500 millóns de dólares, polo que é pouco probable có organismo xudicial determine que tamén os usuarios deban ser indemnizados.

Qué pasa cós datos persoais que se almacenan nas contas? Moitos usuarios están preocupados, eu tamén estaría, porque o FBI teña acceso a seus datos, nome, contrasinal, contas bancarias, números de tarxeta de crédito, etc... Os axentes federais incautaron os servidores da compañía os datos que se inclúen nos discos duros e forman parte agora da investigación. Os expertos en leis aseguran que en todo momento deberá primar o dereito dos usuarios a súa privacidade e sua liberdade de comunicación. Pero, de feito, moitos usuarios en EEUU poderían recibir una denuncia civil por parte das autoridades se almacenaban na nube de Megaupload contido que viole algunha lei federal.

Eu penso que pechando Megaupload non se consigue nada, xa que mañá creárase outra nova plataforma xx. A protección dos dereitos e o modelo de negocio téñense que enfocar de maneira diferente, algúns expertos en dereito cuestionan o peche de plataformas de descarga "La herramienta es neutra y no puede ser eliminada o limitada, ya que ello pone en peligro el desarrollo y la innovación"



Pero non se trata desto, teremos que loitar porque non nos impoñan todo, o que intentan e recortar dende o poder mundial o acceso á cultura e o coñecemento das persoas ás que se lle soben os impostos, recortan salarios e dereitos. Internet converteuse nunha forma de manter a igualdade fronte a desigualdade evidente á que camiñamos. Non é ver 'pelis', as películas son cultura moita xente non pode pagar por ver unha película no cine, o cine esta en mans de multinacionais USA. Eu vou cando podo, intento ir gústame a pantalla grande… pero teño o diñeiro que teño… os desprazamentos… Os libros que se descargan son cultura, e, salvo que vaia a biblioteca (que tamén o podo facer) non teño diñeiro para pagar todo o que leo, ou o inmediato que podo léelo. Coa música pasa igual, non se trata de baixarse a David Bisbal, Amaral ou Beyoncé…, todos coñecemos moitos grupos a través de internet, escoitamos moita música que seria imposible mercar ou escoitar se non fora por internet, de que outra forma teriamos posibilidade?, e vou a concertos porque escoitei a música por internet, pero vou a un concerto sabendo onde vou. Dende que teño internet podo ler varios periódicos que non me podo permitir o luxo de mercar, logo compro un, as veces dous. O software (programas) que todos coñecemos para fotografía, procesador de textos, folla de cálculo, gravación e edición, serían imposible porque a maioría non poderíamos pagalos, co que tampouco poderíamos facer moitas cousas que facemos, como faría eu o que estou a escribir, montaxes, fotografías, documentos que parezan profesionais (aínda que xa sei, existen outros programas parecidos e gratuítos). Non se trata de que non queiramos pagar por elo, tratase de que, recórtannos por tódolos lados, xa costa pagar unha conexión a internet, se ademais córtannos o acceso á cultura e convértese nun recurso só de pago, os que non podemos pagalo (a inmensa maioría) se non temos acceso a ela, a cultura volverase a converter nun privilexio de ricos. Copiar, pegar e poder modificar, é base do crecemento cultural de calquera sociedade. Fagamos un exercicio: pechemos os ollos e cavilemos nunha sociedade sen internet tal e como o utilizamos e coñecemos a maioría, calquera de nós… calquera blog do planeta, calquera portal ou espazo que conteña audio, vídeo ou enlaces poderá ser pechado en pouco tempo dende EEUU.

Iso sí, para que non protestemos poñerannos gratis programas do tipo Gran Hermano, Granjero busca esposa, Mujeres y Hombres y viceversa, Salvame… que xa se teñen convertido no substituto do que Marx chamaba 'opio del pueblo' a televisión e hoxe o cá relixión do século pasado.

Eu pregúntome, moitos preguntámonos qué sistema se utiliza para compensar economicamente a plusvalía da obra dun pintor, un escultor, un artesán... e a resposta é: NINGUN. É dicir, o mestre Farreras ou Antonio López (por poñer un exemplo) perden tódolos dereitos da súa obra cando venden un cadro; se o comprador un mes despois, a vende por dez veces o que pagou Farreras, Antonio López non ven nin un can desa transacción.

Canto cobran os herdeiros de Van Gogh polos desorbitados prezos que alcanzan as pinturas do xenio holandés cando el non conseguiu vender nin un só cadro na súa vida?

Acaso pon a SGAE un controlador diante de cada un dos edificios de Rafael Moneo ou na T4 de Calatrava, para cobrar un canon os viandantes que admiren a obra do arquitecto mentres fan uso ou pasan por diante dela? ou no Peine del viento de Eduardo Chillida.

Qué ocorre? É que os artistas da música ou do cine son máis artistas cós demais? Traballan un día e cobran toda a súa vida...
Digámolo claramente. Detrás de todo este berenxenal non hai máis cun desmedido afán de chuparlle o sangue a consumidores e creadores por parte da 'industria da seudocultura especuladora' uns intermediarios que se levan os beneficios de todo este armazón.

Quizais o problema que temos, o problema de fondo é a liberdade que proporciona internet, non é facer negocio a costa do traballo de outros (moi visible en Megaupload).
É a necesidade, a decisión de facer negocio a través de cá descarga de contidos debería corresponder a seus creadores.

Temos as ferramentas para compartir contidos que non pasan por engordar as contas de outros e deberíamos aproveitar isto para volver á san costume de compartir sen dar privilexios os que tiren de billeteira (ou máis ben, limitar os servizos de quen non o faga).
O verdadeiro problema do ocorrido o xoves é unha proba máis que evidente de quén manda aquí e de que temos vía libre ata que a alguén no lle renda o suficiente, non lle vaian fundir o negocio. 

Os 'bos' sempre terán o seu carón un xuíz ou un poli para salvar dos hackers a Cultura Universal… a Universal, a de Sony, EMI, Viacom e Time Warner.


Parabéns o FBI, gran operación.  Cándo toca outra contra os paraísos fiscais…?

Adeus Megaupload, grazas polos bos ratos de música, películas que puidemos compartir xuntos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario