xoves, 6 de febreiro de 2020

MANIFESTACIÓN En defensa da Sanidade Pública

A loita contra o desmantelamento da sanidade pública no derradeiro trimestre ten nome propio: Verín. Celebro dende aquí a reapertura do paridoiro, aínda que só se lograse cubrir unha das dúas prazas de pediatría, e todo a costa dun conflito aberto en Corcubión/Cee que agora terán que resolver no Sergas, xa que o traslado ó hospital de Verín da pediatra deixa ós cativos sen especialista, o que se coñece como: “Espir un santo para vestir outro”
A sanidade pública derrubase. E é polo Goberno de Feixoo, pola súa política de recortes aplicada baixo eufemismos de colaboración público-privada, externalizacions, eficiencia na xestión e pola falta de profesionais, non se remata coa precariedade laboral, taxa de reposición e cos recortes de persoal, ten frontes abertos ao longo de toda Galiza, marxinación da Atencion Primaria, centros de saude que tieñen que atender medias de 40 a 50 pacientes diarios, polas listaxes de agarda ou pola eliminación das áreas sanitarias que demostrou ser un erro, que provocou facer dos hospitais comarcais unha sorte de grandes ambulatorios con médicos itinerantes que non resolven e crean desconfianza nos doentes, onde antes facían as probas completarías, e agora derivan ós centros de referencia, con desprazamentos inútiles as veces por conta propia e as veces en ambulancia o que encarece todo o sistema. 
Neste marco está convocada unha manifestación en defensa da sanidade pública o próximo domingo día 9 en Compostela.
Está na nosa man a defensa dos nosos dereitos. A sanidade non é mercadoría.



Ningún comentario:

Publicar un comentario